terça-feira, maio 29, 2007










Sarkozy
Por Juan Contreras

O titular de prensa dicía que Sarkozy formara un goberno de dereita-centro-esquerda. Os comentaristas, en xeral, atribuíron o feito a unha serie de cálculos políticos, que van desde o 47 por 100 que obtivo Ségolène Royal, ate as eleccións políticas a celebrar dentro de poucas semanas. Sería, polo tanto, un mero engano aos electores. Pero o feito de que algúns personaxes da esquerda acepten formar parte do seu goberno, da que pensar. Pois xunto aos que crean que con tal de mandar, quen máis, quen menos, fica disposto a arrinconar as súas ideas, hai outros que poden considerar que non é moita a diferenza entre as prácticas políticas da esquerda respecto da dereita.
Sarkozy comprometeuse, por exemplo, a rematar coa lei das 35 horas e cos vestixios do maio do 68, o cal non semella ser precisamente un obxectivo progresista. Mais tamén reclamou o seu compromiso para rehabilitar os valores do traballo, do esforzo, do mérito e do respecto, que foi unha das bandeiras da súa campaña, máis ben parecen lemas que a esquerda non debería ter abandonado nunca. Onde quero ir parar? Quero ir parar a que o paso dado por Sarkozy non pasaría de ser moito máis que a formalización dun proceso que vén xa de atrás, no que as diferenzas de fondo entre as esquerdas e as dereitas, unha vez no poder, adoitan ser bastante difusas. Ate o punto de que, sobre todo entre as xentes de esquerda, sexa cada vez maior o número dos que andamos por aí buscando a búsola.

Sem comentários: