quarta-feira, dezembro 24, 2008


A Europa do "buen rollito".

O Channel 4 da TV británica escolle a Ahmadinejad como "alternativa á mensaxe de Nadal".

Mahmoud Ahmadinejad, presidente da República islámica de Irán, será a "alternativa á mensaxe de Nadal" do Channel 4 da TV británica. Dorothy Byrne, directora da sección de noticias de actualidade do Channel 4, comunicou esta decisión e afirmou: "estamos a ofrecer aos nosos televidentes a opción de coñecer unha visión alternativa do mundo". Esta "visión alternativa" do mundo é a que se expresa con intencións similares ás do antisemitismo máis virulento. Tamén é unha visión alternativa do mundo que está en contra dos gais e das lesbianas, dos cuministas e socialistas, da clase obreira, e que é profundamente anti liberal, anti democrática, anti secular e anti feminista. É unha mostra máis da crecente aceptación sen tapuxos do antisemitismo entre algúns sectores da esquerda europea que se autodefine como antirracista así como entre a opinión pública de Gran Bretaña, que considera factible a posibilidade de que Channel 4 convide a este home para tan prestixioso e importante espazo informativo.

Tirado de Safed-Tzfat

Sem comentários: