Europa, Galicia e a Xeración Nós
Por Marcos Valcarcel
Vaise inaugurar hoxe en Compostela, coa presenza do presidente da Xunta, a exposición Galicia, célula de universalidade. Europa e a Xeración Nós que organizou a editorial Galaxia e que se exhibirá no Museo do Pobo Galego. Afonso Monxardín e o que escribe somos os responsables do comisariado da mesma, convidados para ese labor por Víctor Freixanes. Agardamos que esta mostra e as actividades paralelas que se van facer en Compostela e en Trasalba chamen a atención sobre a íntima vinculación que o galeguismo histórico tivo dende sempre coa idea de Europa. A Xeración Nós foi o momento central desa relación e na obra de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao ou Plácido Castro faise ben patente esa comunicación: todos eles beberon na cultura europea e definiron a idea deste país dende as súas máis fondas raíces como unha ponla do edificio cultural que naceu arredor do mito artúrico, o Camiño de Santiago e a arte románica.
"Europa non ten pra nós ren que nos adeprender. Somos Europa, traballamos no cerne europeo", escribiu Otero Pedrayo con orgullo e clara conciencia de que o futuro da cultura galega era inseparable da nosa identidade europea. E niso andamos aínda.
Sem comentários:
Enviar um comentário