EUROPA. LÓGRASE UNIDOS
Frank-W.Steinmeier
Durante o primeiro semestre de 2007 Alemaña asumirá por duodécima vez a Presidencia da Unión Europea. Temos perante nós seis meses repletos de traballo e de cometidos difíciles. Ao mesmo tempo consideramos que a Presidencia é unha gran oportunidade que desexamos aproveitar cos nosos socios europeos, continuando a excelente labor profesional da Presidencia finlandesa, á que expreso o meu sincero agradecemento. Para culminar con éxito a Presidencia necesitamos do apoio de todos os Estados membros, non só dos seus Gobernos senón, sobre todo, dos seus cidadáns e cidadás. Europa atópase nunha etapa difícil, pois a confianza da cidadanía na UE diminuíu. As razóns do pasado hoxe xa non abondan. Os cidadáns e cidadás esperan que en cada caso expliquemos minuciosamente o valor engadido concreto da política europea. Unha e outra vez debemos argüir a necesidade dunha política común europea. Durante a nosa Presidencia queremos recuperar parte da devandita confianza. O 50.° aniversario da sinatura dos Tratados de Roma o 25 de marzo de 1957 se cumprirá durante a Presidencia alemá. Unha boa ocasión para botar a vista atrás. E unha boa ocasión tamén para deixar patente que Europa é unha historia de éxito. A paz, a liberdade, a democracia, o benestar e a superación da división do continente: en Europa temos acadado logros que non se poden dar por sobreentendidos e polos que o mundo enteiro nos admira. Pero sobre todo debemos mirar cara adiante, pois na actualidade estamos vivindo un cambio definitivo na política europea e internacional. Os cometidos políticos principais aos que hoxe debemos enfrontarnos son a modernización económica, social e ecolóxica na era da globalización, a garantía da subministración enerxético cuns recursos cada vez máis escasos, a loita contra o terrorismo e o crime internacional organizado, a loita en favor da paz e a democracia no mundo, así como o compromiso co futuro do noso planeta. Os europeos só poderemos cumprir con éxito unha gran parte das citadas tarefas se traballamos xuntos. Superaría a capacidade dos Estados membros da UE o tratar de desenvolver ditos cometidos cada un pola súa conta. A Presidencia alemá da UE no 2007 quere contribuír a dirixir a UE máis para o futuro e os cometidos citados. A axenda da Presidencia é moi densa: forman parte das nosas prioridades os impulsos para un maior crecemento e emprego, avances na política enerxética común e na protección climática, a mellora da cooperación na loita contra o terrorismo e a criminalidade, así como asuntos de política exterior. Na cuestión constitucional e tras dous anos de intermedio de reflexión, pretendemos por de novo en marcha o proceso de reforma da UE, fixando para iso modalidades, folla de ruta e orientación do contido. Queremos conservar a esencia política da Constitución, para que a UE sexa máis transparente, máis democrática e máis eficaz. A UE tópase diante dun intre decisivo de cara ao futuro. A Presidencia alemá non poderá resolver todas as cuestións. Xa que logo é polo que tamén cooperamos estreitamente coas Presidencias seguintes portuguesa e eslovena no marco da «Presidencia a tres». Para min é de particular importancia que a nosa Presidencia emita un sinal de esperanza. O porvir alberga grandes oportunidades. Para acadar o éxito conxunto necesitamos das persoas en toda Europa. Europa se logra unidos; diso estou certo.
Ministro de Exteriores de Alemaña
Sem comentários:
Enviar um comentário