terça-feira, julho 26, 2005




DE EUROPA, O SOCIALISMO E A DIGNIDADE.

O estado actual das forzas políticas e das conciencias, a esperanza de poder negociar unha nova Constitución mellor é nula.
MICHEL ROCARD


Nado hai un século e medio, o socialismo sempre foi á vez un movemento de loita e un esforzo teórico por construír unha sociedade menos inxusta e máis humana. Contribuíu á mellora dos soldos e das condicións laborais e á emerxencia da Seguridade Social. É un balance importante. Pero a tráxica deriva xerada pola economía integralmente administrada e o totalitarismo levou
ao fracaso final e á deshonrosa desaparición do único proxecto alternativo consecuente ao capitalismo. As forzas capitalistas gañaron esta etapa dun século, estratéxica e, conseguiron ademais afianzar en todas as opinións públicas a mensaxe de que o capitalismo é a liberdade. Este inquebrantábel capitalismo, que críamos debilitado e ameazado tras a gran crise de 1929-1932 e a Segunda Guerra Mundial, restabeleceuse plenamente nos anos cincuenta
e, desde entón, non deixou de reforzar a súa influencia no mundo. Até o punto de que xa non hai proxecto alternativo críbel, de que os desacordos sobre as eventuais correccións ou inflexións convenientes ou posíbeis son profundos e paralizantes, e de que a desesperación cundise no movemento socialdemócrata e, de forma mais xeral, nas forzas progresistas. Ao final, ninguén entende nada. Os grandes debates actuais, sobre a globalización e sobre Europa, están claramente marcados pola ignorancia, a confusión, a hipocrisía, as estratexias persoais e unha total ausencia de visión a longo prazo. Desde que se restabeleceu o capitalismo após a Segunda Guerra Mundial, hai perto de sesenta anos, se produciron tres acontecementos principais, independentes os uns dos outros ou case, e que é tremendamente importante distinguir se realmente queremos saber o que está a acontecer e cara onde imos. Non falarei aquí do cuarto acontecemento principal, a aparición do terrorismo mundial, demasiado recente e non con peso suficiente como para invertir o curso das cousas, se non para agravalo.O primeiro ten que ver coa tecnoloxía. A vertixinosa aceleración da velocidade, no transporte de bens, persoas e información, na análise, tratamento e cálculo de datos e no acto de produción, reduciu as dimensións do mundo, fecendo interdependentes a todas as nosas nacións e provocando, por necesidade, a apertura das fronteiras a todo o que se move menos os homes: Produtos, capitais, servizos, ideas, modas, roupas e músicas. A contaminación, os andazos e o crime non se fixeron esperar. Esta evolución nace claramente da técnica e produciríase en calquera sistema de organización social nacional ou internacional. A expresión "aldea global" describe á perfeción o seu resultado. O segundo acontecemento, totalmente alleo ao primeiro, podería terse producido hai décadas, mesmo hai séculos, pero aconteceu na segunda metade do século XX. É o feito de que varios países de Europa decidisen unirse mediante vínculos institucionais para facer que a guerra fose algo imposíbel entre eles. O obxectivo era a paz e o medio, a organización e a profundación da interdependencia económica. Un dos resultados foi a creación dun mercado de grandes dimensións que permite ás empresas da zona adquirir tamaño mundial. A Europa institucional construíuse sen referencia a ningún proxecto de sociedade, tan só ao elemento fundamental, pero parcial, de preservar no seu seo a liberdade de empresa e os dereitos humanos. Non houbo ningún acordo sobre a intención ou a necesidade de adoptar un, como tampouco non o houbo sobre a definición que podería ser, nin ao principio nin agora. As forzas
conservadoras, maiormente dominantes durante todo o período, mantiveron en Europa un capitalismo clásico, ao igual que souberon mantelo en cada un dos Estados membros, con algúns avances sociais significativos de diferenza, especialmente en Francia. Estas mesmas forzas lograron impedir constantemente a emerxencia dunha identidade política europea e dunha capacidade europea significativa para criar unha política exterior e unha política de seguridade comúns. O proxecto socialdemócrata sempre foi e segue sendo o de alentar o reforzamento dese
conxunto institucional á vez que definir -aínda dista de ofrecer - un proxecto específico para Europa co fin de que unha maioría de esquerdas poda por fin emprender un día a construción dunha sociedade solidaria en economía de mercado, de definir a súa identidade, de garantir o seu esplendor e de implementar a indispensábel política exterior necesaria para contribuír á paz no
mundo, limitar ou contrarrestar a hexemonía estadounidense e promover activamente unha auténtica solidariedade mundial. Con Europa integrada como stá e o euro, apenas estamos a metade dese camiño histórico. O actual proxecto de Constitución consolida o que xa se logrou, simplifica os procedementos e incorpora por fin a Carta dos Dereitos no aparello constitucional e, polo tanto, xudicial. Mantén a parálise en materia de política exterior e lembra que a Unión Europea se basea na libre empresa. Tamén ofrece a base xurídica necesaria para abrir o día de mañá o debate sobre unha definición mais cobizosa dos servizos públicos, a amplitude mínima da
protección social e as condicións de protección e de promoción da diversidade
cultural. O que prohibe -unha política exterior decidida por maioría, unha
extensión dos procedementos comunitarios a todo o ámbito social- xa o
prohibian os anteriores tratados.
Este texto, sen dúbida insuficiente, non inclúe máis que avances e ningún
retroceso. O nome que leva, Constitución,non muda en nada o feito de que no
proceso, de non ser polo contido, é un tratado clásico. Sen dúbida será difícil
modificalo , igual que os outros, non mais. Encanto á expresión segundo a cal
ese texto "sacralizaría o liberalismo esculpindoo na mármore", non ten
ningunha relación coa realidade do texto escrito. Unha maioría de esquerdas
con un proxecto coherente podería orientar de maneira moi distinta as políticas
europeas dentro do marco desa Constitución. Tal como está agora, a UE xa
semella a ollos de moitos demasiado integrada e demasiado poderosa. Existen
forzas de disgregación, poderosas en algúns países membros e, sobre todo, no
estranxeiro; así, desde o principio, a actual administración estadounidense foi a
primeira en querer ver a Europa debilitada. A existencia do euro impediulle
tomar medidas de contraataque contra Francia e Alemania a raíz do problema
de Iraq. Sen embargo, ao ser competente para os asuntos de produción,
traballo e diñeiro, pero non para se facer cargo do sofremento do mundo, as
guerras, a fame e o subdesenvolvemento, Europa nin emociona nin
entusiasma. E iso só pode debilitaría.
O terceiro acontecemento principal de finais do século XX non ten ningunha
relación coas dúas primeiras, pero a afecta gravemente. Tratarse dun cambio
masivo e mundial nas regras de funcionamento do capitalismo. É o que
provoca o seu carácter incontrolábel e perigoso á globalización xerada pola
evolución das tecnoloxias. O capitalismo é un sistema terribelmente eficaz pero
socialmente cruel e gravemente inestábel. De feito, esta inestabilidade estivo a
punto de botar todo a perder coa crise e a guerra. Despois da guerra, o
capitalismo restablecido viviu trinta anos de medre regular nun clima de
estabilidade espantoso e de progreso social constante. Iso débese a que se
respectaban tres grandes regulacións que existían en todos os países
desenvolvidos. A de Keyns: utilizade as finanzas públicas para amortizar as
oscilacións do sistema en lugar de respectar equilibrios formais. A de
Beveridge: coidade a protección social: non só será mais humano se non que
tamén estabilizará o sistema por un nivel de demanda social, é dicir, de
consumo incompresíbel, polo tanto resistinte a calquera crise. E a de Henry
Ford: pagade soldos elevados se queredes que a xente consuma. Foron os
trinta gloriosos, mais dun cuarto de século de medre mais ou menos lineal.
Entón produciuse un acontecemento intelectual inaudito. Un grupo de
profesores de Chicago, guiados por Milton Friedman, elaborou unha nova
doutrina que viña a dicir: vivimos unha fase extraordinaria da historia do
mundo. Tras milenios de pobreza, o mundo estaba a ser rico. E débese a que
se inventara un motor eficaz, o capitalismo e libre empresa, e un potente
carburante, o beneficio. E canto mais beneficio se conseguise, maiores serian
os logros do sistema. "Librémonos entón dos impostos, dos obstáculos para o
mercado que son os servizos públicos e a Seguridade Social, e das múltiples
reglas que limitan o beneficio acumulábel polas empresas. Sexa cal sexa a
actividade en cuestión, o equilibrio atinxido polo mercado é o mellor posíbel e
calquera intervención pública só pode deterioralo".Esta filosofía simplista e
errónea, que avoga polo afán de ganancias, a redución dos impostos e a
diminución da influencia do Estado, logrou a adhesión dos poderosos da
economía e das finanzas nun tempo récord. Forzas políticas e electores, e
entón gobernos e institucións somáronse a esta filosofía en Norteamérica,
Xapón, Europa e os dragóns asiáticos. Trinta anos despois, as tres grandes
regulacións desapareceron, os ricos enriquecéronse, as desigualdades ten
callado profundamente tanto entre o norte e o sul como no interior de todos os
nosos países, a pobreza masiva reapareceu nos países desenvolvidos, a
protección social se erosiona en todas partes, os servizos públicos están
ameazados, o sistema se voltou inestábel e rexistrou seis grandes crise
financeiras en quince anos, todas elas, até o momento, contidas no marco
rexional, e o esgotamento dos recursos e a contaminación progresan
inexorabelmente xa que se rexeitan as regras que poderían frealos . A
humanidade vai directa de fuciños contra o muro.
Europa e as súas institucións non teñen en absoluto a culpa desta catastrófica
evolución que non inventaron elas pero que sofren. Son forzas políticas
definidas e enraizadas como nacionais as que impuxeron estas novas regras
do xogo caracterizadas por unha crueldade social agravada tanto nos nosos
países como en Europa. Inicialmente, Europa fundouse sobre a liberdade de
cambio e a apertura ao mundo, o que só tiña vantaxes na época na que aínda
prevalecían as tres grandes regulacións. Pero é imposíbel voltar atrás sobre
eses puntos agora que xa non prevalecen. En consecuencia, Europa sofre
directamente as consecuencias desas novas regras do xogo, sobre todo cando
a vontade das forzas políticas dominantes non é en absoluto resistirse a elas.
Así, en toda Europa e especialmente en Francia, a parte dos salarios no PIB
diminúe e os soldos estáncanse ou aumentan demasiado devagar, a protección
social redúcese e o paro segue sendo demasiado elevado, agravado como
está en Francia pola demografía, que nada podemos facer tampouco non para
remediar, e polas insuficiencias da formación profesional, único factor no que
Francia podería mellorar un pouco as cousas en casa.
O carácter mais humano do capitalismo europeo continental está a
desaparecer, cedendo o seu lugar ao capitalismo moito mais brutal dos
anglosaxons. Este é o implacábel encadeamento dos feitos que prohíbe propor
argumentos e posturas a todas luces irrealistas ou insostenibeis. As
consecuencias son graves e numerosas.
1. no estado actual da economía mundial, ningún país illado, nin sequera
totalmente Estados Unidos ou China, pode contrarrestar as evolucións das que
é obxecto. A dimensión continental é a primeira das condicións de eficacia. O
soberanismo non ten futuro. Peor aínda, é unha dimisión ante a magnitude do
combate.
2. no estado actual das forzas políticas e das conciencias, a esperanza de
poder negociar unha nova Constitución mellor é nula. O argumento de
"votemos non para abrir a crise e a nova negociación será mellor" non é en
absoluto realista e é, polo tanto, hipócrita.
3. En caso de que gañe o non en Francia, non existe ningunha forza ou
coalición de forzas dispostas a retomar as negociacións coa intención de
reforzar o combate para intensificar a loita contra o capitalismo nesas
condicións.
Seria o fin da dinámica europea, a primeira vitoria de forzas antieuropeas que
temen a futura potencial de resistencia ao sistema que tería unha Europa mais
integrada, e polo tanto, o comezo da desintegración. De modo que o principal
argumento dos, digamos, europeos que avogan polo non é a todas luces falso.
4. Non hai mais elección que manter a perspectiva dunha Europa que se
reforce progresivamente e, nunha década ou dous, estea o suficiente
estruturada e sexa abondo poderosa para que, por fin, unha maioría de
esquerdas poda emprender unha seria inflexión do capitalismo cara unha
sociedade europea solidaria.
5. Os traballadores de Francia sofren profundamente por esta situación, todos
sabémolo e non podemos facer grande cousa a corto prazo. unicamente a
explicación atenta e o recordo da perspectiva a longo prazo poden responder a
esta angustia. É indigno non levarlles a contraria e arrastralos a unha situación
sen saída xa que a vitoria do non abriría unha crise que tamén debilitaría á
economía e, pola tanta, ao crecemento económico e ao emprego.
6. Comparar as actitudes sempre é significativo. Votar si fainos votar como
Chirac e Bayrou. Querer votar, para evitar esta compromiso, como Pasqua e Le
Pen, como os nosos socios comunistas que, para ser de esquerdas, desde hai
sesenta anos, non demostraron unha gran perspicacia política, e sobre todo
votar como Bush quere, que seria o mais grave e perigoso, ,é razoábel? É
xusto?
7. No seu século de historia, o Partido Socialista coñeceu algúns casos de
teimudo enfrontamento entre posturas irreconciliábeis entre a política
maioritaria e as conviccións minoritarias: rexeitou constituírse en Partida
Comunista (1918-1919); rexeitou á non intervención en España (1936); vontade
de impor a unión da esquerda contra Guy Mollet (1947-1968); rexeitou as
guerras coloniais (1956-1962); oposición ás orientacións económicas do
programa común e do candidato Mitterrand (1976-1981).
En todos estes casos, as posturas dos minoritarios de cada época eran
coherentes, realistas e perfectamente traducíbeis en actos
gobernamentais.Non é así esta vez e é unha tráxica grande première. Non hai
perspectiva de mellorar a Constitución despois dunha crise. Non hai
perspectiva de mellorar a situación dos traballadores de Francia en caso de
caos europeo. Mesmo hai que temer que aconteza o contrario. Estamos en
plena hipocrisía. Por esa razón, temo que en caso de que trunfe o non, vitoria
que non conlevaría ningún respecto, ducias de milleiros de militantes nos
deixen, aínda que ninguén desde a Dirección, como é o meu caso, lles convide
a que o fagan. Tamén ficariamos duradeira e profundamente separados dos
nosos partidos irmáns europeos, o que impediría, precisamente, a estratexia de
reacción esperada polos protagonistas do non.
Honrarse á política e á democracia respectando aos seus adversarios. Fíxeno
durante moito tempo. Pero xa non podo seguir facéndoo . Respecto aos
soberanistas, pero non respecto aos defensores do non que se din
proeuropeos. Os envites son demasiado fortes, o PS está demasiado
preocupado por manterse fiel ao ideal europeo de Jaurès, Blum, Mitterrand e
Delors, e Francia ten demasiada responsabilidade como para que se cometa
ese erro.
Manterémonos firmes. Seguro.
MICHEL ROCARD ex primeiro ministro francés e eurodeputado socialista

segunda-feira, julho 25, 2005


PRESENZA GALEGA NA UNIÓN EUROPEA
Por Ana Miranda

Despois do recente alargamento a 25 países, as disparidades xeográficas, estruturais e económicas da Unión Europea son cada vez máis evidentes. 123 millóns de persoas, ou sexa, o 27% da poboación total da Unión Europea, viven en territorios cun PIB inferior ao 75% da media de renda comunitaria por habitante, en comparación aos 72 millóns de persoas que vivían nunha Europa de 15 Estados, incluída Galiza. Nunha situación económica cada vez máis difícil en termos de creación de emprego, cunha presión migratoria intensa e cun entramado institucional previsto para 6 Estados, reformado no Tratado de Niza e que vai ser modificado coa ratificación da Constitución Europea para adaptarse á nova situación, institucional e procedementalmente, a posición para un pais como Galiza, tórnase complicada. Ou se aumenta o orzamento comunitario para atender ás necesidades de nacións como a nosa, que van a estar no límite dos parámetros de cualificación de concesión de fundos comunitarios, que no noso caso non foron aproveitados eficientemente en case 2 décadas para criar emprego, consolidar o existente e evitar a fuga de cerebros, a mellor xeración preparada da nosa historia, para criar redes de comunicación que nos unan definitivamente co resto de Europa, para asentar o territorio e impedir o desastre ecolóxico ao que nos está sometendo este Goberno galego, que non foi quen de aproveitar esa ocasión única, máis que para facer programas estéticos e propagandísticos e non políticas de futuro e con futuro. A democracia non só se exerce no momento de votar, máis en Galiza desgrazadamente está demostrado que a democracia é un concepto aínda inmaturo e non moi asentado na poboación. Porque un goberno e un pobo que non pensa na súa cultura, no seu desenvolvemento e no seu futuro, non é máis que xeografía. E nós, con responsabilidade e traballo, non concordamos con esa óptica e reclamamos dereitos e recoñecemento de Galiza a todos os niveis. Desta necesidade, a nosa presenza en Europa, tórnase aínda máis necesaria.

Levo vivindo en Bélxica dende 1997, traballando e formándome en temas comunitarios e internacionais, tendo a enorme honra de poder traballar na pasada lexislatura no equipo dunha persoa de tanta valía política e humana como o que foi eurodeputado do BNG Camilo Nogueira, un político que se rexeu sempre por dous principios, a ética e a defensa orgullosa de Galiza como nación en Europa e no mundo, falándolle aos líderes e pobos de toda a xeografía mundial da nosa nación, colocando a Galiza na axenda mundial nese grande escaparate que é o Parlamento Europeo para cumprir esta misión que desempeñou con total dedicación, sen ningún complexo, falando alto e forte, de fronte de Galiza como igual e do BNG como igual a calquera, nación, Estado e organización política de calquera lugar europeo. Triste e paradóxicamente, despois de toda a dura situación de espera e inquedanza vivida despois da perda do escano, e ante a situación de ficar fóra totalmente da Eurocámara, foi plantexada a posibilidade, de que en base á necesidade de continuar o traballo realizado e manter viva a nosa presenza política europea e as relacións internacionais, no marco da coalición Galeusca coa que nos presentamos electoralmente, o noso traballo puidera ter continuación, negociándose esta posibilidade e finalmente acordando co PNV, coa súa tradicional solidariedade tan demostrada en períodos difíciles da nosa historia, que o BNG seguira tendo presenza física en Bruxelas. A dirección do BNG pediume no outono que, en base a miña experiencia política e formación, realizara a función de voceira do nacionalismo galego no Parlamento Europeo. Incorporeime no mes de outubro, ubicándome na oficina parlamentar do eurodeputado Josu Ortuondo, pero exercendo funcións e actividades, única e exclusivamente para o BNG, con total liberdade e capacidade de acción (outra mostra de xenerosidade e respecto dos nacionalistas vascos).

Con profunda vocación, enerxía e optimismo, asumín esta función soa, sen as facilidades que podiamos ter cunha representación oficial, navegando entre a diplomacia parlamentar para que sigamos aparecendo e opinando. Porque estamos vivos na UE, a pesar das manobras, dos silencios, do sectarismo. E voltaremos oficialmente no 2009. Mentres, tecemos un sistema de traballo que se basea en 3 eixes:

a. Traballo institucional parlamentar;
b. Función de relacións políticas e institucionais coa sociedade galega;
c. Función de relacións internacionais.

Traballo institucional parlamentar: Presentación de iniciativas parlamentares dirixidas á Comisión Europea e ao Consello presentadas polos eurodeputados de Galeusca[1] nominalmente, pero cos contidos presentados polo BNG e sobre temáticas específicas galegas (vulneracións medio ambientais, construción naval, emisións de gases, pesca, agricultura, cohesión, emigración) ou sobre temas europeos xerais de importancia para o noso pais. Tamén a presentación de emendas a determinados informes das diversas comisións parlamentares do PE de interese galego (Pesca, Agricultura, Medio Ambiente, Política Rexional, Transporte, Peticións, Cultura, Mulleres, Dereitos Humanos, Política Exterior) e a elaboración de informes e de posicións políticas sobre temas importantes. Pero ademais de ter esta plataforma-base grazas ao acordo vasco-catalán para asinar as iniciativas, non hai que esquecer que o BNG é membro de pleno directo da Alianza Libre Europea (ALE)[2] e polo tanto, tamén grazas á súa solidariedade negociei a posibilidade de presentar preguntas e emendas a través dos deputados da ALE, e tamén se ampliou co apoio que varios deputados-as dos Verdes, que me pediron expresamente facer un traballo conxunto que xa iniciamos[3]. Máis non hai que esquecer que ademais destes dous polos políticos (Galeusca e o grupo dos Verdes-ALE), o BNG mantén estreitas relacións con forzas políticas de fóra do Estado como o caso do Bloco de Esquerda, e na actualidade negociei co eurodeputado Miguel Portas abrir varias iniciativas mediáticas conxuntas[4]. Pero o recoñecemento do BNG no PE vai aínda máis alá e mesmo membros da Esquerda Unida Europea (IU e PCP)[5], teñen ofrecido o seu apoio para presentar iniciativas relacionadas con Galiza. Polo tanto, movémonos nunha bancada ampla de posibilidades, tendo que manexar diplomaticamente, segundo as temáticas e os intereses que nos conveñan en cada momento, as relacións con deputados e deputadas que pertencen a 3 grupos parlamentares diferentes, cos que nos une tanto a defensa como nación dende todos os prismas (político, cultural, ecolóxico, económico, innovador, etc.) como a loita incansábel polo respecto dos dereitos humanos. Humildemente teño que dicir, como anécdota, que en base a este tecido de relacións políticas e diplomáticas que cómpren a miña función, estou a levar o nome, medio en broma medio en serio, de shadow-MEP, ou sexa, eurodeputada na sombra (termo que ven da xerga interna do PE, de que en cada informe hai sempre un shadow-rapporteur). A miña función, neste sentido e resumindo, consiste en tecer contactos, non confrontalos, senón usalos da maneira máis diplomática posíbel para que sigamos estando presentes por todas as vías.

Relacións políticas e coa sociedade galega: continuar mantendo as pontes de colaboración que abrimos na pasada lexislatura con colectivos da sociedade galega, organizacións e coa propia cidadanía, para a presentación e a información directa en relacións coas institucións comunitarias.

Relacións internacionais: relacións con forzas políticas europeas e mundiais (PT, Frente Amplio, Parti Québecois, etc.), organización e participación en eventos internacionais (Foro Social Mundial, Foro de São Paulo, eventos públicos da ONU, etc.); relacións coa emigración galega: información e coordinación de grupos na diáspora europea e americana.

Posibelmente a miña perspectiva é diferente á da pasada lexislatura, porque non son un deputado oficialmente e porque ademais, por esa condición, existen máis dificultades de difusión do traballo que realizo. Pero non me cansarei de que aparezamos visualizados, e transmitirlle á xente que seguimos presentes e que temos abundantes apoios, e sobre todo, que somos respectados, escoitados e observados, porque se nós non estamos no Parlamento Europeo, ninguén vai falar dos problemas de Galiza, porque para moitos, primeiro están os intereses partidarios antes que o seu pais e a súa xente. E non me cansarei tampouco de afirmar que a miña perspectiva é a dunha muller de 33 anos, pertencente a unha nova vaga migratoria, nai, nacionalista e europeísta, loitadora polos dereitos humanos e polos máis desfavorecidos, ben consciente de querer mudar, coma todos nós, unha sociedade opaca, na que o que defende o BNG é un reto cunha dificultade engadida, na que o noso compromiso ten un prezo, na que loitar pola tolerancia, a educación, a cultura e o desenvolvemento, é produto da nosa responsabilidade como cidadáns. Por iso a nosa presenza europea tórnase cada vez máis imprescindíbel, coa metamorfose que está sofrendo o continente, coa necesidade dunha proxección europea e mundial, como alternativa ao illamento e á incomunicación.

Ana Miranda é a Representante do BNG no Parlamento Europeo.

[1] José Otuondo Larrea (PNV), Ignasi Guardans Cambó (CiU), integrados na actualidade no Grupo Alianza Liberal e Demócrata Europea (ALDE).
[2] A ALE reúne a máis de 30 partidos de nacións e rexións sen Estado de toda Europa, que defenden a diversidade en Europa e que loitan polo seu recoñecemento institucional e político. Dende 2004, a ALE é un dos 8 partidos que ostentan a cualificación de Partido Político Europeo segundo ao Regulamento 2004/2003 do Parlamento Europeo e do Consello de 4 de novembro de 2003 relativo ao estatuto e ao finanzamento dos partidos políticos europeos. A actual Presidenta da ALE é Nelly Maes, ex-eurodeputada flamenca.

[3] Presentei varias iniciativas sobre dereitos humanos- traballo infantil, ablación, situación dos curdos- co eurodeputado de ICV Raul Romera i Rueda, co eurodeputado de Los Verdes David Hammerstein sobre temas medio ambientais e co líder dos Verdes francés Alain Lipietz sobre América Latina.

[4] Recoñecemento de títulos dos profesionais da medicina e equiparación de condicións laborais,, sobre a dinámica da eurorrexión e sobre o intercambio cultural Galiza-Portugal, en especial pedindo o seu apoio e o doutros membros portugueses para a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués á Unesco promovida por “Ponte nas Ondas”, etc. .
[5] Willy Meyer (IU) e Ilda Figueiredo (PCP).

domingo, julho 03, 2005



ENTREVISTA CON CAMILO NOGUEIRA:
"Europa é unha experiencia histórica revolucionaria".


O triunfo do non nos referendos pola ratificación do Tratado Constitucional Europeo en Francia e Holanda e o cumio de hai dúas fins de semana en Bruxelas para estudar perspectivas financeiras da Europa dos 25 de 2007 a 2013, cunha dura crítica de Blair ao actual modelo presupostario, sumen a Europa nunha das súas maiores crises, que analizamos co ex-eurodeputado polo BNG Camilo Nogueira. O que fora eurodeputado polo Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Bruxelas dende 1999 ata o 2004 analiza a crise na que está sumida a Unión Europea tras o triunfo do non nos referendos pola ratificación do Tratado Constitucional Europeo en Francia e Holanda e o fracasado cumio europeo de hai quince días en Bruxelas
Está en crise o proceso de construción europea?

Existe unha crise evidente. Agora ben, outra cuestión é analizar as súas causas reais e cales poderían ser as solucións. Está claro que a crise está provocada polo resultado negativo en Francia e en Holanda dos referendos respectivos para a ratificación do Tratado constitucional. Pero estes resultados revelaron unha situación que viña de antes, de feito o resultado negativo de Francia foi unha conxunción de posicións de esquerda e da extrema esquerda e máis da dereita monárquica e da extrema dereita xenófoba de Le Pen. Sen esta aportación da extrema dereita, a esquerda que mantiña posicións contra este tratado querendo unha Europa máis social pero ao mesmo tempo unha Europa fortaleza contra a entrada de traballadores de países do Leste que xa forman parte da Unión, non tería triunfado. Así que a mensaxe que saíu de Francia é, nese sentido, confusa. Deu como resultado que, en vez de coller forza expresa as posicións defendidas pola esquerda francesa, colleran forza as posturas neoliberais que pretendían combater. Mais é curioso . Esta crise está provocada por estes dous referendos cando dez estados xa ratificaron o tratado constitucional pasando isto desapercibido. Penso que a crise, realmente, comezou co Tratado de Niza. A Conferencia Intergobernamental de Niza en 2000 reuniuse para crear as condicións institucionais para a entrada de 12 novos estados e, dun xeito moi evidente, todos os estados demostraron a súa incapacidade para se poñeren de acordo. Máis que analizar , por exemplo, as condicións para axudar a estes países a achegarse ao nível de vida dos outros, o que fixeron foi defender o seu egoísmo e o seu poder de veto no Consello Europeo, en particular Aznar, que chegou triunfante por conseguir un poder de veto semellante ao de Alemaña, Francia ou Inglaterra a costa de reducir drasticamente o número de deputados. Portugal, por exemplo, só baixou de 25 a 24, tendo un cuarto da poboación do Estado español ten case a metade de deputados.

E esta crise afectará ao proceso de ampliación?
A decisión da entrada dos países do leste tomouse de xeito apresurado, sen crear as condicións
políticas para que a Unión política progresara e dende logo nunhas condicións económicas...
porque todos os fondos destinados á política de cohesión para os países do Leste quítanselles
aos países da Europa dos 15 que, en moitos casos os necesitaban, sen incrementar practicamente nada o orzamento europeo. Seguiuse dalgún xeito a política de Estados Unidos e Inglaterra de aproximar a Unión Europea ás fronteiras de Rusia, como se fixo na OTAN, pero sen poñer as condicións presupostarias adecuadas. Esa posición, dalgunha maneira, creou unha división interna que continúa na actualidade e á que hai que engadirlle a división creada pola guerra de Iraq. Nese momento, houbo estados como Gran Bretaña ou o español que consideraron que o seu aliado eran os Estados Unidos e non países cos que comparten institucións lexislativas. É absurdo pensar que dentro da Unión, o estado español considerara que o seu aliado era Estados Unidos e non Italia, Francia ou Alemaña, por exemplo. É como se Andalucía considera que o seu aliado é o norte de Marrocos e non Castela a Mancha. Unha cousa é que teñas simpatías por un país externo, pero o teu aliado principal é aquel que convive contigo incluso nas mesmas institucións. Todas estas circunstancias deixaron unha semente de división que non dependían do Tratado Constitucional, que é un progreso respecto aos anteriores, pero que pagou as consecuencias, xerando a sensación de crise na que estamos na actualidade. Pero, en fin, supoño que como pasa moitas veces, as crises provocan movementos cara a adiante, así que a ver que ocorre. A crise existe pero non pasa en absoluto por rexeitar o tratado Constitucional, aínda que mellor será canto maís se mellore, senón por asumir que debemos seguir avanzando cara a unha Europa política. Hai que modificar o orzamento comunitario e a principal modificación debería pasar por ser, en vez do 1% do PIB europeo, o 3% por exemplo. Eu defendín isto no Parlamento Europeo e non se me fixo caso, nin sequera na sociedade galega houbo unha preocupación forte neste sentido, cando manter o presupost do 1% supón que Galiza vai recibir como máximo a metade dos fondos estruturais que recibía antes e practicamente nada dos fondos de cohesión.
No último cumio europeo, o primeiro ministro británico, Tony Blair, propuxo unha modificación substancial dos presupostos da Unión contra o criterio dunha Francia e unha Alemaña cuxos líderes políticos están nunha situación de certa febleza, Chirac tras a derrota do referendo e Schroeder practicamente consciente de que terá que abandonar a Presidencia en poucos meses.
Sen Francia e Alemaña non hai Unión Europea. Todos os países teñen importancia pero estes
son os países centrais pola súa experiencia histórica: a Revolución Francesa, a Reforma... Dicir
que Francia e Alemaña non son os motores da Unión Europea, como di Blair, é unha trapallada.
Quen goberne en Francia ou Alemaña decidirano os franceses e os alemáns, pero as eleccións
internas nestes países non van condicionar o proceso de Europa a longo prazo. Hai que ter en
conta de que Blair é un triunfador con só o 36% dos votos no seu país e, en cambio, o candidato
derrotado tivo que demitir co 33%, ou sexa que falamos só de coxunturas históricas que son
utilizadas ideoloxicamente. Pero en Francia poden gobernar dentro de pouco os socialistas e
seguro que estarán unidos de novo e en Alemaña a democracia cristiá , que gobernou durante
moito tempo, sempre foi europeísta. A súa candidata (Angela Merkel), que é da Alemaña do
Leste, non vexo porque razón vai ser menos europeísta que Schroeder. Non podemos pensar
Europa en función da coxuntura, senón pensando a longo prazo. Terá que haber un debate
profundo pero supoño que sairemos desta porque a Unión Europea é, en primeiro lugar, unha
experiencia histórica revolucionaria e, segundo, porque é o espazo necesario para que os europeos e europeas manteñan as súas conquistas históricas, sociais e humanas que houbo en
Europa. E é tamén un espazo para a diversidade. Para unha nación como Galiza é mellor estar
nun espazo que recoñece a diversidade que nun espazo xacobino que non a recoñecía ata hai
ben pouco.

Entón que lectura facemos da proposta de Tony Blair?
Se Blair quere realmente modificar a economía europea, que propoña que o orzamento pase a un
2% do PIB. Como dixo o intelixentísimo primeiro ministro de Luxemburgo e presidente saínte do Consello, Jean Claude Juncker, Blair utilizou en Bruxelas un argumento falaz. Dixo: "A quen se lle ocorre que do orzamento europeo o 45% se dedique á política agrícola común?". Pero é que a PAC procede de tempos anteriores e é das poucas políticas comúns con aplicación presupostaria. El di: "Non hai que gastar na PAC senón en investigación e desenvolvemento", pero é que non podes comparar as dúas cousas porque investigación e desenvolvemento practicamente non ten presuposto comunitario . O presuposto agrícola é da UE, o de investigación e desenvolvemento está nos estados, e para comparar tería que sumar o conxunto de presupostsos dos estados e non as migallas do orzamento comunitario. Que conste que claro que a PAC hai que modificala, pero aínda acaba de aprobarse estando eu no Parlamento. Eu non estaba de acordo, entre outras cousas, porque Galiza non recibe practicamente nada. Pense que do que chega da PAC ao estado español cada ano, que é sobre un billón de pesetas, Galiza recibe unicamente o 1% e Andalucía o 30% e Castela a Mancha o 14% e Castela León o 14%, e beneficia en España sobre todo os grandes latifundistas, á Duquesa de Alba por exemplo, e no conxunto de Europa aos seis máis ricos. Hai que refromar, estou de acordo, pero sobre todo hai que facer unha política común, unha política social, armonizar fiscalidade, cousa que Blair nunca quixo. El dixo no Parlamento europeo que é un apaixonado europeísta e que quería unha Europa política e non simplemente un gran mercado, e eu creo que ese é o debate que deberiamos establecer neste semestre porque xa dixen, incluso un gran mercado non pode existir sen unha Europa política e retornar da Europa política actual insuficiente á do Gran mercado é simple mais absolutamente imposible. Desfaríase a Europa política, e ademáis sería algo rexeitado por toda a sociedade europea.
E, despois de todo isto, que futuro lle espera agora ao Tratado constitucional europeo?
Os partidarios de votar non a este tratado fan ben se así o pensan, eu mesmo podo ter elementos de crítica semellantes aos deles. Pero se desaparece este tratado, a situación que vai quedar será peor. A consecuencia do non fai que quede o que se critica e que desapareza o que ten de bo. Por outro lado, pensar que se volvan reunir os 25 estados e que por unanimidade fagan un tratado mellor é crer nos milagres pero non hai por que crer nos milagres nestas circunstancias. Para mellorar todo o que se critica dende o non, o mellor é que se aprobe este tratado, pois o Tratado incorpora a posibilidade de cambialo, como calquera outro. E sería bo que no futuro as ratificacións dos tratados non dependese da unanimidade e que puidera participar a sociedade europea no seu conxunto. Sería bo pasar do consenso a un sistema maioritario pois supón unha mudanza da mentalidade e dos hábitos políticos realmente histórica e extraordinaria, malia que moitos non a aceptarían.
Converxencia galega na UE E mentres, Galicia xógase seguir como rexión obxectivo número 1...
O ideal para Galiza sería que agora estivese cun 85% da media comunitaria e non no 74,9. Non ten perdón. Só hai que comparar co que pasou en Irlanda. E non só foi culpa do Goberno galego, tamén do español que xestionou máis da metade das axudas destinadas a Galiza. Incluso co que nos correspondía favoreceu a Madrid. Non hai máis que ir a Barajas e ver todas as autoestradas que hai, que parece que se fixeron para evitarse as unhas as outras. Pero xa que non temos o 85%, mellor ter o 74,9 que o 75,1. É o mesmo pero polo menos te aproveitas. De todos os xeitos, aínda estando no 74,9 non imos recibir, en absoluto, o que recibiamos ata agora porque os fondos van ter o mesmo nivel absoluto pero vanse repartir entre o dobre de persoas. Aínda sendo obxectivo nº1 levaremos a metade e se pasamos do 75% moito menos da metade. O novo goberno vai ter que repensar o país.
GALICIA HOXE - 03.07.05
ESQUERDA NACIONALISTA
www.esquerdanacionalista.com

quinta-feira, junho 09, 2005


EUROPA, SEN PRÉSAS, PERO CON PAUSAS.
Por Pedro Gómez-Valadés

Ninguén dixo nunca que o proceso de construción europea fora doado. Superar séculos de enfrontamentos habitualmente resoltos pola vía militar non son precisamente os mellores alicerces sobre os que construír. Ou quizais si. A unidade política de Europa é un camiño sen retorno, nos albores deste terceiro milenio, debúxanse moi claros os espazos xeopolíticos sobre os que vai pivotar a política mundial cando menos no presente século. Estados Unidos coa suma interesada mais a efectos económicos de enormes proporcións de Canada e México. (Efectivamente os tres xogadores non van xogar no mesmo lugar do campo mais si no mesmo equipo). China, sempre China. A China na que todas as súas cifras son astronómicas, China co seu disciplinado mercado de traballo e o seu perfeccionado aparello político-militar represivo ao servizo dunha expansión económica da que só encetamos a ver seu comezo. India, país que de vagar, pola porta de atrás entrou xa en todas as quinielas das potencias do século e, a Unión Europea.

É evidente que os golpes que a Constitución europea ven de sufrir, contundentes, por parte da cidadanía francesa e holandesa obrigan a facer uso daquela máxima do sempre sabio Antón Reixa que dicía algo así como: “Estamos en guerra, temos que reflexionar”. Claro que o acontecido non é un conflito bélico, mais o tremor que desde hai dúas semanas sacude os campos de Europa ben merece unha reflexión como a que Reixa pedía para situacións de forza maior. Na miña opinión na situación actual hai xa algunhas cousas bastante claras.

Ao meu ver, esta claro que o non maioritario de franceses e holandeses ao Tratado Constitucional europeo non ofrece unha alternativa. Votando “non”, non estaban a dar un si a ningunha outra opción. O batiburrillo no que desde a extrema dereita, o chauvinismo máis rancio, a extrema esquerda estupefaciente xuntaron forzas para gañar o pasado referendo francés, non ofrece obxectivamente ningunha alternativa real, posíbel. Xogos pirotécnico de palabras nuns casos, (Contra a Europa do capital, contra o neoliberalismos, etc...) e chamados nostálxicos á grandeur que foi e non volverá.

Na miña opinión, o medo ao fontaneiro polaco e a hipotética entrada de Turquía mobilizou tristemente máis que calquera outro argumento tirado do propio texto constitucional a debate. Lembro unha entrevista días antes do referendo holandés na que unha activista polo non afirmaba contundente e sen ningún rubor que a Constitución europea abriría as portas aos inmigrantes... O máis “chamativo” da entrevista era a cor da entrevistada que denotaba orixes moi pouco holandeses. Se non fose dramático sería case un mal chiste. A xenofobia, coas súas variantes máis ou menos vergoñentas, foi un dos piares da contestación anti-Tratado constitucional europeo.

Non é doado, lóxico e evidente, asumir que un dos efectos irreversíbeis e quizais un dos máis,(permítaseme a licenza poética), fermosos, da globalización ou da mundialización como prefiren denominala os franceses, é a mestizaxe de culturas, nacións e razas. Europa, berce de civilización non debe ser máis que exemplo de integración. Non será doado. Ninguén é tan inxenuo como para pensalo. Un exemplo practico do medo ao “outro”. Eu son un simple traballador que vive e traballa cada día sen saber se o seu patrón manterá aberta a empresa. E co aval que coido outorga a miña condición operaria, (non son artista nin funcionario), nunca fixen nin farei demagoxia co tan traído e levado affair das deslocalizacións. Asumo o risco e tamén sei que igual que a máquina de vapor non foi o final da clase traballadora, a deslocalización non vai ser máis que un pantasma mediático popular de éxito que confío perecedoiro.

É absurdo pensar que a Constitución europea favoreza ou promova a deslocalización (hai poucos meses foi aprobada unha directiva que obriga as empresas que deslocalicen a devolver as subvencións públicas recibidas) e por outra banda, eu que son de Vigo, pregúntome que sería da miña cidade se a deslocalización non trouxera a Citroën hai xa máis de trinta anos de Francia a este recuncho da Fisterra europea. A mudanza interesada de país por parte das empresas é un fenómeno que queirámolo ou non forma parte xa da vida económica mundial. Pero igual que non toda a industria francesa e alemana escolleu hai trinta anos o estado español para trasladar a súa produción, agora o fenómeno seguro que lonxe do titular escandaloso e rechamante non vai supor ningunha fuxida masiva de empresas a Polonia, Malta ou Chequia. Estou certo de que en poucos anos, unha vez estea consolidado o alongamento da Unión Europea xa ninguén falara do tema. Cando menos nos parámetros actuais.

Mais teño claro que o proceso terá unha severa pausa. Pero dar por morta á Constitución europea non deixa de ser a día de hoxe só un chamativo titular xornalístico. Nada máis. A sensatez, o sentidiño obrigan a abrir un tempo de reflexión do que estou seguro sairán solucións. De momento o democrático é proseguir co proceso de ratificación dos diferentes estados. Francia e Holanda son como países fundadores e tamén como potencias económicas, importantísimos, certo. Mais non esquezamos que ben pola vía parlamentar ou ben pola vía plebiscitaria estados da importancia de Alemaña e Italia deron xa un si ao presente Tratado. No estado español, guste ou non a algúns, o 80 por cento dos votantes referendamos positivamente o tratado. Interromper agora o proceso sería ademais dun precedente gravísimo, un feito case orwelliano. “Todos os estados de Europa son iguais, mais uns son máis iguais que outros...”

Tranquilidade, lembremos que este ente en continua transformación chamado primeiro CECA, logo CEE, logo CE e agora Unión Europea ten demostrado na súa curta pero intensa historia capacidade dabondo para resolver situacións difíciles. Tempo ao tempo. E sobre todo lembremos que tanto ou máis importante que para nós os europeos, a unidade e fortaleza de Europa, da que a súa primeira Constitución representa a pesar das súas eivas e carencias un chanzo formidábel, coa súa aposta e compromiso co Desenvolvemento sustentábel, coa Carta de Dereitos, co equilibrio Norte/Sur, coa resolución pacífica de conflitos,(lembremos que a Constitución europea recoñece a obriga de acatar as resolucións do Consello de Seguridade das Nacións Unidas) coa tolerancia, coa igualdade home/muller, coa liberdade de expresión... unha Europa unida é imprescindíbel coma a auga para miles de millóns de parias da Terra. Por eles, tranquilidade e a afrontar o futuro, que guste ou non guste, está aquí para quedarse.

segunda-feira, maio 09, 2005

O SENTIDO HISTÓRICO DA UNIÓN
Camilo Nogueira


A Unión Europea é unha institución orixinal, que muda radicalmente o carácter dos Estados que integra. Non pode ser considerada como unha entidade supraestatal como a ONU, a OTAN, o FMI ou OMC, nin tampouco como se fose un Estado. Pola súa propia constitución é allea ao carácter centralizador e uniformizador propio das institucións estatais de configuración xacobina. Carecendo de modelo histórico de referencia, o futuro da Unión está suxeito a unha especial incerteza, tal como ocorreu no proceso de estruturación dos Estados entre os séculos XVI e XX.
O debate sobre o significado da Unión e das consecuencias da súa política descoida non poucas veces este sentido histórico, fixando a atención apenas na súa materialidade actual, na evidente hexemonía operativa e subxectiva que conservan aínda os Gobernos dos Estados, na primacía dos intereses económicos, no défice aínda non colmado de competencias propias en política social e nas carencias no recoñecemento da plena diversidade nacional.

Esta visión redutora non ten adecuadamente en conta o significado de elementos tan determinantes como o esvaecemento de fronteiras estatais tradicionais, tan ligadas ao desprezo da diversidade nacional interna, o recoñecemento necesario da diversidade lingüística -limitada polo momento á dos Estados-, a progresiva criazón dunha cidadanía política europea e os efectos das institucións comúns, principalmente do Parlamento, que pouco e pouco -xunto coas das nacións sen Estado e doutras entidades políticas e lexislativas territoriais no ámbito interno estatal- adquiren un carácter antes reservado ás estatais.

A comprensión desta complexidade permite enxergar para Galiza un novo campo de loita política pola autodeterminación máis ambicioso que o do simple espazo fechado do Estado español. O espazo político da Unión institúe unha situación complementaria da estabelecida, con outro significado, polo Estatuto de Autonomía que, aínda non constituíndo máis que un sistema transitorio a superar, propiciou o desenvolvimento do nacionalismo galego até converterse nunha organización capaz de acceder ao poder. A pertenza á UE permite abrir en Galiza prácticas políticas e territorios teóricos pedagóxicos non eivados polas reservas cidadás a unha hipotética separación traumática do resto do Estado, na conciencia de que na Unión todo progreso na emancipación nacional, na formulación dun Estado plurinacional e mesmo na conquista dun Estado propio, non supón xa un arredamento, senón unha integración sen fronteiras nunha morada común. A pertenza a UE favorece, alén diso, a relación con Portugal.
Naceu a UE tendo aos Estados como protagonistas principais. Para principiar xa como unha unión dos povos e dos cidadáns tería sido necesaria unha revolución democrática querida e protagonizada por centos de millóns de persoas. Mais sendo unha unión de Estados, o desenvolvemento da UE marcha obxectivamente na dirección da perda de substancia das competencias centralizadas dos Estados, iniciando un proceso favorábel para as nacións sen Estado e para a estruturación dun espazo democrático europeo. Sen a existencia da Unión dificilmente se terían producido manifestacións tan extraordinarias como as habidas en 2003 pola paz e contra a guerra dos EEUU e o Reino Unido en Iraq.

A criazón das Comunidades Europeas respondeu á vontade de evitar a repetición das guerras fratricidas que asolaron a Europa. Guerras que ocorreron en Europa porque foi aquí onde se colocaron loitas que, producíndose neste continente e sendo específicas del, expresaban contradicións nacionais, económicas, sociais, culturais, ideolóxicas e relixiosas que tamén eran universais. Non se pode negar que a Unión Europea naceu inequivocamente co obxectivo de superar esta tráxica realidade histórica, como non se pode ignorar que a Comunidade Europea foi criada durante a Guerra Fría e condicionada polos enfrontamentos entre sistemas políticos e económicos daquel tempo.

Os fundadores das Comunidades Europeas creron na necesidade de comezar a Unión estabelecendo lazos baseados en intereses económicos comúns. A criazón dun mercado común respondía ao sistema económico dominante nos Estados implicados e neste sentido aos grandes intereses capitalistas, sen que se poida dicir que isto teña hoxe un significado particularmente definitorio de Europa, pois o mesmo pode aseverarse a respecto do mundo, do Estado español ou de Galiza. En todo o caso, a Unión crea un espazo político e económico con perto de 500 millóns de habitantes, o máis poderoso do mundo, que pola súa dimensión e relativa independencia permitiría avanzar, se así o queren os povos e os cidadáns, nun modelo de desenvolvimento económico e social solidario, tanto internamente como a respecto dos países e poboacións que hoxe viven na pobreza ou na miseria.

A realidade económica da UE non pode xustificar o menosprezo do seu carácter profundamente político, nin é contraditoria con este carácter, que está no cerne das institucións desde os inicios das Comunidades Europeas. O Parlamento Europeo non é unha simple expresión dos intereses capitalistas, non máis en calquera caso que o resto dos parlamentos dos Estados europeos.

A UE constitúe unha derrota histórica dos Estados xacobinos como realidade de poder e como modelo de organización política. Os Estados aínda son hexemónicos, mais a Unión é en si mesma o contrario do modelo de Estado baseado no dominio dunha única cultura e dunha soa lingua, dunha administración e dunha lexislación uniformizadas e centralizadas. A UE como institución histórica é o oposto da concepción chovinista que non deixa máis espazo que para un único poder, que identifica a igualdade coa uniformidade e a solidariedade coa subordinación.

Camilo Nogueira foi Europedutado polo BNG na lexislatura 1999-2004


segunda-feira, fevereiro 07, 2005


COMPROMETERSE COA REALIDADE
Por Antoni Gutierrez

Membro da Executiva de Iniciativa per Catalunya-Vers
Foi membro fundador do PSUC.

Na edición de EL PAÍS do pasado 28 de decembro, Vicenç Fisas publicaba, co título “Rescatar a paz desde as cinzas”, un interesante artigo no que facia un repaso sobre os conflitos armados que inzan o mundo. Un repaso ao que engadia, como un dato relativamente positivo, que a finais deste ano se podian atopar un mínimo de 18 procesos de paz abertos no mundo, en comparación cos 12 que existian a finais do ano pasado. E, sen cair en falsos optimismos, lembrabanos, ao mesmo tempo, que os seis novos procesos, aínda estando ameazados de perigos e repletos de debilidades, todos eran froito da suma dos esforzos de diferentes sectores e que rescataran a paz desde a cinza acumulada pola dureza e a destrucción dos conflitos.
O artigo comezaba formulando unha serie de preguntas, entre as que reproduzo a que di: “Cais son os tempos que hai que considerar e tolerar cando hai enfrontamentos entre institucións e grupos que ollan ao futuro e entenden o presente de maneira tan diferente?”. E Fisas acaba a súa
interesante reflexión lembrandonos que “desde a humildade da política posíbel, o mundo deberia estar moito máis presente e cercano a estes intentos de sair da espiral da guerra, colaborando para que das cinzas recollidas se ergan sólidos muros para edificar proxectos de paz”.
Desde unha plena concordancia con todo o artigo de Vicenç Fisas, debo pedirlle desculpas pola utilización que vou facer dunha parte da súa reflexión, que non estaba no seu artigo, e que a pesar desta advertencia el pode considerar instrumental. Confesoo honestamente: a súa lectura, quizais influída polo contexto que ocupa nestes momentos un dos meus espazos de
reflexión, fixome pensar no proceso de construcción da Unión Europea. Un proceso xurdido hai 50 anos das cinzas da segunda guerra mundial e ao que máis tarde se sumaron os cascallos da guerra fria.

É certo que o proceso europeo e a proposta de Constitución poden ser valorados desde diversos puntos de vista. Pero os que consideramos que a actitude responsábel é pronunciarse en favor do SI, e facémolo con respecto cara as posicións que defenden un NON contundente, entendemos que están ignorando as diferenzas en conflito no mundo real e infravalorando a correlación de forzas que existe hoxe no escenario político. Entendemos, tamén, que optan por un testemuñalismo que confunde a inflexibilidade estéril coa necesaria coherencia ideolóxica, unha coherencia que é capaz de rescatar, “desde a humildade da política posíbel”, todas as cinzas e os cascallos para avanzar na construcción dunha Unión Europea. Fronte á onda asoballadora do neoconservadurismo da administración Bush, a construcción europea consagra coa Constitución os dereitos sociais, é nos 54 artigos da segunda parte que confire valor xurídico á Carta dos
Dereitos Fundamentais; condiciona calquera intervención militar ao impulso de misións de paz e, respectando os compromisos existentes dos Estados que forman parte da OTAN, une calquera participación activa ligada a este Tratado ao respecto previo da Carta das Nacións Unidas. Por certo, que non podo silenciar a contradicción en que caen algunhas forzas políticas que
argumentan este tipo de relación coa OTAN para pedir o NON á Constitución Europea e que, sen embargo, acaban de votar favorabelmente uns orzamentos xerais do Estado que acrecentan nun 4´6% a dotación dun Exército español que é parte deste organismo. Tampouco me parece demasiado coherente recomendar o NON negando o notabel aumento de poderes do
Parlamento Europeo, ou as vias que fican abertas á participación das rexións con poderes lexislativos ou a un posíbel recoñecemento do catalán, a constitucionalización da economia social de mercado e o desenvolvemento sustentábel. Pero quizais dúas das maneiras que mais difícil fan xustificar o NON son os avances na democracia participativa e o dereito á iniciativa popular, que ofrecen novos instrumentos de acción cidadán para seguir avanzando

O proceso de construcción europea non pode ser lido con ollos “provincianos”, se non se quere perxudicar os própios intereses da “província”. É certo que fica ainda moito camiño por percorrer e que é necesário camiñalo non só sumando todos os esforzos políticos e institucionais se non coa comprensión e o compromiso de todos os cidadáns. Por iso, quizais o pior que se pode facer, ainda que sexa desde a boa fé, é tentar substituir os necesários pasos adiante pola ilusión estéril de dar saltos no baleiro, contribuindo, na prática, a xerar desinterése e distanciamento nos principais protagonistas da Constitución Europea, os cidadáns. Desgrazadamente, todas as enquisas cadran en dicir que ao redor do 90% dos consultados ignoran os contidos básicos da Constitución, ainda que a disposición a votala positivamente é amplamente favorábel, disposición que en moitos casos só conta como instrumento cunha intuición, froito dunha sólida convición europeista, feito que mesmo leva a veces a pronunciarse polo SI pese a que o partido político ao que viñeron dando o seu voto recomenda o NON. Esta sábia intuición non deixa de ser un feito positivo, pero hai que complementarla cun traballo responsábel de información, que obrigadamente en Catalunya deben encabezar, en primeiro lugar, as nosas instituizóns, o Parlament, o goberno da Generalitat e os concellos. O feito de que nestas instituizóns haxa posicións contradictorias non xustifica o seu siléncio. Deben asumir a súa responsabilidade de informar aos cidadáns, de xeito comprensibel, sobre os contidos fundamentais da Constitución, engadindo ao texto completo o pronunciamento público das organizacións sociais como son os sindicatos, o Consell Català do Moviment Europeu e a posición do Parlamento Europeo, entre outras En calquera caso, é fundamental que ninguén ignore que o 20 de febreiro estamos chamados a pronunciarnos sobre un acontecimento histórico, diante do cal a desinformación, o desintererese ou a descalificación sen alternativa suporian minimizar a nosa responsabilidade como cidadáns europeos.

Antoni Gutiérrez i Díaz

sexta-feira, fevereiro 04, 2005



DEZ RAZÓNS PARA VOTAR SI Á CONSTITUCIÓN EUROPEA.
Por Pedro Gómez-Valadés


1.- Foi aprobado por vintecinco xefes de estado da Unión Europea, e supón un paso cara adiante na construción política de Europa. Coa futura Constitución a Unión reforza a súa lexitimidade democrática. O Tratado outorga por fin personalidade xurídica á Unión Europea e, en consecuencia, tamén neste sentido amplía a súa dimensión política no mundo. O cal ten que ter como consecuencia un avance claro no camiño do multilateralismo e que representará un maior equilibrio internacional e un contrapeso da asfixiante hexemonía norteamericana.

2.- Como Tratado constitucional significa un paso histórico na construción política europea tras os tratados de Roma, da Acta Única Europea, de Maastricht, e de Niza. A non aprobación da Constitución europea suporía un paso atrás de consecuencias imprevisíbeis. De entrada, a Unión seguiría sometida ao Tratado de Niza, tratado que no seu día foi amplamente criticado desde a esquerda europea. E paréceme claro que unha nova negociación entre os vintecinco estados da Unión, se produciría mais en clave nacional que europea, producindo un resultado previsibelmente inferior ao produto dos debates da Convención europea por moitas carencias que esta tivera.

3.- A U.E. gaña en lexitimidade democrática xa refórzanse os poderes do Parlamento Europeo, convertendo a codecisión Consello-Parlamento na regra habitual, á vez que reduce a unanimidade á excepción á regra Teñamos tamén en conta que a UE reforza os órganos máis xenuinamente europeos, como son a Comisión e o Parlamento, fronte ao Consello de Ministro que non deixa de ser a representación dos estados.

4.- Dáse valor xurídico vinculante á Carta de dereitos fundamentais, o cal representa sen dúbida unha mellora na protección dos dereitos fundamentais dentro da UE. Amplíanse as competencias europeas e con estas o poder de codecisión do Parlamento Europeo. Se progresa, especialmente, nas áreas de liberdades públicas, seguridade e xustiza.

5.- Tal e como afirma a resolución aprobada pola Confederación Europea de Sindicatos a futura Constitución, a pesar das súas carencias, a pesar de non avanzar sen dúbida todo o desexábel, recoñece dereitos de carácter social que en algúns estados membros non tiñan un tratamento claro e que supoñen unha substancial mellora na protección dos dereitos laborais das traballadoras e traballadores europeos..

6.- En relación ao contido cultural establécese máis un papel de coordinación que unha verdadeira política cultural europea. A Unión só ten por obxectivo fomentar a cooperación entre os Estados e, se é preciso, apoiar e complementar a acción destes no ámbito cultural. Isto resulta positivo cando se ten, como é o caso galego, competencias exclusivas derivadas do Estatuto de autonomía de Galiza.

7.- A UE gaña en capacidade de influencia no mundo. Non só crea a figura do Ministro de Asuntos Exteriores, tamén se crea un Servizo exterior e se reforza de maneira substancial as posibilidades da Política exterior e de seguridade. A nivel económico se establece a figura de Mister-Euro, figura que, actuará de feito como un ministro de economía europeo, e que representará a Unión perante instancias como o Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional ou o G-7 .

8.- A responsabilidade sobre o recoñecemento oficial do galego, contrariamente ao que se afirma desde algúns sectores, recae na lexislación española e na vontade do goberno español. Ao respecto a Constitución europea limítase a recoñecer como linguas oficiais da Unión aquelas que sexan oficiais nos estados membros. Xa que logo, o recoñecemento ou non do galego depende non da futura Constitución europea senón da Constitución española e da súa desexábel reforma. O día que o galego, o catalán e o vasco sexan recoñecidos como linguas españolas, isto é, como linguas oficiais do estado español, ao día seguinte en Bruxelas porán tradutores de galego, de vasco e de catalán.

9.- O Tratado outórganos, como nación, unha serie de dereitos, ao incorporar na Carta dos dereitos fundamentais o recoñecemento á diversidade de culturas e linguas de Europa. Afirmase que a Unión respectará a súa diversidade lingüística e cultural e velará pola súa conservación e o desenvolvemento como patrimonio cultural común europeo.

10.- Algunhas das principais aspiracións do nacionalismo galego como son a participación directa da Xunta nos órganos da Unión, capacidade para dirixirse directamente ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea ou que Galiza sexa circunscrición electoral europea, dependen da normativa española e nada teñen que ver coa futura Constitución europea.

Pedro Gómez-Valadés

sábado, janeiro 29, 2005



EL BOBO

Por Manuel Rivas

EL PAÍS - Última - 29-01-2005

Tengo una confianza casi ilimitada en la ley de la causalidad mágica. Creo que, como dice la Edda islandesa, la primera y la segunda palabra te llevarán a la tercera. En Viena, el emperador decide firmar un decreto de persecución de los hebreos. La noticia corre de jinete en jinete y llega a una lejana aldea de la Galitzia polaca. Allí, un escribano judío intenta escribir una carta para alertar a más gente. Nervioso, se le cae el tintero. Justo a esa hora, en palacio, el mperador se tiene que levantar de la silla ofuscado. Al tomar la pluma para firmar, se le ha derramado la tinta sobre el decreto y, lo que es más importante, en la entrepierna. A los incrédulos les invito a pensar en un episodio más reciente. En Buenos Aires, una mujer se pone una pañoleta blanca en la cabeza. Y otra mujer se pone otra. Y otra, otra. Y otra. Las ignoran. Las tratan como espectros. En cierta forma, lo son. Su presencia es el recuerdo de la muerte. Las madres de las pañoletas giran y giran en silencio en la plaza de Mayo. Ese trazo tenaz tiene un sentido: pone al descubierto el gran cráter. Cada pañoleta blanca empezó a verse como un sumario abierto contra los criminales que usurparon la nación. Fue así como una pañoleta acabó con una dictadura. Pero la ley de la causalidad mágica ofrece a diario manifestaciones mucho más
vulgares y cómicas. Escucho en la emisora del Santo Oficio a uno de sus intelectuales más moderados: "Mamarrachos, tontos, bobos, que sois todos unos bobos" (sic). Como pueden comprobar, también aquí se cumple el precepto de que la primera y la segunda palabra te llevarán a la tercera. Al principio, creí que se trata de un saludo original, una especie de alegre convocatoria. Tras muchos fracasos haciendo humor tradicional, los hermanos Marx se labraron
así una reputación, insultando a los espectadores. Pero no, están hablando en serio. De repente, se abre una puerta en el transistor y aparece uno de ellos. Es clavado al hombrecito de Roswell, aquel primer extraterrestre de Nuevo México. ¿Qué hacer? Nada de sonrisas ni de buen rollo. Es algo que les pone furibundos. "Bobo, ¡hay que votar no!", me espeta. "Adiós, señor Roswell", le contesto. Ha resuelto mis dudas sobre la Constitución europea. Votaré sí por humano
instinto de conservación. ¿Ven cómo funciona la causalidad mágica?

quarta-feira, janeiro 26, 2005

ARREDOR DE EUROPA

Antonio Arauxo Quintas.


O vindeiro 20 de febreiro a cidadanía galega, como a do resto do Estado, terá que dar resposta en referendo á seguinte pergunta: “Aproba o Tratado polo que se insitúe unha Constitución para Europa?”. Se ben o debate sobre o posicionamento ante esta pregunta aínda non chegou ao conxunto da sociedade, xa se está a dar no seo das organizacións políticas europeas, proceso ao que o nacionalismo galego non é alleo.
A aprobación dunha Carta Constitucional europea marca un fito senlleiro na construción dunha Europa unida despois de séculos de tortuosas relacións e con grandes traxedias no seu haber. Se até agora através de diferentes tratados (Roma, Acta Única, Maastritch, Amsterdán ou Niza) o único que se fixo foi a configuración dun mercado e moeda únicos, o Tratado Constitucional, coas súas carencias e defectos, é o primeiro intento serio a prol da construción política de Europa.

Partindo dunha análise rigorosa non nos debemos confundir á hora de abordar o noso posicionamento sobre a Constitución Europea, isto é, non temos que mesturar o que foi a Unión Económica e Monetaria (UEM) e o noso posicionamento en contra polo que supuxo para Galiza: reconversión industrial (onde estaban e están o PP e o PSOE?), cotas lácteas, recurtes pesqueiros, a negación do dereito básico a producir, vivir e traballar na Nosa Terra.... coa oportunidade que temos diante nosa de avanzarmos na construción política dunha Unión Europea máis democrática. Así mesmo, sería un erro pretender desviar cara a Europa aquelas cuestións pendentes, que só está na nosa man resolvelas, cuentións que é aqui onde hai que traballalas. Un exemplo: a lingua galega será oficial na Unión Europea cando tamén o sexa no Estado Español. Polo demais, Europa acabará sendo o que os europeos e as europeas decidamos.

O nacionalismo galego, vanguarda de modernidade política e integrante do movemento europeísta, non pode deixar de recoñecer que o proxecto constitucional reforza a estrutura máis política da Unión de cara a convertela nun polo de equilibrio fronte á forza política, económica e militar dos EE.UU. nunha orde mundial unipolar como a actual. Consolida a cidadanía europea con dereitos fundamentais e liberdades para todos (civis, sociais, culturais e medioambientais) non garantidos noutras latitudes como por exemplo nos EE.UU., aposta por unha política internacional de Paz, de prevención dos conflitos como o do Iraq, e pola promoción dun sistema internacional baseado nunha cooperación multilateral máis forte fronte ao modelo de Bush, ou pola defensa do chamado modelo social europeo ou do Estado do Benestar. Dito isto, un SI ao proxecto constitucional é tamén un SI de compromiso con Galiza e por un mundo máis xusto.

Que pasaría se a Constitución Europea sae derrotada nalgún(s) dos referendos?, Quen gañaria máis? A “esquerda” europea ou os euroescépticos obxectivamente pro-americanos?.
O debate interno ao que estamos a asistir está a discorrer nun clima de cordialidade e de respecto pola democracia interna envexábel comparado coas loitas internas de poder de outros en retirada. É por iso que está fóra de lugar calquera tipo de inxerencia descualificadora desde a dirección do BNG sobre o debate que estamos a ter neste momento na base, e máis tendo en conta que aínda non está tomada unha posición definitiva.
A militancia do BNG saberá, como en tantas outras ocasións, estar á altura das circunstancias, sabendo antepor os intereses de Galiza aos da organización. Así o fixemos na loita contra a maré que nos asolou hai dous anos e asi o debemos facer agora para non dar un perigoso paso atrás.

Antonio Arauxo Quintas
Deputado Provincial polo Bloque Nacionalista Galego e Portavoz Municipal en Gondomar.Membro da Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista.

domingo, janeiro 09, 2005

Constitución, diversidad y desarrollo sostenible: una reforma inacabada
Por Josu Ortuondo, diputado al Parlamento Europeo por EAJ-PNV


La Constitución europea, un instrumento necesario

El fracaso del Consejo Europeo de diciembre de 2003 que debía haber legitimado definitivamente el proyecto de Constitución Europea ha sido enmendado por el vuelco político habido en el Estado español tras las recientes Elecciones Generales del 14 de marzo. Esto ha quedado patente en la última Cumbre Europea de los días 25 y 26 de marzo que se ha comprometido a aprobar dicho proyecto de Constitución antes de la próxima reunión comunitaria de Jefes de Estado y gobierno, prevista para mediados de junio. Además, se ha demostrado que las meras negociaciones intergubernamentales no son suficientes y que siempre es mejor, para abordar las grandes cuestiones trascendentales, el método practicado por la Convención sobre el futuro de la Unión, es decir, un trabajo democrático profundo de diálogo, por un lado, entre gobiernos, Parlamento Europeo y parlamentos estatales y, por otro, con las partes sociales, económicas y medioambientales. El proyecto de Constitución Europea representa una prueba fundamental no solamente por su contenido, sino también por lo que supone su método de elaboración y aprobación. Tenemos que ser rigurosos y exigentes, pidiendo que el acuerdo en el Consejo Europeo de junio no suponga un retroceso con respecto al proyecto constitucional elaborado por la Convención.

Una revisión con plazos concretos

El mandato que dio el Consejo Europeo de Laeken a la Convención encargada de redactar el proyecto de Constitución (diciembre de 2001) hablaba de las cuestiones institucionales, del papel político de la Unión Europea en el mundo, de una mayor integración de algunas políticas (asuntos exteriores, defensa, justicia, integración económica) y de la intensificación de la cooperación en la inserción social, el medio ambiente, la salud y la seguridad alimentaria. La Convención ha trabajado mucho sobre los aspectos institucionales interestatales, pero no quiso entrar en la diversidad intraestatal, en el reconocimiento de otros niveles culturales, lingüísticos e identitarios, no quiso abordar una arquitectura institucional en la que tuvieran un lugar las naciones históricas con competencias legislativas (como Euskadi) ni quiso analizar de manera sistemática y para su posible reformulación, los capítulos políticos (como los de agricultura, transportes, cohesión, cooperación e investigación y desarrollo), debido quizás también a la ambigüedad del mandato recibido. Todo ello ha supuesto una carencia importante que tendrá que convertirse en la siguiente tarea de quien se encargue, pasado no mucho tiempo, de abordar de nuevo el texto constitucional para mejorarlo. Muchos de los capítulos políticos, tal y como aparecen en el proyecto constitucional, son anticuados y se oponen a los objetivos de desarrollo sostenible y protección del medioambiente. El capítulo sobre “agricultura”, por ejemplo, sigue definiendo el “crecimiento en la productividad agrícola” como objetivo clave de la Unión, sin mencionar la necesidad del desarrollo sostenible en zonas rurales y manteniendo esa contradictoria definición con los numerosos excedentes de producción de muchos productos agrarios. El capítulo sobre la Política Comercial Común sigue considerando la liberalización del comercio como un objetivo en sí mismo, en lugar de un medio para promover el desarrollo y el bienestar sostenible. Y lo mismo ocurre con otros capítulos.

Por ello, La Unión Europea debería dotarse, cuanto antes, de un calendario de revisión “con plazos concretos” de estos capítulos. El proyecto de Constitución ya prevé unos mecanismos de revisión que dan al Parlamento Europeo, además de a la Comisión y a los gobiernos de los Estados, el poder de presentar propuestas de enmienda al texto constitucional e identifica las Convenciones como el instrumento más apropiado para dichas revisiones. El Consejo sólo podrá evitar el método convencional si el Parlamento se lo autoriza expresamente en los casos de escasa relevancia de las modificaciones que se pretendieran. Los Verdes y los representantes de las Naciones sin Estado europeos opinamos que también es necesario eliminar el derecho a veto de los Estados miembros en el procedimiento de revisión de la Constitución, y asociar plenamente al Parlamento Europeo en el proceso de ratificación.

Las futuras revisiones representarán una tarea difícil, pero a su vez inevitable, debido al enfrentamiento que se producirá con los grandes intereses económicos o privilegios consolidados, así como el cambio de paradigmas y mentalidades que implicará la integración de la dimensión del desarrollo sostenible en su redacción. El debate sobre la energía nuclear fue un ejemplo de ello. En diferentes ocasiones, en el marco de los trabajos de la Convención – y también durante la Conferencia Intergubernamental, foro en que se trató una propuesta de la hoy ministra en funciones Ana Palacio -, se intentó incorporar a la Constitución, sin debate y sin modificación alguna, el Tratado de la Comunidad Europea de la Energía Atómica; en todos los casos los intentos fracasaron, por lo que, si bien no se consiguió que se revisara EURATOM, por lo menos se ha evitado su plena integración, tal cual, en la carta constitucional. EURATOM tiene, por lo tanto, personalidad legal separada, y eso permitirá a los Estados revisarlo o abandonarlo sin que esta decisión tenga repercusiones sobre la asociación a la Unión.

Afortunadamente, y como reconoce el G-8 de las grandes organizaciones medioambientales europeas, se ha evitado que el texto constitucional retrocediera con respecto a lo que dicen los Tratados de la Unión en materia de medio ambiente, lo cual ha sido un éxito importante en tiempos de floja sensibilidad medioambiental o de reciente “reinstauración de sentimientos anti-ecológicos” en estados como España o Italia.

Una Convención para el desarrollo sostenible y la diversidad

¿Qué queda por hacer? Primero, salvemos el proyecto de Constitución del naufragio, y a partir de la entrada en vigor del mismo, tratemos de activar las cláusulas de revisión sobre todos los capítulos que queramos mejorar. Quedarse sin Constitución significaría quedarse sin los avances logrados en la definición de los nuevos objetivos y con la herencia pesada de los Tratados actuales, redactados desde una concepción exclusivista de los Estados y en tiempos de crecimiento económico cuantitativo sin límites y de ilusiones de resolución neo-liberal de los conflictos socio-económicos.

El modelo de la Convención ha demostrado ser más democrático y abierto que el de las Conferencias Intergubernamentales, por lo que tendrá que ser reforzado, asociando organizaciones culturales, lingüísticas, interregionales, sociales, económicas y medioambientales al diálogo. Incluso podríamos imaginar una verdadera Convención ad hoc para integrar la sostenibilidad y la diversidad intraestatal en todo el texto constitucional, completando así el trabajo dejado a medias por la reciente Convención.

sexta-feira, janeiro 07, 2005


OS DEREITOS HUMANOS NA CONSTITUCIÓN EUROPEA.
Por Antonio Chifra

Axencia de Información Solidaria (AIS).

A Unión Europea (UE) xa ten Constitución. A tarefa non foi fácil: durante ano e medio a Comisión (órgano encargado do proxecto) traballou para pór de acordo a 28 países dispares: grandes, pequenos, atlantistas, europeístas... A falta do previsíbel visto bo definitivo dos Gobernos da UE, o texto será aprobado en Roma en decembro deste ano.
Os debates sobre o texto final xiran en torno ao reparto das cotas de poder. É dicir, ao número de representantes de cada Estado nas distintas institucións da Unión. Estas discusións eclipsaron case por completo un dos puntos mais interesantes do proxecto constitucional: os dereitos humanos na UE. "A Unión se fundamenta no respecto á dignidade humana, a liberdade, a democracia, a igualdade, o Estado de dereito e o respecto aos dereitos humanos", valores de "unha sociedade caracterizada polo pluralismo, a tolerancia, a xustiza, a solidariedade e a non discriminación", reza o texto constitucional. Esta retórica declaración de intencións seria intranscendente de non ser polo artigo 58, segundo o cal "se suspenderá aos Estados membros en caso de grave risco de violación" destes valores. deste modo fica asegurado o seu futuro cumprimento.

O verdadeiro avance en materia de dereitos humanos é a incorporación da Carta de Dereitos Fundamentais da UE, unha das grandes novidades da Constitución. A súa importancia radica en que concreta en deberes puntuais a anterior sucesión de valores abstractos.

Por exemplo, o segundo artigo da Carta segura que "toda persoa ten dereito á vida. Ninguén poderá ser condenado á pena de morte nin executado". Actualmente ningún país membro nin aspirante ao seu ingreso no UE ten legalizada a pena capital. De feito, Turquía (país sen data concreta de incorporación pero que se espera que tarde ou cedo forme parte da Unión) viuse obrigada a ilegalizaría hai uns anos para poder manter as súas aspiracións europeístas. A función deste artigo é, portanto , evitar involucións. Ningún membro da UE poderá aplicar a pena de morte sen ser expulsado.

Asimesmo, impide aos Estados europeos extraditar a quen "corra grave risco de ser sometido á pena de morte". Este punto xa xerou polémica con Washington con motivo da "guerra contra o terrorismo" da Administración Bush. Distintos países europeos negáronse a extraditar a Estados Unidos a presuntos participantes no 11-S detidos no seu país sen garantías de que non serian condenados a morte. Todo indica que seguirá sendo motivo de tensión co outro lado do Atlántico.

Outro artigo importante é o cuarto: "ninguén poderá ser sometido a torturas ou tratos inhumanos ou degradantes". Novamente todas as olladas se dirixen a Turquía, país con un importante número de denuncias de torturas, en especial á minoría kurda. neste sentido, de entrar na UE, Ankara tamén vulneraria o artigo 22, que reza que "a Unión respectará a diversidade cultural, relixiosa e lingüística".

A igualdade entre sexos está protexida en numerosos parágrafos do texto constitucional: "A igualdade entre homes e mulleres será garantida en todos os ámbitos", "en todas as súas actividades a Unión fixarase o obxectivo de eliminar as desigualdades ente o home e as muller", etc. O problema neste caso é de competencias. A política laboral defínea cada Estado, non a UE, polo que o prometedor artigo 103 apenas muda nada. Define que "homes e mulleres que desenvolvan un traballo de igual valor teñan as mesmas retribucións", pero encarga aos Estados que "garantan" este dereito. Até o momento os Gobernos europeos carecen de medios ou vontade suficiente para erradicar totalmente esta flagrante desigualdade.

A Constitución contén outros artigos loábeis que van desde o fomento do desenvolvemento sustentábel e a erradicación de todo tipo de discriminación (racial, étnica, relixiosa, ideolóxica, por discapacidade, idade ou orientación sexual), pasando polo dereito ao traballo, á folga e á protección ante un despido inxustificado até chegar á protección aos menores a expresar libremente as súas ideas e aos maiores a levar unha vida digna e independente. É precisamente a palabra "dignidade" a que abre a Carta de Dereitos Fundamentais da UE: "A dignidade humana é inviolábel. Será respectada e protexida".

A mera inclusión dos dereitos humanos na Constitución Europea non implica por si mesma a súa protección. Pero a súa presenza nun texto legal de tamaña importancia dota ao cidadán europeo dun instrumento para exixir o seu cumprimento. A partir de agora será misión dos Gobernos da UE asegurar a súa estrita aplicación. E dos cidadáns da Unión vixiar que a súa Constitución nunca fique en papel mollado e os seus dereitos formais o sexan tamén reais.


Antonio Chifra
Axencia de Información Solidaria (AIS).



quinta-feira, dezembro 09, 2004


DO GALEGO E DA CONSTITUCIÓN EUROPEA.
Por Pedro Gómez-Valadés


Que representa para o noso idioma a entrada en vigor da Constitución europea? Muda en algo a situación ou o estatus do galego nas institucións comunitarias? Calquera reflexión ao respecto non pode pasar por alto un feito singular e altamente simbólico. Cando Camilo Nogueira, eurodeputado polo BNG na pasada lexislatura, empregou o idioma galego nas súas intervencións no Parlamento Europeo, demostrou así que é posíbel comunicarse e facerse entender en Europa facendo uso oral da nosa lingua; porque os tradutores e intérpretes non tiveron problema ningún, para trasladar as palabras do eurodeputado a outras linguas da Unión. Camilo Nogueira utilizou o galego no Parlamento Europeo como lingua de comunicación e como lingua de traballo. Evidentemente o noso obxectivo ten que ser acadar un recoñecemento “sen trampas” o máis amplo posíbel do noso idioma en Europa. Pero de xustiza é recoñecer o enxeño de Camilo Nogueira no Parlamento de Estrasburgo.

Mais falando de símbolos.

Non é fácil abstraerse do forte caracter simbólico que ten a lingua cando queremos abordar a situación en que fica o noso idioma no novo escenario europeo. Novo escenario que sen dúbida se nos abre coa desexábel e previsíbel aprobación do Tratado da Constitución europea. No presente debate “constitucional”, unha das cuestións máis ferintes a simple vista é o evidente agravio comparativo que supón que menos de 400.000 malteses vaian ter máis peso que case 3 millóns de galegofalantes. É evidente a inxustiza que isto representa. Mais fagamos un esforzo de obxectividade, esquezamos o que representa o noso idioma como bandeira de facto da nosa identidade, e deteñámonos un intre a reflexionar sobre o relativo peso, ao meu ver, que poida ter na actualidade, para unha lingua na situación da nosa, un estatus burocrático de oficialidade en Europa. Sen ir máis lonxe, aí temos o caso do gaélico. Ser unha das linguas oficiais de Irlanda non impediu a súa práctica desaparición como lingua de uso cotián. Mais unha vez, estamos ante unha cuestión cunha fortísima carga simbólica. Non nego por suposto a grande importancia dos símbolos; pero, entendo que o método correcto debe ser cando menos confrontalos coa crúa e fría realidade. O noso obxectivo na procura da normalidade, ten que ser conseguir que o idioma galego sexa un instrumento útil de comunicación no noso país. A constante sangría, a dramática perda de galegofalantes, a cada vez máis difícil reversibilidade na ruptura da transmisión familiar, son os datos a ter en conta. A efectiva e real oficialidade, entendida como normalidade, do galego na Galiza. Esta é a cuestión. O rotundo fracaso das políticas lingüísticas levadas até agora pola Xunta de Galiza, fan máis urxente se cabe precisar con nitidez os nosos obxectivos.

Mais cal é a situación das linguas na Unión Europea?

No Tratado constitucional e en relación aos contidos culturais establécese máis un papel de coordinación que unha verdadeira política cultural europea. A Unión só ten por obxectivo fomentar a cooperación entre os Estados e, se é preciso, apoiar e complementar as accións destes no ámbito cultural. Isto resulta positivo cando se ten, como é o caso galego, competencias exclusivas derivadas do Estatuto de autonomía de Galiza. Afirmase que a Unión respectará a súa diversidade lingüística e cultural e velará pola súa conservación e o seu desenvolvemento como patrimonio cultural común europeo.

Na Unión Europea recoñécense tres niveis de linguas. Un primeiro nivel de lingua, en que están todas as do Tratado en virtude do recoñecemento oficial de que son obxecto nos seus respectivos estados, linguas estas que poden ser empregadas por calquera cidadán para se dirixir ás institucións comunitarias, co conseguinte dereito a recibir resposta nesa mesma lingua -na Eurocámara e no Consello hai 20 linguas oficiais. Un segundo nivel de linguas correspondería ás que serven de vehículo cotián de comunicación nas sesións dos órganos da Unión. Son as coñecidas como linguas de traballo. As linguas de traballo máis habituais na Comisión son o inglés, o francés e o alemán, en detrimento das demais. E finalmente a Constitución europea incorpora un terceiro nivel lingüístico, que se refire aos idiomas aos que poderá ser oficialmente traducido o texto do Tratado, certamente con valor máis simbólico que real. O galego estaría situado neste terceiro nivel. Sendo realistas, o galego non pode aspirar a ser unha lingua de traballo. Mais é lexítimo pretender que sexa unha das linguas oficiais ou de Tratado No art. II.41.4 da Constitución europea dise que os cidadáns europeos teñen dereito a se dirixir ás institucións europeas na súa lingua e a recibir resposta nesa mesma lingua. Un cidadán galego, nun marco institucional como o europeo comprometido co respecto á igualdade e á diversidade lingüística, debería ter os mesmos dereitos que un cidadán de fala española, francesa, maltesa ou lituana. Sería un bo xeito de facer efectivo o principio de non discriminación por razón de lingua que proclama a propia Constitución europea no seu art. II.21.2. Chegados a este punto é obrigado indicar e reivindicar o recoñecemento do galego no conxunto do Estado español, o cal abriría o seu recoñecemento oficial en Europa. Ao respecto a Constitución europea limítase a recoñecer como linguas oficiais da Unión aquelas que sexan oficiais nos seus respectivos estados Así de simple, se da previsíbel reforma da Constitución española sae un recoñecemento oficial do galego, o vasco e o catalán, ao día seguinte en Bruxelas porían tradutores de galego, de vasco e de catalán. Trasladar o contencioso do pleno recoñecemento do noso idioma á Constitución europea é un demagóxico exercicio de manipulación interesada da realidade.

O Memorando presentado polo Estado español.

Forzado máis que posibelmente pola súa insuficiente maioría parlamentar, e xa que logo obrigado a gañar o maior consenso, tanto na vida doméstica española, como nas previas ao referendo de ratificación previsto para febreiro de 2005, o Goberno do Estado presentou o 13 de decembro de 2004 perante as autoridades comunitarias, un texto, chamado oficialmente Memorandum del Gobierno español. Solicitud de reconocimiento en la Unión Europea de todas las lenguas oficiales en España. Que aínda que insuficiente, pode representar un paso importante na procura dun recoñecemento real ao carácter plurilingüe do Estado español, e consecuentemente outorgaría ao idioma galego un maior rango lingüístico na Unión Europea. Na súa introdución e xustificación o devandito memorando afirma entre outras cousas: “A Constitución española, no seu artigo 3, recoñece así, que as linguas españolas distintas do castelán serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

Trátase de linguas vivas no máis pleno sentido da expresión, que son amplamente utilizadas por varios millóns de cidadáns (unha cuarta parte dos españois utilízaas con regularidade na súa vida cotiá) e teñen a condición de linguas oficiais das Administracións Públicas (estatal, autonómica e local) nas súas relacións entre si e cos particulares, con plena validez para os efectos xurídicos. Constitúen, así mesmo, a lingua vehicular do ensino nos colexios e as universidades de boa parte do territorio nacional. Son linguas, ademais, que contan cunha gran tradición literaria, que está a coñecer nas últimas décadas momentos de particular esplendor. Son linguas, finalmente, de uso habitual nos medios de comunicación, como a radio, a televisión ou a prensa escrita.

O Goberno español considera que a Unión Europea non pode permanecer allea a esta realidade. Nesta nova etapa da construción europea, que simboliza o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa, é necesario achegar Europa e as súas institucións aos cidadáns: os homes e mulleres de Europa teñen que sentirse parte do proceso de integración. Movido por esta convicción e en aplicación do disposto no artigo IV-448 do citado Tratado, o Goberno español entregou ao Secretario Xeral do Consello, o 4 de novembro de 2004, as traducións oficiais do Tratado ás tres versións lingüísticas que transmitiron as Comunidades Autónomas concernidas (País Vasco, Galicia e, finalmente, Comunidade Valenciana e Cataluña, en nome tamén da Illas Baleares)”.

Que debe significar esta modificación na práctica?:

A aprobación polo Consello da reforma proposta no Memorando permitiría un uso indistinto polos cidadáns de calquera das linguas que teñan carácter oficial no Estado español, nas súas comunicacións escritas coas institucións (Parlamento Europeo, Consello, Comisión, Tribunal de Xustiza, agás para as comunicacións relacionadas co exercicio da función xurisdicional, e Tribunal de Contas) e órganos consultivos da Unión (Comité das Rexións e Comité Económico e Social), así como co Defensor do Pobo.

Posibilitaría tamén a utilización de ditas linguas, previa petición formulada con antelación, (fálase no Memorando de 7 días) nas intervencións orais nas sesións plenarias do Parlamento Europeo e do Comité das Rexións e, no seu caso, nas sesións ministeriais formais do Consello (en particular cando forme parte da delegación española algún representante das Comunidades Autónomas con lingua de seu).

Por último a aprobación do Memorando obrigaría á publicación oficial en galego, vasco e catalán dos textos legais finais adoptados por procedemento de codecisión entre o Parlamento Europeo e o Consello. Por outra banda mencionar tamén que na Declaración de Edimburgo, asinada o 30 de novembro de 2004, e como remate e conclusión da Conferencia de Rexións con Poder Lexislativo na UE, faise un recoñecemento explícito do texto do Tratado no que respecta as linguas da UE, “o recoñecemento da diversidade cultural e lingüística entre os obxectivos da Unión Europea (art. I-3, par. 3); e fai tamén a Declaración de Edimburgo unha demanda, “dunha protección estábel das linguas que son oficiais nalgunhas rexións da UE”.

Resumindo. A situación da lingua galega nas institucións europeas ao abeiro da súa primeira Constitución melloraría sensibelmente. Non estamos evidentemente, nunha estación término, o proceso aberto de construción europea en que Galiza como nación europea debe estar firmemente inserida non fixo máis que comezar. E non é para min posíbel entender a miña galeguidade nin en consecuencia o meu compromiso co idioma galego, á marxe de Europa. Unha Europa que hoxe están a facer os estados pero na que o horizonte da Europa dos pobos se debuxa irreversíbel como consecuencia da propia complexidade continental europea. Non cometamos erros nas análises. O contencioso de cuxa resolución derivará ou non o recoñecemento do galego como lingua oficial da Unión Europea non está en Bruxelas nin en Estrasburgo. A “resolución do conflito” ten que darse en Madrid. Na Carrera de San Gerónimo. A normalización no uso do noso idioma en todos os diferentes planos non fica nin moito menos resolta coa desexábel aprobación por parte do Consello das modificacións propostas no Memorando para o Regulamento 1/1958 de réxime lingüístico da UE. Ninguén comprometido cun idioma galego normalizado no noso país pode dicir honestamente que no mellor dos supostos a situación do galego vaia ser a que demandamos, evidentemente non cumpre os nosos obxectivos. Mais si é un pequeno paso. Un pequeno paso na dirección correcta.

Pedro Gómez-Valadés
Director do Consello de Redacción de ENCLAVE


quarta-feira, outubro 13, 2004


A CONFEDERACIÓN EUROPEA DE SINDICATOS E A CONSTITUCIÓN EUROPEA.
Resolución aprobada polo Comité executivo da CES o 13 de outubro de 2004 e polo Consello Confederal de CC.OO. o 19 de outubro de 2004 1. A nova Constitución europea representa unha clara mellora con respecto aos tratados actuais que instituyen a Unión europea. É, con todo menos ambiciosa e menos eficaz que o proposto pola CES e queda por baixo das recomendaciones da Convención europea. Con todo facendo abstracción destas reservas e destas debilidades, o novo Tratado constitúe un paso adiante cara a un marco europeo mellorado e, ata sen terminar, merece e require o apoio da CES. Contexto 2. Ao día seguinte da adopción do Tratado de Niza en decembro de 2000, o Parlamento europeo criticou este compromiso e propuxo a creación dunha segunda Convención (a primeira redactou a Carta de Dereitos Fundamentais) co fin de facer avanzar a integración europea. Un ano máis tarde, en decembro de 2001, o Consello europeo de Laeken convocou a Convención europea sobre o futuro de Europa. Os Xefes de Estado e de Goberno encargaron a esta segunda Convención elaborar novas regras para unha Europa unificada co obxectivo de reforzar a democracia, a transparencia e a eficacia no seo dunha Europa ampliada pola simplificación dos procedementos e das estruturas de toma de decisión e pola reorganización dos tratados existentes. 3. A (segunda) Convención tivo as súas discusións -coa participación activa da CES-, de febreiro de 2002 a xuño de 2003, e preparou un proxecto de tratado establecendo unha Constitución para Europa. Chegouse a un amplo consenso na sesión plenaria do 13 de xuño de 2003 e presentouse na reunión do Consello europeo de Salónica o 20 de xuño de 2003: pártea I refírese aos valores, os obxectivos, as responsabilidades, os procedementos de tómaa de decisión, os instrumentos e as institucións; a Parte II contén a Carta dos Dereitos Fundamentais; a Parte III refírese ás políticas e a Parte IV aos métodos de revisión e os mecanismos que permiten abandonar a UE. 4. O cume europeo de decembro de 2003 non permitiu desembocar nun acordo, pero, o 18 de xuño 2004, os Xefes de Estado e de Goberno alcanzaron finalmente o acordo sobre a primeira Constitución da Unión Europea. A Constitución entrará en vigor cando todos os Estados membros ratificárona. Hai dous anos para facelo. 5. Este acordo é importante á luz da nova situación que se creou trala reunificación europea, realizada pola adhesión dos dez novos estados membros da UE en mayo 2004. Polos compromisos alcanzados no Tratado de Niza, que permitían aos Estados membros establecer mecanismos de bloqueo, a Unión Europea estaba permanentemente ameazada de parálisis. Existía o risco de ver á Unión Europea converterse nunha zona de libre intercambio rexida por un mínimo de regras comúns e volvendo as costas a unha integración con máis empuxe e a unha Unión política, económica e social. É o que incitou ao Parlamento europeo ? e un ano máis tarde, ao Consello europeo ? a instituir unha Convención encargada de redactar a Constitución. Avaliación dos resultados 6. Hai varios xeitos de evaluar a nova Constitución. Primeiro á luz das esixencias da CES; neste caso, está claro que non é totalmente satisfactoria. Segundo, é posible comparar a versión final co Proxecto da Convención europea. Aquí tamén queda claro que se introduciron regresións e restricciones e que a Conferencia Intergubernamental (CIG) deu marcha atrás. Pero en terceiro lugar, se se compara cos Tratados CE/UE actualmente en vigor no ?Tratado de Niza?, a CES está convencida que a nova Constitución é mellor e, para os sindicatos, a única postura pragmática e realista é apoiala. 7. A CES saudou o resultado da Convención europea. A Convención propuxo integrar a Carta dos dereitos fundamentais na Constitución e permitiu igualmente progresar nalgunhas cuestións sociais. Pola contra, a Conferencia intergubernamental non seguiu por este camiño e elixiu unha segunda vía. Este desenlace mostra limítelos do método intergubernamental, en comparación co procedemento máis aberto, máis democrático e transparente da Convención europea. 8. O Comité executivo dos días 9 e 10 de xuño 2004 aumentou a presión sobre os gobernos para que tomen a iniciativa, e, en vésperas do Consello europeo, a CES lanzou un último chamamento aos xefes de Estado e de goberno para que se avanzase nas cuestións sociais. Obtivéronse melloras menores (por exemplo unha referencia ao cume social tripartita), pero finalmente, os xefes de Estado e de Goberno puxéronse de acordo nun denominador común por baixo do redactado na Convención. O veto nacional sobre a política fiscal, ata en materia de loita contra a fraude fiscal transfronterizo, foi restablecido. 9. A parte máis innovadora da nova Constitución é pártea I, que foi obxecto de debates intensos durante 18 meses e proporciona un novo marco de acción á Unión Europea logo da unificación de Europa. De xeito xeral, obtivéronse avances: - importantes obxectivos, principios e valores (como a solidariedade, a igualdade, a non discriminación, a igualdade entre homes e mulleres, etc.) serán reforzados; - as capacidades de bloqueo serán reducidas pola abolición do veto nacional en certas áreas; - a codecisión (entre o Consello de ministros e o Parlamento, en pé de igualdade) será o procedemento legislativo normal; - concederanse novos poderes ao Parlamento europeo en materia de lexislación e de orzamento anual da UE (incluíndo a Agricultura) - a UE adquire unha personalidade xurídica única; - o novo Presidente do Consello europeo será elixido por dous anos e medio, o que dará máis visibilidad á súa función e reforzará o seu papel de coordinación; - presidencias colectivas de 18 meses remplazarán a presidencia rotatoria de seis meses o que debería, así o esperamos, garantir unha maior coherencia nas actividades; - crearase o posto de Ministro Europeo de Asuntos Exteriores para que a UE poida falar cunha soa voz e xogar un papel máis visible no escenario internacional; - instaurarase un novo sistema de voto de ?dobre maioría? (de Estados e de poboación, a Convención propuxera 50% dos Estados membros e o 60% da poboación, pero a CIG aumentou estas porcentaxes a 55 e 65 respectivamente, engadindo, desafortunadamente, un gran número de disposicións complementarias, de mecanismos de seguridade e de excepcións, compensadas en parte pola posibilidade de instaurar cooperacións reforzadas entre aqueles Estados membros que o desexen); - os símbolos europeos (como a bandeira, o Himno á Alegría, divísaa ?Unida na Diversidad? e o euro ? que é máis que un símbolo?) estarán inscritos no texto; - un conxunto simplificado de instrumentos legais: as leis europeas e as leis marcos europeas substituirán as directivas e os reglamentos, etc. 10. En comparación co Tratado de Niza, e nunha perspectiva máis específicamente social, a nova Constitución europea marca certos avances: - a nova Constitución europea recoñecerá específicamente o papel dos interlocutores sociais e do cume social tripartita; - la ?economía social de mercado? e o ?pleno emprego? figurarán entre os obxectivos da Unión (no Tratado de Niza, os términos son ?economía de mercado aberta? e ?emprego elevado?), así como a promoción de la ?xustiza social?, la ?solidariedade entre as xeracións? e a loita contra la ?exclusión social e a discriminación?; - a igualdade entre sexos será un valor da Unión; - a política social será explícitamente recoñecida como unha ?competencia compartida? e non só como unha competencia ?complementaria?; - a Constitución incluirá a Carta dos dereitos fundamentais (con importantes dereitos sociais), que será jurídicamente vinculante e poderase interpelar ao Tribunal europeo de Xustiza. A Carta reforza os dereitos fundamentais e dálles máis visibilidad, incluídos os dereitos sociais e sindicais; - intégranse na Constitución disposicións relativas ás políticas horizontales sobre medioambiente, protección dos consumidores, e integración da dimensión de xero, do mesmo xeito que unha cláusula social; - instáurase un fundamento xurídico para os Servizos de Interese Económico Xeneral; - incorpóranse ao Tratado novas posibilidades de coordinación económica no interior da zona euro incluíndo a posibilidade de poñer en marcha políticas fiscais comúns, por exemplo, taxas ?verdes? mediante voto por maioría cualificada; - xa non se require unanimidad para os temas de seguridade social dos traballadores migrantes; - a coordinación aberta será recoñecida como un instrumento de política social e industrial; a Comisión pode propoñer liñas directrices, en particular nas cuestións ligadas ao emprego, a lexislación laboral, as condicións de traballo, a seguridade social e a política industrial; - recoñécese aos cidadáns o dereito de iniciativa; se alcanzan a reunir un millón de firmas nun determinado número de Estados membros, terán dereito de pedir á Comisión que someta ao legislador unha proposta apropiada sobre cuestións nas que os cidadáns consideren que se impón un acto legal. 11. Está abofé que a CES e as súas afiliadas non alcanzaron todos os seus obxectivos. En calquera caso, obtivemos o máximo posible tendo en conta o contexto político, social e económico que prevaleceu durante os 18 meses de Convención e os 12 meses de CIG. Deste xeito a CES apoia a Constitución ? malia os seus límites ? porque as vantaxes que aporta aos traballadores e aos cidadáns son reais e constitúen sen ningunha dúbida unha mellora con respecto ás disposicións actuais. Durante o proceso de ratificación, a CES e as súas afiliadas continuarán subliñando a importancia do progreso mediante o reforzamento e a modernización do modelo social europeo e mediante o reforzamento da Europa social. Un rexeitamento da Constitución tería como efecto paralizar a UE durante un periodo indefinido e facerlle así o xogo aos numerosos oponentes da UE, que quererían vela debilitarse e non ter proxecto. A mundialización, o poder do capital multinacional e a necesidade de combater o neoliberalismo implican que os sindicatos e a sociedade civil necesitan unha UE en desenvolvemento e que se apoie en valores sociais fortes. A nova Constitución é imperfecta, algúns puntos son débiles, pero é a única que temos encima da mesa. Debe ser considerada como o punto de partida dun longo proceso, e non como o final. A CES e as súas afiliadas farán todo o que estea nas súas mans para garantir que este primeiro paso non é o último e que a Europa social en particular poderá realizar decididos progresos cara ao futuro. 12. En vistas a unha próxima revisión dos tratados, a CES está disposta a participar nunha futura (terceira) Convención e a presentar propostas concretas para fortalecer a Europa Social, os dereitos sindicais transnacionales, mellorar a coordinación económica e a gobernanza, introducir o voto á maioría cualificada na política social e fiscal, harmonizar a Parte III con Pártea I respecto ao compromiso de lograr o pleno emprego, a economía social de mercado e a cláusula horizontal, e actualizar as disposicións antigas. 13. No próximo periodo, a CES fará campaña para: - Pleno emprego, crecemento económico, desenvolvemento sostenible e xustiza social; - Dereitos transnacionales para traballadores e sindicatos; - Sistemas de diálogo social aceptables en todos os países da UE; - Servizos públicos dignos e estados de benestar de alta calidade; - Condicións laborais nos servizos baseadas no principio do país de destino e non no país de orixe; - Igualdade; - Ampliar as medidas constitucionais que desenvolvan a Europa social.