Israel, Europa, Islam
«O diálogo implica respecto. E o respecto é algo máis que tolerancia. A tolerancia é unha virtude pasiva que recoñece soamente a un interlocutor coas súas propias opinións. O respecto é unha virtude activa que recoñécelle ao interlocutor a posibilidade de facerme cambiar de opinión»
por Marcello Pera. Partito Raducale
Texto da conferencia que pronunciou na Universidade Hebrea de Xerusalén o pasado 29 de xaneiro.
Non é necesario subliñar a actualidade do tema. Giulio Andreotti1. Crenzas e problemas Comezo enumerando tres cousas nas que creo firmemente; as tres están relacionadas coa democracia. A primeira cousa na que creo é unha definición. Seguindo un pensamento estendido, considero a democracia como o réxime no que a mudanza de goberno dase de maneira pacífica, mediante eleccións libres e sen violencia. A segunda cousa na que creo é un feito histórico. A democracia naceu en Occidente. Deriva sobre todo da longa loita dos europeus contra os poderes absolutos, seculares ou relixiosos. A terceira cousa na que creo é un valor. A democracia é un ben universal, polo tanto, non é só un feito que concierne a unha parte do globo, senón un deber para todos os pobos. Estas tres crenzas expoñen polo menos dous problemas. O primeiro é: se a democracia é un feito occidental, non equivale a súa transformación en valor universal a un forma de imperialismo? O segundo é: se a democracia é un feito do Occidente, pode exportarse a outras áreas? Creo que estes problemas poden resolverse e tratarei de explicar por que.
2. Democracia e imperialismo
Comezo polo primeiro problema: é a democracia unha forma de imperialismo occidental? Para argumentar a miña resposta negativa, utilizarei a definición que adoptei. Se a democracia é un réxime que prohibe a violencia para cambiar os gobernos, entón a democracia se basea no diálogo. Nun réxime democrático os gobernos se substitúen discutindo libremente os méritos e os deméritos dos gobernantes. “Dialogar”, sen embargo, é máis que “discutir”, porque o diálogo ten un fin práctico. O diálogo é unha discusión que pretende inducir unha mudanza de opinión, unha acción. Peculiarmente, nas democracias, a acción do voto. Isto significa que o diálogo implica –nalgún significado do termo “implicar”– un chamamento á razón: se discuto con alguén para facerlle cambiar de opinión significa que recoñezo a súa capacidade de seguir os meus razoamentos, desenvolver outros propios e comparar os seus cos meus. O diálogo establece unha especie de “cidadanía da razón”, a cal require a tolerancia para coas persoas e as súas opinións, sexan as que sexan. Pero isto non é todo. O diálogo é unha relación simétrica: á igual que eu quero que o outro acepte o meu punto de vista, o outro quere que eu abrace o seu. O diálogo, polo tanto, implica respecto. E o respecto é máis que a tolerancia. A tolerancia é unha virtude pasiva que recoñece só un interlocutor coas súas propias opinións. O respecto é unha virtude activa que, ademais diso, recoñécelle ao interlocutor a posibilidade de facerme cambiar de opinión. A tolerancia vai nunha única dirección, o respecto vai nas dúas direccións, adiante e atrás. Subliño esta diferenza porque, sobre todo nos países europeus que teñen importantes minorías relixiosas –en Italia, por exemplo, viven perto dun millón de musulmás–, téndese a crer que a tolerancia é suficiente para asegurar a integración. Non é así. A tolerancia soa pode levar a crear comunidades pechadas, e polo tanto, tensións e conflitos. A verdadeira integración require que a cada comunidade se lle recoñeza o dereito de “contaminar” ás outras. Lémbrese que o diálogo pretende facer cambiar de opinión, pero non necesariamente a opinión dos demais, tamén a nosa. Como adoitaba dicir Popper, o éxito dun diálogo entre A e B non depende do feito de que A converteu a B, senón do feito de que, tralo intercambio de opinións, A e B son máis sabios, é dicir, intelectualmente máis ricos, porque cada un comprendeu mellor as razóns do outro.
Todo isto me permite responder á miña pregunta sobre a democracia como unha especie de imperialismo occidental. Se a democracia se basea no diálogo, entón a democracia se basea no consenso, non na imposición. A idea de que a democracia si pode levar adiante contra a vontade dun pobo é tan incoherente como a idea de que se pode iniciar un diálogo adoctrinando ao interlocutor ou, aínda peor, eliminándoo. Poderíase obxectar que a historia demostra o contrario. Dise, por exemplo, que os italianos e os alemáns foron obrigados a aceptar a democracia após a Segunda Guerra Mundial. Pero é erróneo. A Segunda Guerra Mundial derrubou dous réximes despóticos –o fascismo e o nazismo–, pero por si soa non impuxo a democracia. Despois da guerra, Italia e Alemaña se converteron en países democráticos porque os seus pobos o quixeron, e o conseguiron porque se basearon nas súas anteriores e ben arraigadas tradicións. Esta experiencia debe ser lembrada tamén despois da Segunda guerra do Golfo. Tras eliminar ao ditador, o reto de hoxe é a creación dunha tradición de diálogo e respecto na sociedade iraquí. E o esforzo maior debe facerse para crear as condicións –mediante o comercio, os modelos, a educación, a administración, a lexislación, etc.– a fin de que esta nova tradición secular faga raíces e se conxugue coas anteriores tradicións locais, culturais e relixiosas. As tradicións son fundamentais. As institucións democráticas evolucionan segundo formas distintas porque as tradicións locais as alimentan cada unha á súa maneira. A idea de que existe un modelo único de democracia é tan inxenua e errónea como a idea de que existe unha única especie animal. Na práctica, as democracias evolúen xunto coas súas tradicións, e se as institucións democráticas requirisen normas de conduta amplamente rexeitadas pola sociedade, dexenerarían facilmente.
3. Exportar a democracia
Creo que agora podo resolver máis facilmente o meu segundo problema: Pódese exportar a democracia? Xa que a democracia toma formas distintas segundo as tradicións locais que actúan reciprocamente con ela, a cuestión, referida aos países de tradición islámica, se pode formular así: é incompatible a tradición islámica coa democracia? Algúns estudosos occidentais son máis ben escépticos. A súa opinión é que as democracias presupoñen a separación entre relixión e moralidade da lei e do Estado, ou a separación do Estado da sociedade civil. Noutros termos, pensan que a democracia require o recoñecemento da neutralidade moral do Estado. E posto que este concepto é alleo á tradición islámica e moitos musulmás o rexeítan explicitamente, se deduce que a democracia é incompatible co islam e non pode ser exportada aos países islámicos. Contra este punto de vista, poderíase obxectar que existen moitos países –Turquía é un deles– que, por Constitución ou de feito, aceptaron esas distincións. Sen embargo, o problema non se pode resolver así. Posto que é de carácter cultural, se debe tomar unha postura conceptual en vez de histórica. Á igual que o cristianismo, o islam é unha entidade complexa na que conviven matices distintos e incluso diverxencias radicais. Segundo o meu (limitado) coñecemento, non vexo no islam ningún elemento esencial que se contrapoña de maneira irredutible aos aspectos culturais fundamentais das institucións democráticas. Sen embargo, posto que a obxección se refire a un suposto aspecto da democracia, afrontarei a cuestión desde esta beira.
O meu punto de vista é que, estritamente falando, a neutralidade ética do Estado é un mito. Non foi realizada plenamente en ningures do Occidente, e hai boas razóns para crer que non pode realizarse. É erróneo considerar as opinións relixiosas como meras expresións que pertencen só á esfera privada das opcións individuais. As opinións relixiosas teñen consecuencias sobre as políticas públicas. Os acalorados debates sobre cuestións como o aborto, a eutanasia, o uso das biotecnoloxías, están ligadas a profundas opinións relixiosas e morais. E se a lei prohibe a poligamia, é porque somos todos fillos da común tradición xudeo-cristiá. Por iso a neutralidade do Estado non é unha cuestión do tipo “todo ou nada”. É máis ben unha cuestión de graos. No tocante aos principios morais, o problema máis importante para as democracias non é como realizar plenamente a neutralidade do Estado, senón, máis ben, como facer fronte ás loitas causadas por profundas diverxencias morais e relixiosas. Aquí é útil o concepto de respecto. Despois das longas e duras guerras de relixión, os europeus adquirimos o costume do respecto recíproco. Os debates poden ser duros, pero a xente tende a comprender as razóns dos desacordos. Non hai solucións fáciles para estes desacordos, pero o respecto permítenos lograr un razoado, e sempre temporal, compromiso que salve o común modus vivendi. E o que o respecto nos leva a aceptar son eses compromisos xurídicos e institucionais que manteñen a coexistencia pacífica. Persoalmente non vexo ningunha razón para crer que os países máis fundamentalistas non sexan capaces de acadar compromisos parecidos que sexan compatibles coa democracia. As sociedades autocráticas poden sobrevivir nun ambiente estático, pero o mundo de hoxe cambia deprisa. A televisión, internet, e os rápidos progresos científicos e tecnolóxicos producen naturalmente sociedades pluralistas, porque a xente reacciona de maneira distinta ás novidades. Isto explica parcialmente por que os réximes despóticos duran normalmente pouco. Naturalmente, a caída dun réxime despótico pode desembocar noutro réxime despótico. Non existe ningunha necesidade histórica de que a democracia substitúa ao despotismo, pero tampouco existe ningunha imposibilidade histórica para que tralo despotismo chegue a democracia.
4. As feridas de Europa e a coexistencia entre os pobos
Permítanme terminar falando dalgúns problemas políticos máis actuais que considero que poden ser tratados segundo o esquema conceptual que intentei trazar. A historia dos pobos europeus e a do pobo xudeu e árabe ensinan que ningún determinismo histórico nin teolóxico prescribe unha inimizade recíproca irredutible. Europa non é só o gueto onde se consumou a persecución xenocida dos xudeus. É tamén a patria do Sionismo, e o lugar onde, moitas veces, se realizou a convivencia entre xudeus e musulmás; na península ibérica durante a alta Idade Media, pero tamén nos Balcáns, baixo o dominio musulmán. As vantaxes recíprocas foron enormes para os dous pobos, en termos materiais pero tamén, e máis duradeiros, culturais. As recentes faltas de Europa non deben, sen embargo, pasar en silencio. Europa prestou pouca atención á influenza exercida polo nazismo, primeiro, e polo estalinismo, despois, nalgúns países árabes claves. Teñen concibido os Estados medioorientales de modo bastante cínico, coma se fosen meras entidades xeográficas. Despois da independencia de Israel, se desinteresou por esa tradición de diálogo e contaminación entre pobos de distintas culturas que durante séculos era parte esencial da súa herdanza. Hoxe Europa corre o mesmo perigo con Israel, infravalorando as súas xustificadas preocupacións e medos. Por desgraza, Europa estase a esquecer de ser un híbrido do todo especial: é filla de Xerusalén, de Atenas, de Roma, e logo de París, Amsterdam, Cambridge, Florencia, Pisa, Königsber, onde naceron e traballaron os seus moitos célebres pais. O escepticismo, o relativismo, o postmodernismo, o multiculturalismo, e moitas outras pragas intelectuais semellantes atormentan a Europa, poñen en perigo a súa identidade e ameazan o papel de protagonista que desempeñou durante séculos. Como a natureza de Heráclito, hoxe a Europa gústalle agocharse.
A retirada de Europa das súas raíces é un fenómeno que provocou, entre outras cousas, a desconfianza de Israel para co vello continente, e está na base da incomprensión europea do fenómeno do terrorismo islámico. Pola súa banda, os musulmás integristas buscaron en Europa –sobre todo nos grupos máis radicais do movemento antiglobalización e da ultraesquerda– un interlocutor privilexiado para a súa guerra de civilizacións. Todo isto pode e debe ser corrixido. A miña tese é que se Europa volve a descubrir as motivacións da súa natureza e identidade democrática, as aprecia e as protexe, se Israel percibe que Europa, grazas a isto, defende con forza en primeiro lugar o dereito do pobo israelí a unha existencia segura, a vivir definitivamente en paz, entón nin a historia recente dos países árabes, nin os tráxicos fenómenos do fundamentalismo islámico, nin a relixión islámica en canto tal, son un obstáculo para a coexistencia pacífica. E tamén rematará a desconfianza que sente Israel para Europa. Para terminar e volver aos meus problemas iniciais. Creo que a democracia é un valor universal, e creo tamén que os réximes democráticos poden nacer en calquera parte dun mundo que cambia rapidamente, aínda entre moitas dificultades e de moitos modos distintos. Os filósofos puristas non estarán contentos cos compromisos xurídicos e institucionais que cada un destes modos comporta, e, como filósofo, tampouco eu, por moitos aspectos, estou especialmente contento. Pero son tamén un político, aínda que temporal. E por iso creo que o máis importante non é a felicidade intelectual dos filósofos, senón a sabedoría moral dos políticos. Estes poden loitar pola cooperación entre pobos de distintas culturas, tradicións, costumes, valores. E, se poden, entón débeno facer.
1 comentário:
Estimado Pedro: quería preguntarte para Reportero Digital Galicia si es cierto que el BNG amenazó con expedientarte por apoyar a Israel, como se publica en Galicia Confidencial.
Gracias.
acoruna@reporterodigital.com
Enviar um comentário