quinta-feira, junho 05, 2008

Dignificar o Parlamento Europeo


Foi con natural satisfación que recibín o apoio dos meus compañeiros da Comisión do Control Orzamentario para desempeñar as funcións de relator para as contas do Parlamento Europeo, cuxa aprobación ocorrerá en Abril de 2009. Na secuencia da divulgación parcial do traballo de auditoria interna sobre o funcionamento do sistema de pagamento das remuneracións dos colaboradores directos dos deputados europeos -apuntando fallos importantes de funcionamento ben como indicios de abusos pontuais do sistema- as contas parlamentarias pasaran a estar no centro das atencións. É case sempre así, só se consegue ser noticia polas malas razóns, e dígase en xustiza da verdade que os parlamentos, todos eles, son fonte permanente de desconfianza que ten plena xustificación no feito dos patróns do parlamento seren os cidadáns. Na realidade o Parlamento vive na base dun sen número de regras avulsas que resultaran da satisfación de equilibrios diversos entre os Estados membros mais que eivan significativamente o seu bo funcionamento e propician situacións que deberían ser evitabeis. O Parlamento Europeo ten tres sedes oficiais -Luxemburgo, Bruxelas e Estrasburgo- froito de equilibrios pasados de influencia e de intereses entre os Estados fundadores, mais en compensación non conseguiu nunca ter un estatuto propio para os seus membros consentaneo coa súa elección directa polos cidadáns e correspondente independencia fronte aos parlamentos nacionais de que emanou até hai tres décadas atrás. Se os deputados non teñen estatuto -son pagados polos parlamentos como se fosen deputados nacionais, aínda que non usufrutúen de todos os privilexios dese estatuto- os seus colaboradores menos aínda, sendo que son os deputados que son supostos ser a súa entidade patronal e actuar en conformidade. Para alén diso, dada a ausencia de estatuto europeo, foi creado un fondo de pensións voluntario longamente financiado polo orzamento europeo e que esixe contribucións particulares bastante elevadas no cal eu, por exemplo, non participo. As regras relativas a despesas xerais e a pagamentos de viaxes son, á súa vez, de interpretación ambígua e viñeron a constituír fonte permanente de críticas e desconfianzas. Despois dun proceso que demorou décadas, chegouse finalmente a un acordo en materia de estatuto de deputados que -se non houber máis derrapaxes de última hora- deberá entrar en vigor na próxima lexislatura, estatuto que está lonxe de ser o ideal, de aplicación por fases e con excepcións, mais que, desde o meu punto de vista, corresponderá sen dúbida a un importantísimo adianto. Trátase agora de saber se o mesmo acontecerá para os colaboradores dos deputados. Até aquí, ten sido Bélxica -país onde na práctica se sitúa a xeneralidade do noso traballo- quen ten trabado calquera solución, pola simple razón de que pensa que pode perder impostos e contribucións para a seguridade social se entrar un sistema europeo e non un nacional. Para alén diso, deber encerrar o fondo voluntario de pensións e deberán ser modificadas as regras relativas a viaxes e á chamadas despesas xerais. Saber se se vai ou non conseguir materializar este conxunto de transformacións é con todo unha incógnita, porque hai sempre a posibilidade de intereses particulares -tanto dentro do Parlamento como en calquera das institucións- arranxaren forma de descarrilar o marcha do proceso. Pola miña parte, agradezo a confianza que os meus compañeiros depositaron en min e vou tentar facelo o mellor posíbel para que as reformas previstas veñan todas a ser ben sucedidas, para que o Parlamento Europeo que virá a ter agora novas tarefas e responsabilidades poida estar á altura dos desafíos que afronta.

Estrasburgo, 2008-04-22

Sem comentários: