terça-feira, março 25, 2008


Repensar Europa dende Galiza

Por Manuel González López

Recentemente o Parlamento Europeo estivo de aniversario, 50 anos facía a que din é a única cámara de representación supraestatal de designación directa por parte da cidadanía.

A ninguén se lle escapa que o proceso de construción europea leva un par de anos en stand by, produto en grande medida do rexeitamento ao Tratado de Constitución Europea por varios dos países centrais na UE, países fundadores como Francia ou os Países Baixos. Neste tempo mesmo se produciron retrocesos e houbo quen aproveitou a parálise da Unión para recuperar espazos que, mal que ben, a Unión Europea fora quen de conquistar; falamos por exemplo do simpático presidente francés, e da política exterior da UE.Pero vaiamos ao que nos ocupa. Como se percibe Europa, a Unión Europea, dende Galiza? Pois ben, estritamente falando non hai visión contrutiva de Europa dende Galiza. A única percepción ten sido a dunha administración allea dende a que –sen un rol colectivo activo- recibíamos unha de cal e outra de area. No “debe” están as políticas que cada certo tempo incidían e inciden negativamente nos intereses galegos: agricultura, pesca, sector naval, etc. Obviamente o que máis debería pesar neste “debe” non son os efectos negativos en si, senón e sobre todo, a imposibilidade de codecidir sobre os mesmos dende o punto de vista colectivo, como galegos. No “haber” sería absurdo esquecernos dos fondos europeos, á volta do 6% dos ingresos orzamentarios galegos nos últimos exercicios, en grande medida destinados a investimento público. Mesmo o Euro, a pesares da súa asociación co incremento do custe da vida, é xa unha realidade incuestionábel que moitos cidadáns valoran positivamente pola estabilidade que aporta a aspectos que lles afectan directamente como son os tipos de xuro.Sen embargo e ao igual que na maioría dos países e estados europeos, non semella existir en Galiza unha vontade social forte e explícita de construir Europa. A responsabilidade aquí procede do xa moitas veces suliñado intento político de construír Europa unicamente de arriba a abaixo e non ao revés. É esta a grande asignatura pendente da Unión Europea xa que poucas políticas, quizais coa excepción dalgunhas iniciativas como o programa Erasmus, resultaron efectivas para levantar Europa dende as bases.Pero ao decisivo déficit anterior en Galiza úneselle outro con impronta propia que é necesario suliñar. No noso país falla tamén o compromiso político para con Europa.Os dous partidos de obediencia estatal están afectados do mesmo mal que os romanos lle supoñían ao río Limia, o mal do esquecemento. Cada vez que traspasan as fronteiras estatais os representantes destes partidos esquécense de Galiza, como imaxinario colectivo na construción europea, e substitúena polo imaxinario “España”, reforzando dese xeito o carácter estatal da UE. Este esquecemento actúa nos dous planos, no dos intereses materiais dos galegos, pero tamén no plano do aporte galego á construción europea.En canto ao nacionalismo galego o mal que lle afecta é de natureza distinta. A visión de Europa dende o nacionalismo galego está estancada nunha lagoa onde conflúe, por unha banda, unha visión antisistema do proceso de construción europea -no que son preponderantes os aspectos antisociais do mesmo- e pola outra, unha visión á defensiva ao respeito das políticas recibidas nos últimos anos. Ámbalas dúas correntes teñen a súa razón de ser e potentes argumentos, pero esquecen aqueles aspectos positivos que comprende a Unión Europea. A maiores, o nacionalismo galego contemporáneo, a diferenza dos seus predecesores e doutros do noso contorno, non foi quen de visualizar un elemento que debería ser estratéxico na súa acción. Eu resumiríao na seguinte frase: “case todo o que deba ou teña que facer o Estado pódeo facer Europa”.A idea de Europa necesita un impulso que se debe sustentar naqueles elementos que a maioría social europea considera positivos e que identifican a Europa no mundo. O primeiro, o modelo do Estado de Benestar, cuestionado polo Neoliberalismo pero cun fortísimo ancoraxe político e social, que é necesario defender e potenciar en todo o continente. O segundo, un modelo socioeconómico en xeral máis respectuoso co medio ambiente (e que nos saca as cores de cando en vez con multas e sancións de índole diversa). O terceiro, un contrapeso nas relacións internacionais aínda máis hipotético que real, pero necesario nun mundo amenazado polo unilateralismo e o desorde colectivo. Sería absurdo pensar que, dende o punto de vista institucional, se pode alcanzar neste último ambito un rol semellante dende Galiza ou España.Como galegos é posíbel contribuir a Europa sen tutelas de ningún tipo, unha contribución sustentada na nosa propia realidade nacional e que chega até onde saibamos pensar o noso propio país. Faise necesario repensar Europa dende Galiza e como galegos. Necesítao Galiza, como unha das vías naturais de apertura ao mundo; e necesítao Europa, como alternativa institucional ás grandes amenazas e problemas mundiais; alternativa imperfecta, por suposto, pero real e efectiva.


Artigo publicado en Vieiros

quarta-feira, março 12, 2008



Maldita Europa.

Xurxo Oro Claro
Unha vez máis, a Fundación Eugenio Granell fai agromar a pegada do Surrelismo na arte galega actual, nesta ocasión na figura do artista ourensano Xurxo Oro Claro.

Dende o comezo da súa andaina, a Fundación Eugenio Granell brindou o seu espazo a prestixiosos artistas galegos, que nun momento concreto do seu traballo, ou na totalidade da súa obra, sentiron unha forte vinculación coa ética e a estética do surrealismo. A proposta de Xurxo Oro na Fundación Eugenio Granell, creada ó abeiro da grande potencia do signo escultórico utilizado, brinda unha descarnada reflexión sobre a violencia creada na nosa contorna cotiá. O corpo humano e a súa fragmentación, é o vehículo plástico utilizado para crear esta mostra, cobrando na obra do artista entidade de idea estética en si mesma, e medio válido de transmisión de significado na actualidade. As sociedades xeradas polas democracias europeas no tempo do tardo capitalismo, a Europa da abundancia, preséntansenos como un corpo doente, lacerado por feridas abertas aínda sen estiña, como a criminalización da inmigración, a violencia de xénero, ou a violencia exercida contra a infancia, resultando pois a mostra, dende a fondura que caracteriza toda a obra deste artista, unha oportunidade única para reflexionar, dende a arte, sobre o noso tempo presente. Formada por varias instalacións, unha vídeo proxección, e tres series de fotografías, a mostra consta de tres partes perfectamente diferenciadas na montaxe da Fundación Eugenio Granell: unha instalación feita especificamente para o espazo do Pazo de Bendaña, e outras dúas instalacións que foron o xerme desta mostra, ambas baixo o título xenérico de Maldita Europa. O talante máis universalista das instalacións, contrasta coa especificidade das series fotográficas, que atinxen en concreto a lacras da sociedade contemporánea como a violencia de xénero, a violencia infantil ou a inmigración.

terça-feira, março 11, 2008



Un novo pacto entre Europa e Estados Unidos

Por Joschka Fischer

Moitos cidadáns e gobernos europeos, profundamente frustrados coas políticas do Goberno de Bush, confían en que haxa un cambio fundamental na política exterior estadounidense tras as próximas eleccións presidenciais. Pero sería necesaria unha milagre política de certas dimensións para que esas esperanzas non se vexan defraudadas, e todo indica que dito milagre non vai ocorrer, gañe quen gañe. O Goberno de Bush cometeu numerosos erros en política exterior, de consecuencias transcendentais. Pero Bush non inventou o unilateralismo de Wáshington nin causou a fenda transatlántica entre Estados Unidos e Europa. É verdade que reforzou ambas tendencias, pero as súas verdadeiras causas están en factores históricos obxectivos, en especial o feito de que Estados Unidos é a única potencia mundial desde 1989 e Europa se debilitou a si mesma. Mentres Estados Unidos siga sendo a única potencia mundial, o seu próximo presidente non poderá nin quererá cambiar o marco esencial da política exterior dese país. Non hai dúbida de que será importante quen obteña a Casa Branca: un candidato de quen sexa esperable que continúe a política exterior de Bush ou alguén disposto a empezar de novo. No primeiro caso, a brecha transatlántica profundarase de forma radical. Catro -ou ate oito- anos máis de política estadounidense como a de Bush farían tanto dano á esencia da alianza transatlántica que poderían pór en perigo a súa propia existencia. Se, pola contra, o próximo presidente se compromete a emprender unha nova dirección, a política exterior estadounidense podería volver ser máis multilateral, máis centrada en institucións e alianzas internacionais e máis disposta a devolver a relación entre a forza militar e a diplomacia ás súas proporcións históricas. Esta é a parte positiva. O malo é que, ate nunhas circunstancias tan prometedoras, Estados Unidos, como potencia mundial, non renunciará á súa política de "man libre" nin esquecerá a súa forza e a súa posición de superioridade entre todos os países. Outra mala (ou boa?) consecuencia é que unha política máis multilateral de Estados Unidos aumentará a presión para que os europeos asuman máis responsabilidade nas crises e as resolucións de conflitos internacionais: en Afganistán, Irán, Iraq, Oriente Próximo, Transcaucasia e Rusia, así como á mantenta do futuro de Turquía. A estas prioridades comúns, os europeos deberían engadir África, o cambio climático e a reforma de Nacións Unidas e o sistema comercial mundial. Europa menosprezou durante moito tempo o seu propio peso, a súa importancia. O valor xeopolítico, económico e social de Europa é evidente. Pero, ademais, a integración europea dos intereses de varios Estados soberanos mediante unhas institucións comúns pode ser un exemplo para gran parte do mundo. En especial, a forma na que Europa, no seu proceso de ampliación, proxectou o seu poder para acadar unha paz duradeira en todo o continente e promoveu o desenvolvemento ao integrar economías, Estados e sociedades no seu marco institucional, podería servir de modelo para construír unha orde mundial de cooperación no século XXI. Este modelo moderno, progresista e pacífico é único e superior a todas as demais respostas actuais ás cuestións políticas fundamentais. Pero unha cousa é que poida facelo e outra cousa é que o faga. A influencia de Europa no mundo é débil polas súas disputas internas e a súa falta de unidade, que debilitan á Unión Europea e limitan a súa capacidade de actuación. Obxectivamente forte e subxetivamente enferma: así podería describirse a condición actual da UE. Este momento actual de debilidade de Estados Unidos coincide cun panorama político internacional que cambiou de xeito substancial e que se define, en gran medida, polas limitacións do poder estadounidense, a ineficacia de Europa e a aparición de novos xigantes mundiais como China e India. Con estas transformacións, segue tendo sentido falar de "Occidente"? Acho que si, máis que nunca, porque a fenda entre Europa e Estados Unidos deixa ás dúas partes moito máis débiles ante o mundo. Os excesos unilaterais de poder de Wáshington ofrecen a oportunidade de empezar de novo nas súas relacións con Europa. Estados Unidos vai necesitar máis que nunca uns socios fortes, e estará disposto a buscalos. A que esperan, pois, os europeos? Por que non empezar xa a superar a tensión tradicional entre a OTAN e a Unión Europea, sobre todo agora que a política francesa respecto da OTAN, co presidente Nicolas Sarkozy, emprendeu a boa dirección? Para que o secretario xeral da OTAN e o responsable da política exterior da Unión Europea asistan de xeito habitual aos consellos de ambas as organizacións non fan falta moito tempo nin moito esforzo. Por que non iniciar consultas de alto nivel entre a Unión Europea e Estados Unidos (nas que participe o secretario xeral da OTAN cando se fale de cuestións de seguridade), por exemplo invitando ao secretario de Estado e outros membros da Administración estadounidense, como o secretario do Tesouro e o responsable da Axencia de Protección Ambiental, a que asistan varias veces ao ano ás correspondentes reunións do Consello da UE? Por que non celebrar reunións anuais do Consello Europeo co presidente de Estados Unidos? Tamén sería importante que houbese reunións periódicas dos comités correspondentes do Congreso estadounidense e o Parlamento Europeo, posto que eses dous organismos terán que ser os que ratifiquen calquera tratado internacional. A sorte do Protocolo de Kioto debería servir de lección a todas as partes implicadas. Unhas consultas deste tipo entre Estados Unidos e a Unión Europea non necesitarían ningún acordo previo, así que poderían comezar sen máis preliminares. Hai unha cousa da que os europeos poden estar seguros xa hoxe, que estamos en plena campaña electoral estadounidense: se Estados Unidos ten unha política exterior de orientación máis multilateral, Europa non poderá seguir actuando comodamente a remolque nos asuntos políticos mundiais. E iso é positivo. A nova fórmula transatlántica debe consistir en máis voz na toma de decisións a cambio dunha maior repartición de responsabilidades.

domingo, março 09, 2008

Francisco Veiga (foto de Enric Tomas)


"Europa pagará os pratos rotos de Kósovo"
Unha interesante entrevista publicada no xornal La Vanguardia de Enric Tomas a Francisco Veiga, profesor de Historia da Europa Oriental na UAB e especialista en Turquía e nos Balcáns.

Hoxe hai tres semanas que Kósovo declarou a súa independencia de forma unilateral, nunha decisión que contou co beneplácito dos grandes países da comunidade internacional. España, quizais pensando en clave interna polo 9-M, rexeitou, de momento, a proclamación.

O asunto de Kósovo ten moito de instrumental para Madrid, polo que refire a política interna e a súa relación cos nacionalismos, e para Wáshington, que o utiliza para manter a hexemonía e a solvencia dunha organización como a OTAN. Así o entende Francisco Veiga, profesor de Historia da Europa Oriental na UAB e un dos maiores especialistas en Turquía e nos Balcáns.

Veiga considera que a pregunta clave no asunto Kósovo non é por que se lle concedeu a independencia, senón por que agora. Este experto en historia balcánica recoñece que a independencia desta antiga provincia serbia non podería terse levado ao Consello de Seguridade de Nacións Unidas, debido ao veto asegurado de Rusia e China. O que non entende é por que non se propuxo levalo o tema de Kósovo á Asemblea Xeral da ONU.

Por que?
Non busques porque non atoparás a resposta. É máis, o problema sería que na Asemblea Xeral, americanos e ingleses non o terían tan fácil para aprobar a independencia de Kósovo, porque nela interveñen todos os países e non hai dereito a veto. Alí hai unha serie de países que non recoñeceron a independencia de Kósovo, e outros que dubidan.
Que países hai nun lado ou outro?
Practicamente toda América Latina non recoñeceu a independencia. África, polo estilo. En Asia, creo que só Taiwan aceptou a emancipación de Kósovo. E as potencias emerxentes, que son as que cortarán o bacallau en pouco tempo senón estano xa facendo, dixeron tamén que non. Falamos dos BRIC, Brasil, Rusia, India e China. Outra zona, como os Balcáns, tamén dixo que non ou que non o ven claro. A conclusión disto é que unha medida que se nos vendeu como estabilizadora dos Balcáns recolleu oposicións de países que ata agora eran membros fieis e entusiastas da OTAN.
Entón?
Estes países ven que entraron na OTAN e a Unión Europea para ter unha garantía ante o veciño, pero se toparon que estes organismos, no canto de defendelos, cortan, fan e desfán ao seu gusto. A independencia de Kósovo chegou nun momento en que a entrada destes países na UE era o camiño para a superación dos conflitos seculares nos Balcáns.
Pero se a cousa era tan aventurada, por que se fixo?
Por unha banda, a intervención da OTAN en 1999 en Kósovo ten dúas explicacións, unha real e outra máis ou menos ficticia. A ficticia é que se interveu para derrocar a Milosevic, algo que non se logrou porque o presidente serbio seguiu no cargo ate dous anos despois. A máis real, ten relación co panorama internacional dos 90, que foron os anos do New World Order proclamado por Bush pai. Esta nova orde internacional era o resultado natural do final da Guerra Fría, onde se falou da vitoria "do ben sobre o mal". Se isto era certo, o mundo da posguerra fría era equilibrado, pacífico, etc.
E foi así?
Non. Ao longo dos 90 temos un rosario de conflitos, como Ruanda, Alxeria ou Iugoslavia. Este último foi un gran problema porque, durante a Guerra Fría, Europa salvouse das guerras. Pero ao final desta, empezaron de forma consecutiva os cinco conflitos armados nos Balcáns, o que demostra que o New Order non triunfou, que os bos non triunfaran sobre os malos. Tras algunhas dificultades, cando se logrou arranxar a última guerra, a de Bosnia en 1995, empezou o levantamento da UCK en Kósovo. En 1998, esta insurrección converteríase en guerra e a potencias mundiais, con EE.UU. á cabeza, xa non podían mirar facía outro lado. Tiñan que arranxar outra vez a situación, tres anos logo de facer o propio en Bosnia.
Que significou para EE.UU. este reinicio das hostilidades?
A guerra de Kósovo supuxo un novo desafio ao New Order que Wáshington dicía que estaban impondo e dentro desta nova orde hai cousas moi importantes, por exemplo, a solvencia e a viabilidade da organización militar máis grande do mundo, a OTAN. Ademais, a súa xustificación ao termo da Guerra Fría non estaba moi clara. Penso que aos americanos interésalles moito que haxa unha OTAN porque son eles quen a controlan. Ademais, mentres esta organización exista, a UE non terá exército propio nin política exterior propia. Aquí hai unha loita moi importante dos americanos para pór todos os paus posibles á roda da UE.
Por que fai isto EE.UU.?
Porque saben que se a UE crece e acumula poder será un adversario importante, como mínimo no terreo económico. Ademais, se Bruxelas, ademais, chega a un entendemento cos rusos, sobre todo agora que Moscova converteuse no gran subministrador de gas a escala mundial, podes imaxinarche o que pode pasar. É por iso que é moi importante para EE.UU. inventarse unha nova Guerra Fría para preservar a solvencia da OTAN, nun momento, ademais, en que esta organización está fracasando en Afganistán. Por iso era tan importante pechar o tema Kósovo e poder dicir misión cumprida. Cabe salientar, así mesmo, que a OTAN move miles de millóns de dólares en contratos militares.
E isto afectará a Europa?
Europa pagará os pratos rotos de Kósovo. A independencia da ex provincia é un intento máis de EE.UU. de ter atados aos europeos.
Que supón o recoñecemento de Kósovo?
Ao recoñecer a independencia de Kósovo e de que esta non pertenceu a Serbia cargáronse as bases xurídicas de [os acordos de] Dayton. Por iso os serbios de Bosnia poden pedir trazar de novo as súas fronteiras. Os croatas tamén poden reclamar o mesmo, aínda que de momento non din nada porque están esperando entrar na UE. É dicir, mudáronse demasiado rápido as regras do xogo.
Teríase que agardar uns anos para recoñecer a Kósovo?
Non necesariamente. Poderíase tirar por outros camiños que non se consideraron: por exemplo crear un estado federal en Kósovo, con albaneses ao sur e serbios ao norte. Ou tamén, pospor calquera independencia ou soberanía ata que todos os implicados ingresasen na Unión Europea. Deste xeito poderíase potenciar unha cooperación rexional que, de feito, xa se está facendo. Entón por que non se optou por esta vía posibilista?
Pois polo que comentaba antes. Necesitábase un acto de forza para demostrar quen manda, a saber, Wáshington e un grupo de países hexemónicos da UE.

KÓSOVO EN CLAVE INTERNA

Como ve o tema Kósovo e España?
Non sabemos o que pasará despois do 9-M en España respecto de Kósovo. Non se pode desbotar que se o PSOE gaña sen maioría suficiente e ten que negociar con PNV, CIU ou ERC, o tema de Kósovo sexa un dos que estea encol da mesa, algo que a Zapatero iríalle moi ben porque podería quedar ben recoñecendo a Kósovo a cambio de apoio en forma de escanos. Para un Goberno, o tema de Kósovo pode ser moi instrumental. O goberno español pode negarse a recoñecer a antiga provincia serbia porque está en pleno proceso electoral, pero despois pódese utilizar o recoñecemento como moeda de cambio. Refírome a política interior. E matarían dous paxaros dun tiro: queda ben ante europeos e americanos e ante os nacionalistas. E non descarto que Rajoy puidese facer algo parecido, en caso de necesidade.
E que poden tirar os nacionalistas ou independentistas de que o Goberno español recoñeza Kósovo?
Pois poder dicir algo así como que "logramos que a España opresora recoñeza Kósovo", ou "¡Irmáns kosovares, fixemos algo por vós!". Lograr que Madrid reconsidere a súa posición sería un éxito, porque se o fan por eles mesmos non sería o mesmo. Sería unha baza ben xogada.
E o seguinte paso, cal sería?
Vai ti saber cal sería o próximo paso. Desde o punto de vista do nacionalismo catalán isto é unha estupidez porque levamos desde 1990 cos ditosos modelos báltico, croata, montenegrino? E serviron de algo? Non. Catalunya está onde estaba. Se houbo algunha oportunidade histórica de montar unha andrómena independentista aquí foi estes últimos anos 90, e non serviron de nada. E é que unha vez os pobos sen estado logran o status de estado, pasan a tratar con estados soberanos, e non con pobos sen estado.
Cre que España perdeu unha oportunidade de porse á altura dos grandes de Europa?
Penso que a está perdendo. Porque parece que a decisión de non recoñecer a Kósovo non estivo acompañado dun plan B, nin sabemos se a negativa responde a política interior ou a outro plan que non coñecemos.

LA VANGUARDIA - 09.03.08

terça-feira, março 04, 2008


Serviço de Protecção Civil Europeu


Em colaboração com os meus colegas Vittorio Prodi (Italiano, liberal) e Dimitrios Papadimoulis (Grego, GUE) lancei, no passado dia 13 de Fevereiro, na presença de um número muito grande de individualidades, incluindo diplomatas de vários Estados Membros, a Plataforma do Parlamento Europeu para a Protecção Civil. O Serviço de Protecção Civil Europeu é um projecto que ganhou forma com um relatório apresentado pelo antigo comissário europeu Michel Barnier, que definiu a razão de ser do projecto, metas e uma estratégia para as atingir, mas que assustou alguns dos Estados Membros como uma nova extensão não necessária da acção europeia. Barnier foi responsável pela montagem de um serviço de protecção civil no seu país e, como Comissário, foi ele que levou para a frente o Fundo Europeu de Solidariedade com as populações vítimas de catástrofes naturais – instrumento financeiro que pela primeira vez foi dotado de fundos visíveis para fazer face a catástrofes europeias de grandes dimensões – e foi ele também que entendeu a importância política determinante para a construção europeia da existência de mecanismos de solidariedade em caso de catástrofe natural. A Comissão Europeia tem já operacional uma pequena unidade na sua Direcção Geral do Ambiente que faz já alguma coordenação em caso de catástrofe, gerindo pedidos e ofertas de apoio, através de um centro de informação e gestão. Para além disso, o ano passado, foi aprovado um mecanismo financeiro para a protecção civil – que tem um orçamento anual de cerca de 30 milhões de Euros – e foi alterada a decisão do Conselho que estabelece um mecanismo de coordenação da protecção civil europeia, dando-lhe um âmbito mais vasto.

Nesse contexto, estão já em funcionamento treze módulos europeus de protecção civil, ou seja de equipas e, sob minha proposta, foi introduzida no orçamento de 2008 uma verba de 3,5 milhões de Euros para preparar e desenvolver novos módulos que tenham já uma dimensão europeia, ou seja, que não só sejam capazes de actuar em caso de grande catástrofe na União Europeia ou no exterior, mas que também estejam sempre disponíveis para o fazer, contrariamente ao que acontece com os módulos actuais, que só estão disponíveis para actuar fora dos respectivos Estados Membros se porventura não forem aí necessários. Estamos no entanto ainda longe daquilo que Michel Barnier considera fundamental, que terá de partir, nomeadamente, de uma estrutura de coordenação em Bruxelas das estruturas nacionais existentes que permita reflectir sobre a estratégia a seguir para a constituição do serviço europeu de protecção civil. A reunião do dia 13 discutiu um projecto de manifesto decidindo fazer-lhe alguns ajustamentos e decidiu também que a próxima iniciativa se iria centrar na utilização dos sistemas de informação geográfica como suporte para a prevenção ou utilização em caso de catástrofes. O desafio decisivo colocado à nossa plataforma é não só alargar a sua base de apoio do Sul da Europa para novos Estados Membros e também para o Centro e Norte da Europa como conseguir mobilizar as estruturas de protecção civil nacionais para nos apoiarem neste trabalho. O objectivo do serviço de protecção civil não é o de ter equipas administradas pelas instituições europeias – perspectiva que as parece de resto assustar – mas é o de permitir que haja meios que são primariamente europeus, mesmo que administrados pelos Estados Membros e mesmo que possam ser utilizados, subsidiariamente nesses Estados Membros. Depois dos módulos europeus, é necessário pensar também no pré-posicionamento desses módulos, sendo que Michel Barnier tinha pensado em fazer dos Açores uma plataforma avançada da protecção civil europeia para acções no Atlântico e, inclusivamente, para utilização em missões no continente americano, onde os serviços europeus desempenharam várias missões em 2007.

Europa no diván

Por Josep Piqué

Parece innegábel que a Unión Europea está pasando por unha crise de identidade. O fracaso da Constitución Europea e a súa substitución por un minitratado que vaise ratificando, con máis pena que gloria e case ás ocultas, polos parlamentos nacionais, é a expresión máis evidente. Pero non só existe unha frustración institucional. É moito máis ampla. Eu a denominaría unha frustración psicolóxica, case existencial. E convén preguntarse por que. Europa, logo da terríbel devastación da Segunda Guerra Mundial, fixo un esforzo de reconciliación interna realmente extraordinario. Ate a segunda metade do século pasado, sob o concepto de Europa, escondíase a vontade permanente dalgunha das súas nacións continentais de obter a hexemonía sobre o propio continente e, por riba, do mundo coñecido. España, Francia, Alemaña ou o imperio austrohúngaro protagonizan ese empeño en diferentes momentos, sempre coa intervención "compensadora" do Reino Unido, receloso de calquera poder excesivo no continente, e dunha Rusia interesada en estender o seu dominio ou a súa influencia á Europa central. Iso supuxo constantes e interminábeis guerras. Europa era un teatro de permanente conflito que, desde a unificación alemá en 1870, enfronta, fundamentalmente, a alemáns (con apoio austriaco, italiano e turco) e franceses (con apoio británico e ruso) e, xa no século XX, coa intervención decisiva de EE.UU. Esta realidade é a que, ante unha Europa devastada, leva aos pais da construción europea a expor unhas institucións políticas que servisen para evitar novas confrontacións no futuro. E fixérono, sabiamente, a través da posta en común de intereses económicos que fixesen inviábel e impensábel outro enfrontamento bélico. Eis a denominación coa que, os que xa pasamos dos cincuenta, recordamos esa realidade: o Mercado Común Europeo. Aos poucos e non sen altibaixos, esa realidade institucional vaise dotando de maior contido. Primeiro económico (a Comunidade Económica Europea) e logo político (a Unión Europea, xa sen adxectivos). E transfírense ás institucións comúns aspectos crave da soberanía dos antigos estados nación: a moeda única, a política exterior e de defensa común, un marco de seguranza e xustiza, unha política común de inmigración aínda moi limitada ou a progresiva converxencia de políticas orzamentarias e a vontade de crear un auténtico mercado único. Ben. Algo realmente moi notábel, dado o punto de partida. Sobre todo porque ese proceso vén acompañado por outro de extraordinaria ampliación xeográfica. Primeiro, foron seis países. Logo tres máis, cara ao Atlántico. Máis adiante doce, cara ao sur, e despois quince, cara ao centro e o norte escandinavo. E, finalmente, doce máis, ate vinte e sete. E deses, dez son países que, antonte, eran ditaduras comunistas, tiñan economías planificadas e pertencían ao bloque militar oposto. O esforzo foi enorme. A UE é a historia dun éxito sen precedentes, dada a experiencia histórica. É un club ao que moitos desexan pertencer e do queninguén quere saír. Entón, por que esta sensación de frustración e de desánimo que hoxe impregna o proxecto europeo, se fixemos, nos últimos cincuenta anos, algo realmente extraordinario? A explicación é complexa. Primeiro, irreversiblemente, Europa afástase do centro de gravidade do planeta. E iso é certo no político, no económico, no demográfico ou no estratéxico. Cada vez somos máis "periferia" nun mundo centrado no Pacífico (e no Índico) e perdemos relevancia xeoestratéxica, tras a caída do muro de Berlín. As ameazas á nosa seguranza colectiva xa non teñen a Europa como escenario e iso afástanos dos intereses vitais de EE.UU. Segundo, o esforzo de progresiva integración política parece ternos deixado exhaustos e tropeza cos límites dos intereses nacionais, probablemente porque ese esforzo se fixo desde os gobernos, sen involucrar suficientemente aos cidadáns que ven as institucións europeas como algo afastado, intrincado e burocrático. O terceiro é análogo, pero no xeográfico. A dixestión da última ampliación (pola que eu persoalmente loitei) está sendo moi pesada e reflíctese, entre outras moitas cousas, na merma do peso e da relevancia da Unión Europea no escenario internacional. Quen moito abarca pouco aperta. E queda un cuarto elemento: sabemos cal é o horizonte de futuro? Non é imprescindíbel sabelo con detalle. A construción europea foise facendo a base de avances sincopados e pragmáticos, pero sen dúbidas existenciais. Agora si temos esas dúbidas. Ninguén é capaz de fixar as fronteiras de Europa. O debate sobre Turquía é o máis evidente. Pero haberá que unificar criterios sobre os Balcáns, dicir se o Cáucaso é europeo, que facer con Ucraína, Moldavia ou Bielorrusia, e definir a relación con Rusia. Oxalá o novo grupo de reflexión que presidirá Felipe González sirva a este propósito. Mentres, Europa, que correu moito, como nunca na súa historia, ve con estupor e incredulidade que iso non impediu que os demais, no resto do mundo, corran máis e nos tomen distancia. Europa no diván. E a dúbida é se todo iso podémolo resolver con psicanálise freudiano (escudriñando no fondo psicolóxico dos nosos problemas) ou aplicando outras técnicas, incluído o tratamento farmacolóxico (impóndonos terapias de choque). O problema é que ninguén identifica ao médico axeitado.


La Vanguardia - 16.02.08
Armenia, ante a indeferenza de Europa
Por Kimana Zulueta
Artigo publicado no imprescindíbel Foreing Policy en español


Mentres que o Goberno armenio gabia as protestas dos seguidores da oposición, que cualifican as recentes eleccións presidenciais de fraude, declarando o estado de excepción, a UE segue apostando máis por unha fráxil estabilidade que por unha defensa real da democracia. Desde o día despois das eleccións presidenciais, celebradas o pasado 19 de febreiro, multitudinarias manifestacións de partidarios de Ter Petrosian concentráronse no centro de Everán, a capital do país, apelando á repetición dunhas presidenciais que cualificaron como fraudulentas. O Goberno armenio, aínda presidido por Robert Kocharian ­que intercambiará postos con Serge Sarkisián, ao pertencer ambos os ao Partido Republicano, con maioría simple no parlamento- comezou pouco despois a arrestar a funcionarios públicos e líderes políticos que protestaban en contra do Executivo. O 1 de marzo estas concentracións acabaron en drama, despois de que oito persoas (sete civís e un militar, segundo datos oficiais) morresen en enfrontamentos entre manifestantes e as forzas de seguridade armenias, co que Kocharian declarou o estado de excepción ate o 21 de marzo. Agora reina na capital unha tensa calma.
A diferenza de votos entre o candidato gobernamental, Serge Sarkisián, e o principal opositor e ex presidente armenio tras a caída da Unión Soviética, Levon Ter Petrosian, resultou ser enorme e evitou, xa que logo, unha segunda volta, conforme aos resultados oficiais. Con todo, a orixe da actual crise débese a que tanto durante a campaña electoral como na xornada dos comicios, fortes fallas no sistema facían dubidar da credibilidade dos resultados. A comunidade internacional non se pronunciou a tempo coa severidade que as circunstancias requirisen. A OSCE lexitimou tras as eleccións o transcurso das mesmas, sóapelando a que aínda eran necesarias algunhas melloras. Con todo, o día 2 de marzo a presidencia finlandesa da esta organización viuse obrigada a mandar ao seu enviado especial para tratar de mediar nun final dialogado da crise. A Unión Europea, finalmente, tamén enviou ao seu representante especial no Cáucaso meridional a desprazarse a Everán co mesmo propósito. A estabilidade da rexión é vital para a resolución do conflito conxelado de Alto Karabaj (enclave de poboación maioritariamente armenia, situado en territorio de Acerbaixán e independente de facto desde 1991), cuxa resolución abriría a longo prazo as fronteiras azeríes e turcas con Armenia, que permanecen pechadas por mor deste contencioso. Esta apertura permitiría unha certa cooperación rexional e á súa vez convertería a este Estado nun posible país de tránsito, abaratando o custo do transporte do gas azerí, kazako e turkmeno cara a Europa. A pregunta é se este conflito antecede a necesidade de democratización real dos países involucrados, ou viceversa. Ate agora, a UE parece estar máis preocupada dunha estabilidade fráxil, que de implicarse máis a fondo nunha democracia nacente, como é a armenia. Ao final, parece ser que os intereses xeoestratégicos en Rusia e en Acerbaixán suavizan as críticas occidentais a un Goberno armenio, dependente de Rusia, que ten unha posición dura, se non intransixente, no conflito de Alto Karabaj, e vagamente comprometido nunha integración afastada, por non dicir inexistente, na Unión Europea. O apoio explícito a unhas eleccións libres e xustas podería cambiar o signo do Executivo en Armenia. A posición máis flexible de Ter Petrosian en relación a este enclave implicaría unha maior presión sobre o Goberno azerí para que aumente o seu compromiso, que podería resultar negativo a curto prazo para o comercio entre Acerbaixán e algúns Estados membros da Unión Europea e, desde logo, cunha Rusia que perdería o seu feudo no Cáucaso. Con todo, o maior problema dunha xeopolítica que só retóricamente defende a democracia é que a miúdo non ten en conta as frustracións e as necesidades reais da xente, algo que pode derivar en consecuencias contrarias ás pretendidas: en forma de inestabilidade e violencia, como está ocorrendo estes días.

sábado, março 01, 2008


Europa e a independencia

Por Vicent Partal


No século XIX apareceron en Europa nove estados novos. E do principio do século XX á Segunda Guerra Mundial, dezaseis. En cambio, dende a fin da Guerra Mundial até a caída do muro de Berlín, Europa só viu nacer catro estados novos (Islandia, Malta e as dúas alemanias). Aqueles corenta anos fixeron pensar que o nacemento de novos estados era cousa do pasado. Mais na década dos noventa volveron aparecer: trece. E no que vai de século xa xurdiron tres, contando o caso cosovar. Con estes números na man resulta ridículo facer crer que unha fronteira europea, sexa a que sexa, non vai cambiar nunca.
Nos anos setenta, no tránsito do franquismo á monarquía, atopabámonos no punto máis alto da anomalía na que viviu Europa dende a guerra fría. Mover unha fronteira naquel clima de ataque nuclear inminente entre as dúas potencias equivalía a mover as esferas de influencia e desencadear máis tensión. Por iso, a hipótese da independencia era imposíbel. Mais abondou coa caída dun dos contendentes, a Unión Soviética, para volver á normalidade. É certo que a algúns custoulles moito aceptalo. A Unión Europea, por exemplo, ameazou formalmente a Lituanía advertíndolle que nunca entraría se rachaba coa URSS. A realidade impúxose e hoxe, por exemplo, a lituana Dalia Grybauskaité é comisaria europea, e non unha calquera, senón a encargada dos orzamentos comunitarios.É verdade que dende a caída do mura até hoxe Europa viu aparecer novos estados na antiga zona oriental, coa única excepción da unificación alemá. Mais tamén o é que este proceso normalizou completamente o independentismo. Toda Europa sabe que calquera país pode ser independente e, se o fai, máis tarde ou máis cedo vai pasar a formar parte da Unión Europea. Dos 26 membros da “comisón Barroso”, sete son cidadáns que veñen de estados que non existían cando a Unión Europea comezaba a tomar forma no Tratado de Roma. E este é un detalle que paga a pena ter en conta á hora de entender a celeridade e normalidade coa que Europa saudou a aparición do novo estado cosovar.O medo de EspañaEspaña foi o único estado grande que se negou a recoñecer a nova realidade, por medo a estabelecer un precedente que poida acabar rebotando cando os vascos exerzan a autodeterminación ( se a hipótese do actual goberno vasco é correcta, isto sucederá na vindeira lexislatura). Neste sentido é curiosa a reacción británica, claramente favorábel, no só a Cosova, senón á democracia. Cando algúns lle preguntaban a algúns representantes británicos se non tiñan medo de que Escocia seguise o mesmo camiño, a resposta era invariábel: Se o pobo escocés quería a independencia, Gran Bretaña non ía impedilo. E xusto é dicir que, aínda que o obstaculizase, xa veriamos o que acontecía, porque Europa deu esta semana un paso adiante monumental. Europa vén de patrocinarlle a independencia a Cosova unha independencia que nin Serbia, nin Rusia nin un membro tan importante como España aceptan. Isto é unha gran nova, de primeira magnitude.A partir de agora haberá quen diga que xa está, que o mapa xa está refeito e que ninguén máis poderá ser independente. Mais non hai ningún analista serio que non saiba que aínda hai independencia por activar en Europa antes de que a estabilidade do continente sexa completa e indiscutíbel. Escocia, as illas Feroe, Euskadi, Flandres, Valonia ou nós mesmos somos realidades que se debuxarán con normalidade no novo mapa europeo, se queremos. Porque nos anos setenta reclamar unha modificación de fronteiras era ir contra o mundo, pero hoxe quen obstaculiza a vontade popular é o que vai contra o mundo. Esta é a razón pola que España quedou soa, con Serbia, mirando de parar o reloxo da historia.

Vicent Partal (Bétera, 1960). Fundador e director do xornal electrónico VilaWeb, creado en 1995. VilaWeb conseguiu converterse nun medio dixital de referencia e líder de audiencia en lingua catalá.