sábado, maio 20, 2006


GALIZA E A UNIÓN EUROPEA

Galiza é Europa. Con todas as consecuencias. Esta evidente obviedade non está totalmente asumida por completo por unha parte do BNG no limiar do terceiro milenio. O mellor exemplo témolo no pasado referendo de ratificación no estado español da Constitución europea, e a toma de posición ao respecto que o BNG adoptou, toma de posición que deixou claro, que para unha parte do nacionalismo galego pesan máis caducas teorías de catecismo de liberación terceiromundista que reflexións serias sobre o que Europa pode comportar coma oportunidade aberta para unha nación como a galega. Mais Galiza non só é Europa pola súa evidente ubicación xeográfica. Desde o nacemento do Camiño de Santiago, auténtico espiñazo e columna vertebral de Europa, camiño que alén da súa concepción inicialmente relixiosa, representou un feito fulcral vertebrador das europas, aí estaba xa Galiza como protagonista en primeira persoa da historia continental. Porque a pesar da nosa condición periférica en canto xeografía, o noso pais forma parte desde hai séculos do cerne e corazón da vella Europa.

Pero que é Europa e o europeo?

Falar de Europa no 2006, é referirse ás nosas cousas máis cotiáns. Desde as pequenas palabras do día a día como poden ser a dupla porta dos elevadores ou a Lei Bossman no deporte profesional, ate as grandes palabras da historia. Porque europeo é a democracia e o fascismo, o comunismo e o colonialismo, o anticolonialismo e as reivindicacións sociais, a revolución industrial e a conciencia ecoloxista... Porque Europa non é unha caprichosa orientación política senón unha opción case xa vital, máis aínda, para nós os europeos non hai unha formulación alternativa a Europa, non hai outro camiño que o camiño europeo e mentres non interioricemos isto teremos grandes dificultades para avanzar.

Mais o proceso de construción europea non foi nin será doado. Superar séculos de enfrontamentos habitualmente resoltos pola vía militar non son os mellores alicerces sobre os que construír. A pesar disto, a unidade política de Europa é un camiño sen retorno, pola propia competitividade no escenario internacional dos diferentes estados que a conforman. Nun mundo no que o mercado é quen dita o guión, a unidade política de Europa é unha cuestión de supervivencia fronte a un mundo salvaxemente competitivo e unipolar. Facer que non sexan só motivacións económicas as que impulsen o motor da unidade europea, é sobre todo tarefa e responsabilidade das esquerdas europeas, tamén da esquerda nacionalista galega. Mais a esquerda europea do século XXI perdeu na última década o poder en moitos estados do vello continente a prol dunha dereita que axita as súas bandeiras reticentes cando non abertamente hostiles á construción europea e á súa política social, unha dereita que define a súa identidade ideolóxica no marco da máis estrita mundialización neoliberal. A esquerda europea, aínda que xa liberada afortunadamente da lousa do “socialismo real”, non acaba de atopar o seu camiño e da en moitas ocasións a sensación de ser incapaz de propor alternativas políticas novidosas e cribles fronte aos gobernos conservadores que rexen en moitos estados europeos, de traducir o descontento social en alternativas. As esquerdas europeas dúbidan de si mesmas, do seu cometido histórico, das súas capacidades. Esta crise da socialdemocracia europea e a que temos que afrontar, e afrontala acrescentando e afondando no europeísmo coma motor e vínculo esencial para acadar a credibilidade na sociedade europea do século XXI. Non é concebíbel no 2006 unha esquerda europea que pretenda ser alternativa e útil á cidadanía que non milite no máis entusiasta europeismo.
Porque os espazos xeopolíticos sobre os que vai pivotar a política mundial cando menos no presente século fican xa ben definidos. Por unha banda os Estados Unidos coa suma interesada mais a efectos económicos de enormes proporcións de Canada e México. China na que todas as súas cifras macroeconómicas son astronómicas, co seu disciplinado mercado de traballo e o seu perfeccionado aparello político-militar represivo ao servizo dunha expansión económica da que só encetamos a ver seu comezo. India, país que de vagar, pola porta de atrás entrou xa en todas as quinielas das potencias do século e, a Unión Europea. A comezos do século XX a revolución soviética e o nacemento da URSS, supuxeron a expectativa dunha revolución internacional a pesar da súa orixe europea, logo dúas guerras mundiais, auténticas guerras civís europeas, remodelaron o mundo. Como consecuencia dun século marcado polo enfrontamento fratricida entre europeos, nace no ano 1959 a Unión Europea como un ente que en pouco tempo amosou a súa gran capacidade de transformación e evolución, dende aquela primixenia CECA, logo CEE, posteriormente CE e agora xa Unión Europea e que ten demostrado na súa curta pero intensa historia, capacidade dabondo para afrontar situacións difíciles. Fronte a visión multipolar que representa a UE, hoxe os EE UU emprenderon a tarefa de debuxar unha nova orde mundial total, na que só unha Europa unida é garante de equilibrio, fronte a un mundo perigosamente unipolar, Europa debe representar o equilibrio multipolar. Porque debemos ser conscientes de que o rumo que marca a UE muda radicalmente as circuntancias e condicións da batalla política pola democracia, a liberdade e o desenvolvimento económico e social en todo o planeta. Eis a nosa gran responsabilidade como galegos e europeos da que non podemos nin debemos dimitir.
No tempo da mundialización, a Unión Europea, con perto de 500 millóns de habitantes, é potencialmente capaz polo seu potencial económico, cultural, científico, tecnolóxico e sobre todo pola súa tradición democrática, de establecer e defender por sí mesma unha sociedade aberta ao mundo e unha política social e territorial non sometida ás suicidas políticas ultraliberales dos EE.UU. Mais non podemos negar que Europa atravesa tempos de crise, tamén e principalmente de crise de identidade. Quizais unha das causas foi a de afrontar a ampliación sen ter en conta a necesidade primeira da profundización, consolidar primeiro antes de seguir avanzando. Para saír do estancamento no que nós topamos non podemos permitir que Europa reduza ás súas ambicións e se limite a un proxecto económico máis ou menos ambicioso, se Europa non ten máis ambición que a do mercado, se os Estados membros non ven na adhesión outra cousa que o acceso a vantaxes económicas, entón o noso proxecto de unión política de Europa fracasaría. A esperanza é que historicamente, na súa curta pero intensa vida, Europa sempre fixo das crises unha plataforma para dar un novo salto, seguro que este paréntese non será a excepción.
Por que Esquerda Nacionalista entende que a Unión Europea significa unha oportunidade para unha nación como a nosa?
Porque a Unión Europea supera por definición o carácter omnipotente dos Estados, transforma as soberanías absolutas dos mesmos en soberanías compartidas, camiña en contra da concepción dominante ate agora do Estado-nación uniforme, e achega unha oportunidade histórica para as aspiracións das nacións sen Estado como é o noso caso. Porque a autodeterminación das nacións xa non pode ser combatida no seo da Unión Europea co argumentario tradicional da separación. Porque mesmo se Galiza se reivindicase como un Estado, nas mesmas condicións que Dinamarca, que Portugal, que Luxemburgo ou que Holanda, isto non significaría o arredamento, senón o pleno autogoberno dentro dunha Unión Europea confederal sen fronteiras interiores. Alí onde dominaba a uniformidade como garante do poder do Estado, a Unión Europea establece a diversidade nacional, política, cultural e lingüística. “Unida na diversidade” reza a divisa da UE. En definitiva, para unha nación como é o caso da nosa, nun proceso de reconstrución no que ten que confrontar os seus intereses cun estado español remiso ou abertamente hostil ao pleno recoñecemento da nosa condición nacional, a vía de Europa é unha oportunidade histórica para afondar, para poder incluso bordear obstáculos. Canto máis europeos sexamos, menos españois seremos. A maior contribución das nacións europeas ao proceso europeo de integración é a súa diversidade e precisamente a súa riqueza cultural. As rexións europeas corrixen o déficit democrático dos mecanismos institucionais europeos e achegan moito máis aos cidadáns ás estruturas de poder e de toma de decisións Recentemente o Consello de Europa pronunciouse abertamente a prol do recoñecemento explícito das diferentes realidades nacionais dentro dos diferentes estados europeos. No documento denominado “O concepto de nación” o Consello de Europa recomenda aos 46 países membros que reforcen o recoñecementos dos lazos de cada cidadán coa súa cultura e a súa identidade como membros dunha nación. independentemente do estado no que vivan. A Constitución Europea, agora mesmo nun receso de análise e reflexión derivado dos non de Francia e Holanda, significa un chanzo máis no irreversíbel proceso de unidade política europea. A vitoria do "non" no referendo francés sobre a Constitución europea e a sucesiva no referendo holandés non son certamente un incidente menor, reclaman de todas as esquerdas europeas de matriz socialista un exame crítico das nosas responsabilidades nunha derrota que non é só francesa ou holandesa, é un fracaso colectivo de todas as esquerdas europeas.
Conclusión.

No espazo de medio século, a Unión Europea contribuíu a propagar a democracia, o Estado de dereito, os avances sociais e a prosperidade económica continental, tras dous mil cincocentos anos dunha historia marcada polo odio entre nacións, relixións e ideoloxías. A Unión Europea ten a consistencia política e económica precisa para manter e desenvolver os valores fundamentais que a definen. Falta avanzar no afortalamento da vontade política colectiva que o faga posíbel. Dos partidos políticos europeos, das organizacións sociais continentais depende. Non hai outro camiño racional e praticábel para a Unión. A permanencia na incerteza e na confusión non sería perdoada pola sociedade europea. É demasiado precioso o legado deixado ate hoxe pola Unión, legado do que resulta unha revolución histórica institucional sen equivalente no longo proceso de creación secular das institucións estatais en todo o planeta. Será de certo tarefa dos historiadores xulgar a impotencia ou a valentía da socialdemocracia europea para atopar respostas e solucións á cuestión europea, xulgado será coma un dos os nosos maiores fracasos ou dos nosos maiores acertos. Non podemos permitirnos o luxo de equivocarnos, necesitamos unha nova Unión Europea para este novo século. E unha nova esquerda europea capaz de rexeitar os chamados do populismo e do proteccionismo chovinista que abren a vía ás dereitas euroescépticas por toda Europa. Esquerda Nacionalista, como partido socialista galego reivindica máis unha vez a súa profunda convicción europeísta e asume o ilusiónante reto de contribuír desde a Fisterra das europas á construción dunha esquerda europea que afronte a ilusiónante responsabilidade na tarefa de dar respostas e solucións aos retos que a cidadanía europea ten plantexados no 2006. Acadar que a Unión Europea non sexa só un mercado común económico será sen dúbida un dos principais. Esquerda Nacionalista reivindica o obxectivo do pleno recoñecemento de Galiza como estado soberano no seu da Unión Europea.
Texto do Relatorio aprobado na V Asemblea Nacional de Esquerda Nacionalista

terça-feira, maio 09, 2006

Que é o Día de Europa?

Cando nunha axenda ou nun calendario, xunto á data do 9 de maio aparece a mención de "Día de Europa", talvez se pregunte que aconteceu ese día e en que ano. Moi poucos cidadáns europeos saben que o 9 de maio de 1950 nacía a Europa comunitaria, nun momento -é importante lembralo- no que a ameaza dunha terceira guerra mundial se cernía sobre Europa.Nesa data, en París, convocouse á prensa ás 6 da tarde no Salón do Reloxo do Ministerio de Asuntos Exteriores no Quai d'Orsay porque se ía facer pública unha "comunicación da maior importancia". As primeiras liñas da Declaración do 9 de maio de 1950, redactada por Jean Monnet e comentada e lida diante da prensa por Robert Schuman, Ministro francés de Asuntos Exteriores, expresan claramente a ambiciosa magnitude da proposta. "A paz mundial só pode salvaguardarse mediane esforzos creadores proporcionados aos perigos que ameázana". "Coa posta en común das produccións de base e a creación dunha Alta Autoridade cuxas decisións vinculen a Francia, Alemaña e os países que se adhiran a ela, esta proposta establecerá os cimentos concretos dunha federación europea indispensable para o mantemento da paz". Se propoñía crear unha institución europea supranacional encargada de administrar as materias primas que naquela época eran baséea de toda potencia militar: o carbón e o aceiro. Agora ben, os países que iban a renunciar desta forma á propiedade estrictamente nacional da "columna vertebral da guerra" apenas acababan de saír dun espantoso conflito bélico que deixara tras de si innumerables ruínas materiais e, sobre todo, morais: odios, rancores, prexuízos, etc.Todo empezou ese día e, por iso, no Cumio de Milán de 1985 os Xefes de Estado e de goberno decidiron celebrar o 9 de maio como o "Día de Europa". Todos os países que deciden democráticamenye adherirse á Unión Europea adoptan valórelos de paz e solidariedade que son a pedra angular da construción comunitaria. Estes valores fanse realidade a través do desenvolvemento económico e social e do equilibrio medioambiental e rexional, únicos mecanismos capaces de garantir un nivel de calidade de vida equitativo para todos os cidadáns. Europa, como conxunto de pobos conscientes de pertencer a unha mesma entidade e de ter culturas análogas ou complementarias, existe desde fai séculos. Sen embargo, a falta de regras ou institucións comúns, esta consciencia de ser unha unidade fundamental nunca logrou evitar os desastres. Incluso nos nosos días, algúns países que non forman parte da Unión Europea seguen estando expostos a espantosas traxedias. Como calquera obra humana desta envergadura, a integración de Europa non pode conseguirse nin nun día nin nunhas décadas. Hai aínda baleiros e imperfeccións evidentes. É tan innovadora esta empresa bosquexada nada máis acabar a segunda guerra mundial! As que en séculos pasados puidesen parecer tentativas de unión non eran en realidade senón o froito da victoria duns sobre outros. Eran construcións que non podían durar, porque os vencidos só tiñan unha única aspiración: recuperar a súa autonomía. Agora ambicionamos algo moi diferente: construír unha Europa que respecte a liberdade e a identidade de cada un dos pobos que intégrana, dirixida en común seguindo o principio de "o que pode facerse mellor en común, debe facerse así". Só a unión dos pobos poderá garantir a Europa o control do seu destino e a súa proxección no mundo enteiro.A Unión Europea debe manterse á escucha e ao servizo dos cidadáns e os cidadáns, ao tempo que conservan a súa especificidad, os seus hábitos e costumes e o seu idioma, deben sentirse "na casa" e poder circular con plena liberdade por esta patria europea. Unha nova idea para Europa: