terça-feira, novembro 07, 2006


ASINA POLA INICIATIVA CIDADÁ POR UNHA SOA SÉ DO PARLAMENTO EUROPEO.
Asina pola iniciativa cidadá www.oneseat.eu por unha soa sé do Parlamento Europeo O Parlamento Europeo ten actualmente dúas sés parlamentares. A sé principal, en Bruxelas, durante tres semanas ao mes, e máis unha sé secundaria na cidade francesa de Estrasburgo durante unha semana ao mes. O parlamento secundario de Estrasburgo é un dos despilfarros máis innecesarios de toda a historia política da UE. A sé en Estrasburgo só é utilizada 46 días ao ano. O resto do tempo o edificio permanece valeiro. Ainda así os contribuintes debemos pagar uns 200 millóns de euros anuais para manter un parlamento secundario en Estrasburgo pola única razón de que o estado francés quere manter a toda costa o parlamento da UE dentro das súas fronteiras. A maioría dos eurodeputados entenden que manter dous parlamentos europeos é un gasto innecesario de diñeiro e de traballo. O pasado mes de abril de 2006 un grupo de eurodeputados lanzaron unha iniciativa cidadá pan-europea para colleitar un millón de sinaturas pedindo que se termine con ese despilfarro. A iniciativa, organizada pola eurodeputada Cecilia Malmström, pretende colleitar o 1 millón de sinaturas necesarias para levar unha proposta cidadá á Comisión Europea, dacordo co artigo 47 da proposta de Constitución Europea.
Por unha UE sen burocracia innecesaria e por unha mellor xestión dos nosos impostos: Asina xa no website www.oneseat.eu pedindo unha soa sé para o Parlamento Europeo, en Bruxelas.

2 comentários:

Se Moncho disse...

Eu votaria por umha única sé em Strasburgo, mas nunca por umha única sé em Bruxelas, onde já está a comissom europeia.

Anónimo disse...

Semella de sentido común ter unha soa sede. Estrasburgo podería ser.