Algo que xa non se deterá
Por Ségolène Royal
O sufraxio universal falou. Desexo ao próximo presidente da república francesa que cumpra a súa misión ao servizo de todos os franceses. Expreso o meu agradecemento, con todo o meu corazón, aos case 17 millóns de electores, de cidadáns e cidadás, que me deron a súa confianza. Coñezo a súa decepción e o seu pesar. Pero dígolles que tense alzado algo que xa non se deterá. Empreguei todas as miñas forzas e sigo convosco, perto de vós. Expreso o meu agradecemento a todos os militantes que nos levaron a este gran momento democrático. Aos militantes socialistas, claro está, pero tamén aos demais militantes da esquerda e da ecoloxía, aos de Désirs d'avir e a todas aqueles e aquelas que se uniron neste movimento. Manteñamos intactas a enerxía e a alegría da inmensa converxencia popular, vibrante e fervorosa, que me acompañou ao longo desta campaña, aquí e en ultramar. Comprometinme cunha renovación profunda da vida política, dos seus métodos e da esquerda. A forte participación traduce unha renovación da nosa democracia, sobre todo entre os mozos, en todo o país e moi en particular nos barrios, nos que se inscribiron masivamente para votar. Bravo por todos estes mozos, por este compromiso cívico que lembra á República o deber de respecto e de igualdade que para eles ten. O que comezamos xuntos imos continualo xuntos. Podedes contar comigo para profundar a renovación da esquerda e a busca de novas converxecnias máis alá das súas actuais fronteiras. Esa é a condición das nosas vitorias futuras. Acudirei á cita con este traballo indespensable e asumirei a responsabilidade que a partir de agora me incumbe. O meu compromiso e a miña vixilancia non desfallecerán ao servizo do ideal que nos uniu e únenos, e que, estou segura, uniranos mañá para outras vitorias.
Sem comentários:
Enviar um comentário