quarta-feira, abril 25, 2007


Ségolène Royal versus Nicolas Sarkozy

O futuro de Francia pasa polo centro

Por Miguel Ángel Benedicto (para Safe Democracy) Miguel Ángel Benedicto analiza a carreira presidencial francesa de cara á segunda volta das eleccións na que se enfrontarán o candidato conservador, Nicolas Sarkozy, e a candidata da esquerda Ségolène Royal e di que o resultado está en mans do 18 por cento que votou ao centrista Francois Bayrou. Benedicto cre que o/a gañador deberá mitigar a recesión económica e realizar as reformas necesarias para que Francia saia do impasse no que se topa desde 1997. Miguel Ángel Benedicto é xornalista e consultor especializado en asuntos europeos. Dirixe Fácil Consultores e preside a asociación Ideas e Debate. É coautor dos libros "Europa a Debate. Vinte anos despois (1986-2006)" e de "A Maior Operación de Solidariedade da Historia". É profesor no departamento de Xornalismo da Universidade Europea de Madrid e impartiu cursos de postgrado nas universidades Complutense e Rei Juan Carlos.


A PRIMEIRA VOLTA DAS ELECCIÓNS FRANCESAS

Ratifica que Francia está buscando unha mudanza xeracional. O 85 por cento dos franceses votou por dous novas caras: Nicolas Sarkozy, que recibiu o apoio do 31,2 por cento dos electores e Ségolène Royal, co 25,7 por cento dos sufraxios. Son os dous primeiros candidatos a presidente da República que non naceron antes da II Guerra Mundial. Sen embargo, ambos van necesitar o 18 por cento dos votantes do centrista, Francois Bayrou, para poder erixirse como triunfadores na segunda volta. Tanto Sarkozy como Royal teñen un reto complicado: sacar a Francia da crise na que está sumida a partir das presidenciais de 2002 nas que Jacques Chirac venceu ao ultradereitista Jean Marie Lepen nunha inesperada segunda volta.


SUPERAR A RECESIÓN ECONÓMICA

Calquera dos dous candidatos terá que superar a recesión económica na que Francia está sumida desde 1997 por non atreverse a facer fronte á globalización con reformas como as que ao final tivo que emprender o ex chanceler Schroeder en Alemaña, e que foron continuadas por Angela Merkel. Así, mentres a Unión Europea medra, Francia sitúase na cola de Europa, tras Portugal, cun crecemento que non supera o 2 por cento. O nivel de desemprego foi de 9,4 por cento no 2006 e acadou o 22 por cento entre os mozos. O modelo social francés, con cinco millóns de funcionarios, está facendo augas e ninguén se atreve a porlle un dique. Pola contra, buscanse cabezas de turco como a política económica do Banco Central Europeu ou o excesivo liberalismo da Unión Europea que deu lugar ao rexeitamento en referendo da Constitución común en maio de 2005. Chirac foi incapaz de porlle o cascabel ao gato francés e sufriu as revoltas dos banlieus en novembro de 2005 --ás que tivo que facer fronte Sarkozy-- e as manifestacións polos contratos para os mozos que feriron de morte a Villepin.


OS VOTOS DE BAYROU

Tanto Sarkozy como Ségolène deben ser capaces de realizar as reformas que permitan saír a Francia do impasse e, por ende, á Unión Europea. O líder da UMP (Unión por un Movemento Popular) aposta por un minitratado, mentres que a esquerda desexa engadir unha visión máis social á Carta Magna e sometela novamente a un referendo. Na segunda volta, Royal, pese aos seus choques cos elefantes do seu partido, contará cos votos da extrema esquerda e Sarkozy coas da Fronte Nacional de Le Pen. As sondaxes dan 3 ou 4 puntos máis ao líder da dereita. Sen embargo, os discursos de ambos terán que moderarse e dirixirse ao caladoiro de Bayrou. E é que a clave da VI República vai pasar polo centro.

Sem comentários: