terça-feira, dezembro 02, 2008


Europa e a Memoria

"Noite e Néboa" é un imprescindible documental de Alain Resnais realizado en 1955 a partir de material cinematográfico e fotográfico incautado aos nazis. Con texto de Jean Cayrol (axudado na sombra por Chris Marker), música de Hanns Eisler e imaxe de Ghislain Cloquet e Sacha Vierny.
Este documental repasa con ironía, crudeza e, paradóxicamente, cunha grande delicadeza, as políticas de exterminio sistemático posto en marcha polo Terceiro Reich.
"Noite e Néboa" mostrou por primera vez o material que o exército nazi acumulou sobre o exterminio organizado, e unha das súas grandes virtudes é que puxo o dedo na chaga que ainda hoxe é controvertido: a responsabilidade colectiva, non só da sociedad alemá, senon de toda Europa e da humanidadw enteira, respecto ás atrocidades nazis. O título Nuit et Brouillard (Noite e Néboa) fai referencia ao Decreto Nacht und Nebel do 7 de decembro, asinado polo mariscal Wilhelm Keitel. Eis o Texto en español de Noite e Néboa

Sem comentários: