A Fundación Otero Pedrayo centrará algúns dos actos da Semana de Europa en Galiza. Emilio Pérez Touriño lerá o vindeiro día nove a declaración europeísta do Goberno galego
Ramón Otero Pedrayo asegurou no seu día que Galiza foi máis Galiza cando se encontrou con Europa. Referíase a Xelmírez, ao Camiño de Santiago e tamén á vocación europea que tinxía o pensamento político da súa xeración, a Xeración Nós. O vindeiro 9 de maio celébrase o Día de Europa, este ano co engadido de conmemorar o cincuenta aniversario da firma do Tratado de Roma, punto de partida da actual Unión Europea.
Dúas iniciativas presentadas onte pola Secretaría Xeral de Relacións Exteriores e promovidas pola Fundación Otero reivindican o carácter europeísta do galeguismo nun discurso político que, segundo Víctor F.Freixanes, «segue sendo válido hoxe». O mesmo día 9 o Museo do Pobo Galego inaugurará a exposición que repasa a tradición europeísta do galeguismo sob o título "Galicia, célula de universalidade". Europa e a Xeración Nós. Paneis informativos, material audiovisual e documentación orixinal guiarán aos espectadores por un camiño que se inicia coas raíces europeas de Galiza e que chega ate o presente ilustrando as diversas etapas desa proximidade entre o noso país e Europa.
Na inauguración desa mostra, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, lerá a declaración europeísta do Goberno galego. Nos actos está previsto un debate, o día 10, con Suso de Toro, Xaime Barreiro, Xosé Luís Barreiro Rivas e Félix Soria, moderados por Tino Santiago. Para clausurar as actividades da semana, o día 11 terá lugar un acto institucional en Trasalba, no pazo da fundación, coa presenza de Pérez Touriño para homenaxear a visión europeísta do galeguismo. Unha conferencia de Ramón Villares sobre este argumento centrará os actos a celebrar na sede da Fundación Otero Pedrayo.
Castelao adiantou a existencia e a necesidade da Unión Europea0
En abril de 1948, Castelao publicou un texto n´A Nosa Terra no que explicaba a posición do galeguismo sobre Europa. O título do texto adiantaba xa unha realidade do presente ao referirse a visión que tiña a súa xeración Perante a Unión Europea. Castelao desenvolve no artigo unha serie de consideracións políticas sobre a necesidade de vencellamento do galeguismo coa Europa plural que o político e escritor relaciona co federalismo dos pobos. Neste sentido, Castelao asegura que «os galeguistas -con ou sen partido- sentímonos ledos i entusiasmados coa idea de federar os diversos pobos de Europa».O escritor repasa no artigo os antecedentes do federalismo en Europa, de Suíza en diante, e advirte a necesidade de pór en marcha os Estados Unidos de Europa. Segundo Freixanes, a visión europeísta de Castelao «foi adiantada e resulta unha visión moi válida para o presente político galego, porque é unha sorte que esteamos en Europa e tamén que a nosa tradición política teña esta herdanza».

Sem comentários:
Enviar um comentário