terça-feira, junho 17, 2008


Máis Europa
Por Miquel Roca Junyent
Artigo publicado no xornal La Vanguardia (17.06.08)
A pesar de todo: Viva Europa! O non irlandés foi un serio golpe para o proxecto da Unión; sería absurdo minimizalo. Pero o proxecto segue vivo e, entre todos, deberiamos ser capaces de relanzalo con novos ánimos e con entusiasmo. Todo isto soa a moito voluntarismo, é certo. Pero é que á marxe de Europa non existe para os europeos ningunha outra alternativa de futuro. Estamos a descubrir que Europa pesa pouco. Que as novas economías emerxentes arrinconan ao vello continente cara posicións secundarias e moi dependentes. Somos máis vulnerables do que criamos e, seguramente, menos importantes do que nos gustaría ser. Pero, precisamente por iso, debemos de avanzar no proxecto da unidade europea, porque se xuntos pesamos pouco, separados non somos nada. A Unión non pode nin debe ser un proxecto á marxe dos cidadáns. Nin pode ser -como estrañan os irlandeses- unha panacea milagrosa que resolva todos os nosos problemas. Nin, sobre todo, pode ser un instrumento do que un se sirva cando lle interesa e que se lle rexeita cando pode servir aos demais. Pero, para iso, os líderes europeos e especialmente a burocracia de Bruxelas deben facer comprender e explicar o que se propoñen e facer participar diso aos cidadáns. A Unión dá a sensación de ser un refuxio de tecnócratas caprichosos que ditan normas que só eles entenden e que as aplican coa máis absoluta das discrecionalidades. Seguramente, isto é inxusto. Non é así. Pero o semella; e os irlandeses dixeron non a todo isto. Debe seguirse adiante, pero tomando nota deste afastamento da Unión Europea e de Bruxelas dos problemas dos europeos. Está máis cerca Washington que Bruxelas; confíase máis no que desde alí se decida que sobre o que desde aquí poida facerse. Temos un euro moi forte; pero paradoxalmente esta é a nosa debilidade. Viva Europa! Si. Pero con liderado, con obxectivos; máis preto dos cidadáns europeos. O silencio dos que deberían falar e propor só reforza aos que, desde a burocracia, só pretenden xustificarse a si mesmos. Europa é moito máis que isto!

Sem comentários: