Os candidatos e o tren europeo
Por Pascal Boniface, director do Instituto de Relacións Internacionais e Estratéxicas de París.
Por razóns moi distintas, as eleccións presidenciais francesas alimentan todo tipo de esperanzas en Europa entrementres suscitan todo tipo de temores no mundo árabe. Este último aínda vive, en efecto, envolto na nostalxia dunha política de Francia para o mundo árabe que -estímase- abandonarán tanto Nicolas Sarkozy como Ségolène Royal. En Europa, en cambio, afírmase que, sexa cal for o resultado da segunda volta das eleccións presidenciais francesas, o tren da construción europea que descarrilara tras o non francés ao referendo sobre o tratado constitucional europeo en maio do 2005 sen dúbida se reencarrilará.
Coma se desde hai dous anos se esperase un novo (ou unha nova) presidente en Francia para impulsar novamente o proceso. O resultado da primeira volta electoral pode representar un factor de esperanza para os europeos. Os dous candidatos que pasan á segunda volta, Sarkozy e Royal, eran partidarios do si. Se sumamos os seus resultados aos de François Bayrou (outro partidario do si), o total representa as tres cuartas partes dos sufraxios emitidos. A extrema esquerda e a extrema dereita, partidarias do non, obtiveron magros resultados en comparanza coas eleccións anteriores; debe subliñarse, ademais, a participación record dun 85% dos electores.
Cal dos candidatos se topa en mellor posición para devolver a Francia un papel piloto en Europa? Perante todo, é menester ser consciente de que os días felices da Francia que facía política europea chegaron ao seu fin. O que era posible nunha Europa dos 6, incluso dos 12, cunha Alemaña dividida, xa non o é na actualidade. Francia, é verdade, pode infundir aínda renovados ímpetus, pero, en calquera caso, precisará de todo o seu poder de convición para artellar maiorías. Na Europa dos 27, a parella franco-alemá segue sendo necesaria, pero non abonda.Sarkozy foi o primeiro en comprometerse na campaña electoral sobre as cuestións europeas. O seu partido, a UMP, permanece unido en torno ao proxecto europeo con escasas excepcións. Consciente das dificultades con que podería topar para lograr un si nun novo referendo, indicou as súas preferencias por un minitratado que se ratificaría por vía parlamentar, que constitúe outra posibilidade institucional en Francia para ratificar un tratado.
Neste caso, faríase sen dificultade. Trataríase de recuperar só as disposicións institucionais do tratado constitucional sen as implicacións e condicionamientos dos aspectos económicos e sociais que motivaron o non no 2005. A verdade é que organizar un novo referendo presenta o risco de presenciar un triunfo do non por segunda vez. Os electores votan non só sobre a pregunta exposta, senón tamén sobre a popularidade de quen a expón, á parte da cota de rigor asociada ao voto protestatario. Sen embargo, tamén hai que dicir que o voto parlamentario podería interpretarse como unha negación da democracia polos cidadáns que exerceron o seu dereito ao referendo no 1992 (Maastrich) e 2005. A campaña de Sarkozy non estivo exenta de facetas nacionalistas, incluídas as cuestións europeas destinadas a reconducir para a súa candidatura ao electorado tentado por Le Pen. Tanto observadores franceses como estranxeiros pensan que isto formaba parte dos episodios habituais dunha campaña electoral pero que en realidade non cuestiona as convicións europeas de Sarkozy. No caso de resultar elixida, Royal deberá de reconciliar a Francia do si e a do non que deberán ambas votado por ela. Vese, en consecuencia, máis obrigada se quere cumprir o trámite do referendo. Sen embargo, non pode arriscarse a empezar o seu mandato cunha derrota a propósito dun tema de primeira magnitude. Ségolène Royal criticou intensamente ao Banco Central Europeo e a súa xestión monetaria, quere cuestionar a súa independencia -herexía para moitos socios, en primeiro lugar os alemáns-. O seu partido, o socialista, áchase el mesmo profundamente dividido entre o si e o non ao referendo, e esta ferida segue aberta. Ségolène Royal se verá tentada de enriquecer o contido do novo texto europeo con consideracións sociais e ecolóxicas a fin de dotalo dunha maior lexitimidade no seo do propio electorado.
Tanto Sarkozy como Royal se ven forzados a saír vitoriosos no seu bautismo europeo impulsando con renovadas enerxías a construción institucional europea. En calquera caso, no inicio do seu mandato Europa estará no cerne do proxecto francés. A súa necesidade de triunfar neste terreo é obrigada aínda que só sexa para desmarcarse de Jacques Chirac e mostrar que a súa elección é un novo punto de partida e representa unha nova dinámica para Francia. Non obstante, xa que ambos candidatos son partidarios do si, deberán de maniobrar entre dous atrancos: ofrecer determinadas pezas ou garantías a quen votou non, para que moderen a súa postura de oposición sen indispoñerse cos 18 países europeos que xa aprobaron o tratado constitucional. Sarkozy é prisioneiro en menor medida de quen votou non que Royal. Sen embargo, pode suscitar a súa mobilización de sinal negativo. Os dous escenarios extremos consistirían, polo tanto, ou nun voto parlamentar en favor dun minitratado con Sarkozy sobre un horizonte de manifestacións de oposición e radicalización dos opostos ao tratado constitucional ou un referendo sobre un tratado ampliado con Royal se os electores xulgan aceptables os cambios. Todo dependerá entón das compensacións que ofrecer tanto aos electores franceses como aos socios europeos.
Sem comentários:
Enviar um comentário