quinta-feira, abril 30, 2009

Europa caórdica

E resulta agora, pasado ese medio século, que unha tremenda crisis económica, que algúns prefiren chamar financeira, para disimular, non atopa resposta polìtica unitaria europea na reunión dos 20 en Londres, nin, sobre todo, no día a día da polìtica internacional. Din os devotos que iso proba que non se avanzou coa debida celeridad na construcción polìtica, pero compre preguntar cál é a velocidade ideal e quén a determina. [Foto: Gordon Brown no Cumio do G-20, en Londres o 2 de abril de 2009].

.
.
A Nosa Terra, 02/04/2009
.
E resulta agora, pasado ese medio século, que unha tremenda crisis económica, que algúns prefiren chamar financeira, para disimular, non atopa resposta polìtica unitaria europea na reunión dos 20 en Londres, nin, sobre todo, no día a día da polìtica internacional. Din os devotos que iso proba que non se avanzou coa debida celeridad na construcción polìtica, pero compre preguntar cál é a velocidade ideal e quén a determina. [Foto: Gordon Brown no Cumio do G-20, en Londres o 2 de abril de 2009]. Máis de medio século leva a Europa da unidade, dende a Comunidade do Carbón e o Azo ata o alumbramento dubidoso do Tratado de Lisboa, cantando as glorias da idea de Jean Monnet de comezar pola economía e rematar pola polìtica. Da comunidade económica á unión polìtica, e, aínda que non o digan, ao superestado.
.
E resulta agora, pasado ese medio século, que unha tremenda crisis económica, que algúns prefiren chamar financeira, para disimular, non atopa resposta polìtica unitaria europea na reunión dos 20 en Londres, nin, sobre todo, no día a día da polìtica internacional. Din os devotos que iso proba que non se avanzou coa debida celeridad na construcción polìtica, pero compre preguntar cál é a velocidade ideal e quén a determina. O certo é que actitudes como a da chanceler alemá demostran que está voltando ao rego unha Europa reticente ao unitarismo. O diferenciado enfoque das relacións con Rusia e o Leste europeu vai nesa dirección. As economías unidas de Bruxelas non son capaces, no intento de apoiar aos países do Leste de Europa para diminuir a súa dependencia de Moscovo, o que chaman Programa de Asociación có Leste, de atopar nas súas desprovistas arcas diñeiro abondo para superar o que ofrecen os rusos. Falan de 800 millóns de dólares para seis países, mentras Rusia da 6.000 millóns a Belarus e pensa en 5.000 millóns para Ucraína. Decían que comezar pola unidade económica remataría necesariamente na unidade polìtica, e que outra cousa valería tanto como empezar a casa polo tellado. Peo polo menos os tellados abrigan para non mollarse. Armar tellados chamouse sempre en Europa diplomacia. E a cooperación por medios diplomáticos pode contribuír moito a resolver problemas económicos. É certo que houbo diplomacias irresponsables, pero os países europeos xa poderían confiar en controles parlamentarios da polìtica exterior. Un dos claros motivos das polìticas de Merkel e de Sarkozy é a necesidade de responder fronte a un electorado que non vai tardar en manifestarse. Gordon Brown prefire non facer caso a consideracións dese xénero, aínda que millor faría si as atendera.
.
A depresión económica veu confirmar que ainda son necesarios controles polìticos, estatais, da economía. Os gobernos europeos que renunciaron aos instrumentos de política fiscal propios non teñen nada que oferecer aos seus cidadáns. Obama, en troques, pode arriscarse a unha operación audaz, na que xogar o seu capital político, porque Washington e os Estados da Unión teñen recursos políticos propios. Compre perguntar si, por fin, non estaremos albiscando unha volta á política, e na polìtica internacional á diplomacia. É un camiño laborioso, pero a Europa de verdade ten moita experiencia, si acorda a tempo antes de esquecela, para avanzar por ese camiño que é o seu. Fronte ao unitarismo, sempre autoritario, compre recoñecer e cultivar o enfoque que chaman caórdico. O aparente caos resólvese de seu en orden. Hai quen diga que así funciona a Natureza, e así funcionaron as relacións internacionais, con todas as súas grandezas e miserias, deixando á marxe grandiosas filosofías da historia. Nunca, nas situacións caóticas, caiu o poder na rúa, como temía a reacción. Sempre o colle alguén a medio camiño e abre unha nova orde que precisará de outro caos para que a historia non teña fin.
.
Fernando Pérez-Barreiro Nolla é membro do Consello Asesor do Igadi.

Sem comentários: