quinta-feira, abril 30, 2009

Europa caórdica

E resulta agora, pasado ese medio século, que unha tremenda crisis económica, que algúns prefiren chamar financeira, para disimular, non atopa resposta polìtica unitaria europea na reunión dos 20 en Londres, nin, sobre todo, no día a día da polìtica internacional. Din os devotos que iso proba que non se avanzou coa debida celeridad na construcción polìtica, pero compre preguntar cál é a velocidade ideal e quén a determina. [Foto: Gordon Brown no Cumio do G-20, en Londres o 2 de abril de 2009].

.
.
A Nosa Terra, 02/04/2009
.
E resulta agora, pasado ese medio século, que unha tremenda crisis económica, que algúns prefiren chamar financeira, para disimular, non atopa resposta polìtica unitaria europea na reunión dos 20 en Londres, nin, sobre todo, no día a día da polìtica internacional. Din os devotos que iso proba que non se avanzou coa debida celeridad na construcción polìtica, pero compre preguntar cál é a velocidade ideal e quén a determina. [Foto: Gordon Brown no Cumio do G-20, en Londres o 2 de abril de 2009]. Máis de medio século leva a Europa da unidade, dende a Comunidade do Carbón e o Azo ata o alumbramento dubidoso do Tratado de Lisboa, cantando as glorias da idea de Jean Monnet de comezar pola economía e rematar pola polìtica. Da comunidade económica á unión polìtica, e, aínda que non o digan, ao superestado.
.
E resulta agora, pasado ese medio século, que unha tremenda crisis económica, que algúns prefiren chamar financeira, para disimular, non atopa resposta polìtica unitaria europea na reunión dos 20 en Londres, nin, sobre todo, no día a día da polìtica internacional. Din os devotos que iso proba que non se avanzou coa debida celeridad na construcción polìtica, pero compre preguntar cál é a velocidade ideal e quén a determina. O certo é que actitudes como a da chanceler alemá demostran que está voltando ao rego unha Europa reticente ao unitarismo. O diferenciado enfoque das relacións con Rusia e o Leste europeu vai nesa dirección. As economías unidas de Bruxelas non son capaces, no intento de apoiar aos países do Leste de Europa para diminuir a súa dependencia de Moscovo, o que chaman Programa de Asociación có Leste, de atopar nas súas desprovistas arcas diñeiro abondo para superar o que ofrecen os rusos. Falan de 800 millóns de dólares para seis países, mentras Rusia da 6.000 millóns a Belarus e pensa en 5.000 millóns para Ucraína. Decían que comezar pola unidade económica remataría necesariamente na unidade polìtica, e que outra cousa valería tanto como empezar a casa polo tellado. Peo polo menos os tellados abrigan para non mollarse. Armar tellados chamouse sempre en Europa diplomacia. E a cooperación por medios diplomáticos pode contribuír moito a resolver problemas económicos. É certo que houbo diplomacias irresponsables, pero os países europeos xa poderían confiar en controles parlamentarios da polìtica exterior. Un dos claros motivos das polìticas de Merkel e de Sarkozy é a necesidade de responder fronte a un electorado que non vai tardar en manifestarse. Gordon Brown prefire non facer caso a consideracións dese xénero, aínda que millor faría si as atendera.
.
A depresión económica veu confirmar que ainda son necesarios controles polìticos, estatais, da economía. Os gobernos europeos que renunciaron aos instrumentos de política fiscal propios non teñen nada que oferecer aos seus cidadáns. Obama, en troques, pode arriscarse a unha operación audaz, na que xogar o seu capital político, porque Washington e os Estados da Unión teñen recursos políticos propios. Compre perguntar si, por fin, non estaremos albiscando unha volta á política, e na polìtica internacional á diplomacia. É un camiño laborioso, pero a Europa de verdade ten moita experiencia, si acorda a tempo antes de esquecela, para avanzar por ese camiño que é o seu. Fronte ao unitarismo, sempre autoritario, compre recoñecer e cultivar o enfoque que chaman caórdico. O aparente caos resólvese de seu en orden. Hai quen diga que así funciona a Natureza, e así funcionaron as relacións internacionais, con todas as súas grandezas e miserias, deixando á marxe grandiosas filosofías da historia. Nunca, nas situacións caóticas, caiu o poder na rúa, como temía a reacción. Sempre o colle alguén a medio camiño e abre unha nova orde que precisará de outro caos para que a historia non teña fin.
.
Fernando Pérez-Barreiro Nolla é membro do Consello Asesor do Igadi.

quarta-feira, abril 29, 2009

Entrevista con Jorge Semprún

Entrevista en Radio Praga con Jorge Semprún

A crise pide a berros unha nova Europa


Por Ulrich Beck
.
No medio das ruínas dunha Europa devastada moral, política e materialmente pola Segunda Guerra Mundial, Winston Churchill deixouse levar polo entusiasmo en 1946: «Se Europa chegase a unirse algunha vez, non habería límites nin á felicidade, nin á prosperidade, nin á gloria das que poderían gozar os seus 400 millóns de habitantes». Hoxe o que nos ameaza é todo o contrario: se Europa se desfixese por culpa da crise económica global, non habería límites ao descontento, á pobreza e á vergoña dos seus políticos e dos seus 500 millóns de habitantes. Hai 20 anos que de maneira inesperada caeron o Muro de Berlín e, a continuación, a URSS e a orde mundial bipolar da Guerra Fría. Agora, o modelo capitalista, é dicir, a idea de que o mercado libre é a solución, cuxo triunfo celebrouse naquel momento, ameaza con caer e arrastrar á UE consigo. O desemprego está a aumentar de maneira exponencial dun extremo ao outro do planeta. Os refachos de malestar social e o sentimento en contra dos inmigrantes están, así mesmo, invadindo Europa.
.
E neste momento, da noite para o día, a pantasma dos estados inviables se cerne sobre o paraíso de prosperidade e seguridade que era a UE. Por todo iso, se a Unión Europea non existise, hoxe teriamos que inventala. Lonxe de representar unha ameaza á soberanía nacional ao comezo do século XXI, a UE é o que fundamentalmente a fai posible. Nesta sociedade de ameazas mundiais que se resisten a solucións nacionais, os estados nación que teñen que conformarse cos seus únicos recursos son impotentes e non teñen capacidade para exercer a súa soberanía. A soberanía concertada da UE proporciona a nacións e cidadáns, a todos sen excepción, a súa única esperanza de vivir en liberdade e en paz. Europa non necesita menos Europa; necesita máis Europa. A crise global demostra que a unión monetaria non pode conseguirse sen unha unión política. Con todo, até agora non existiron nin unha política financeira conxunta, nin unha política industrial conxunta, nin unha política social conxunta, esas políticas que debían terse posto en común para dar unha resposta eficaz á crise.
.
A crise está a pedir a berros unha refundación da UE. Europa representaría entón unha nova realpolitik dentro da acción política nun mundo ameazado e interconectado, onde é necesario substituír a realpolitik dos intereses nacionais pola realpolitik cosmopolita: canto máis europea e máis cosmopolita se volva a nosa política, maior éxito terá a nivel nacional. A disxuntiva está entre máis Europa e nada de Europa. Este imperativo de posibles consecuencias erradas xustifica a esperanza nun mercado en declive: só sobre as sementes dunha solución global conxunta que se sementaron na reunión do G-20, da man da apertura de EEUU ao mundo baixo a presidencia de Obama, poden sentar as bases dunha UE rexuvenecida pola crise.
*Profesor de Socioloxía na Universidade Ludwig-Maximilians de Múnich

Aventura inacabada


Por Camilo Nogueira


Tal como se produciu a meados do século XX, a unidade europea pudo non suceder. Pasada a Segunda Guerra Mundial pudo primar a procura de camiños diverxentes, tal como ocorreu en 1918 e como pasara nas décadas finais do século XIX, nas guerras que precederon e anunciaron a Primeira Guerra Mundial.


Hoube que pór de acordo á Franza en crise e á Alemaña vencida, ainda obxecto de desconfianza. Recuperar a Italia após o trauma fascista. Aproveitar o europeismo de Holanda, Bélxica e Luxemburgo. Agardar a que caira por fin a Europa das colonias ultramariñas. Integrar á distante vencedora Gran Bretaña e as democracias sociais de Escandinavia. Achegar de novo a Austria. Integrar a Irlanda recén independizada e a súa metrópole colonial. Estender a Unión a Estados que permaneceran isolados por causa de ditaduras totalitarias: Grecia, Portugal, o Estado español. Alargala a Polonia, tantas veces repartida entre os imperios viciños, para conviver con Alemaña. Abrir á porta para a República Checa e Eslovaquia, recén arredadas; Hungría, diminuida polos acordos das posguerras; a Estonia, Letonia e Lituania, de volta despois de seren praticamente asimiladas como provincias rusas; Eslovenia, anunciando a esperada presenza na UE dos Estados que formaran parte de Iugoslavia; Malta e o Chipre ainda esgazado entre gregos e turcos. Foi necesario xuntar paises que foran governados por sistemas políticos e sociais confrontados. Turquía pode integrarse e a UE está aberta a calquer outro Estado europeu que cumpra as condicións democráticas e de respeito dos direitos humanos precisas.

As instituicións da Unión consideran tamén a posibilidade dunha asociación coa Federación Rusa, con territorio en Europa e Asia, partillando todo menos as instituicións.No historia de estruturación dos Estados a Unión Europea constitui unha revolución. Uníu Estados que configuraran as súas fronteiras básicamente mediante a guerra e acababan de desangrarse na Grande Guerra dos Trinta Anos (1914-1945). Mantén institucións políticas comúns onde dominara a diverxencia e o enfrentamento. Asume conquistas democráticas e sociais e direitos humanos logrados nos territorios estatais e nacionais, con institucións executivas e lexislativas nacidas desde a vontade directa ou indirectamente expresada dos cidadáns. Frente ao dominio dunha única língua como ideoloxía e como prática estatal, a pluralidade lingüística aséntase como un dos seus valores fundacionais. Pola súa transcendencia a respeito do carácter das instituicións políticas raia á altura da Reforma ou da Revolución Francesa.

Para iso foi necesario superar ideoloxías e preconceitos sobre as institucións políticas firmemente ancorados na historia e no governo dos Estados, conciliar intereses contraditorios, salvar obstáculos tidos por irrenunciábeis.A consciencia da necesidade da Unión non era xeral. Existían visións mui enfrentadas sobre o pasado e o futuro: sobre as causas e as responsabilidades do ocorrido; a posibilidade de superación das guerras fratricidas, recentes e vivas as feridas da catástrofe; o abandono ou a permanencia da estrategia imperialista polos Estados europeus que mantiñan ainda colonias noutros continentes; a conceición do mundo e da sociedade nunha Europa tan dividida en sistemas políticos e económicos enfrentados; as relacións cos EEUU e a URSS. Necesitóuse o paso do tempo para a Unión Europea coller o seu sentido e tomar a consciencia expresa das dificuldades do pretendido e dos avances logrados. Após as guerras fratricidas que a distinguiron e sabendo da experiencia de loitas ideolóxicas e sociais inscritas xa na historia común da humanidade, nacida en plena Guerra Fría e condicionada por ela e polos acontecimentos posteriores (desde a descolonización até a queda do Muro de Berlin e as guerras dos EEUU en Iraque e Afganistán), os fundadores non puderon soñar o conseguido. Hoxe, con 500 millóns de habitantes e sendo a primeira potencia económica mundial, a Unión é o espazo político onde mellor se refliten as conquistas democráticas e sociais e o respeito dos direitos humanos que pertencen a toda a sociedade mundial.

Porén representa ainda unha aventura inacabada.Sempre e máis ainda depois da queda do Muro de Berlin que dividía o planeta, fuxindo de experiencias imperialistas que non pode repetir, a UE ten que devir nunha potencia civil mundial pola paz e solidariedade, superando as tentacións provincianas e vaidosas dos Governos dos Estados membros, que atrancan a presenza da Unión, par de China, India, EEUU, Brasil ou a Federación Rusa, e impeden o uso toda a súa forza democrática na resolución dos problemas mundiais. Unha potencia civil independizada dos EEUU, rexeitanto a política militarista e neoliberal, a conceición dos servizos públicos e o mesianismo mundial dese Estado, sen esquecer nisto elementos económico-culturais impostos na propria Europa por monopolios estadounidenses ante a pasividade dos Governos da Unión. Resultou descorazonador contemplar o espectáculo dos Governos da Unión na última reunión do G20 en Londres, querendo intervir e seren recoñecidos en lugar de apareceren institucionalmente como representantes da primeira potencia económica mundial á que pertencen.Compreendendo un espazo económico sen igual, o orzamento comunitario determinado polos Estados non pasa de 1% do PIB do conxunto da UE, cando o de cada un se sitúa normalmente entre 40% e 50%.

A pouquedade do orzamento non permite atender ás politicas económicas, sociais e territoriais internas e ás necesidades da política internacional, frustrando as demandas e aspiracións dos cidadáns acerca da Unión.O espazo económico sen fronteiras da UE, en grande parte governado polo euro, afortala á sociedade europea na economía mundial, en particular en momentos de crise como o actual ou perante a realidade da mundialización, e obriga a mudar a conceición das políticas e dos espazos económicos, de maneira que a comparación e a regulación e das condicións de traballo xa non se limitan aos territorios estatais senón ao conxunto da Unión (poñamos por caso, antes Galiza a respeito de Cataluña e agora tamén o Estado español en relación con todos os paises do Leste). Frente a esta realidade, a UE non dispón de determinacións de ámbito comunitario que garantan o mantimento das conquistas sociais e o equilibrio económico, deixando que campen libremente os governantes e os poderes do capitalismo neoliberal.Constituindo unha unidade na diversidade, a Unión Europea non recoñece como tais ás nacións sen Estado, como Galiza, Escocia, Gales, Flandes, Cataluña, Euskadi e outras. Sendo por sí mesma a negación do modelo estatal chovinista, a UE depende das decisións de Estados debedores dunha conceición centralizadora e uniformizadora das instituicións políticas. No caso de Galiza, ainda sen contar con un Estado proprio, de maneira que con el se integraría como Dinamarca ou Letonia, de recoñecerse o Estado español como plurinacional a Unión Europea tamén o faria. Igual ocorre coa língua. Claro que neste caso se os galegos deciden por fin que tamén se fala en Portugal ou Brasil e actuando en consecuencia, sen negar as diferenzas, a lingua de Galiza xa sería unha das oficiais. Non así no Estado español.No campo institucional, de mediar a vontade política necesaria o Parlamento Europeu podería adquirir a plena capacidade lexislativa en asuntos transcendentes de carácter internacional, económico ou militar que agora se reservan os Estados através do Consello Europeu, nunha carencia democrática agravada a causa da non aprobación do Proxecto de Tratado Constitucional e do Tratado de Lisboa, que lle dá á Cámara a última palabra nas cuestións da súa competencia.

A análise fica incompleta se non se ten en conta que as eivas da UE non veñen principalmente do seu carácter constitutivo, senón da acción dos Estados. Governados muitos deles por forzas politicas conservadoras ou chovinistas, tendo posicións contraditorias sobre o sentido da construción europea ou utilizando o seu poder de veto en asuntos de importancia, boicotean habitualmente o avance da Unión política. Dominan ademais o espazo de comunicación e os elementos ideolóxicos da política, até o ponto de seren atribuidas ás demais instituicións da UE decisións negativas formuladas por eles mesmos desde o poder do Consello Europeu.Dito todo nun intento de esclarecer os xuizos e desanuviar o horizonte.

segunda-feira, abril 27, 2009

Carta Aberta de Camilo Nogueira


“Quero mostrar o meu total desacordo con a decisión tomada, a instancia de CiU, pola Comisión Executiva en funcións do BNG, e depois polo Consello Nacional, sobre a renuncia ao escano de deputado que me pertence. Creo que tomaron unha decisión moi prexudicial para Galiza e o que nela representa o nacionalismo galego. Perante a posibilidade de estar como BNG no Parlamento Europeu no remate desta lexislatura a Comisión Executiva aceitou decontado as posicións de Converxencia e Unió, a mesma que contra os nosos intereses acababa de romper o pacto Galeusca que outorgaba a Galiza a terceira posición na candidatura das eleicións europeas. A negativa Carta de CiU nen siquer foi apresentada na reunión da Comisión Executiva que tomou a decisión favorábel a organización catalá. Coido tamén, e teño abondas razóns obxectivas para facelo, así que na decisión tomada e na forma de facelo influi determinantemente o feito de que defendo e partillo con compañeiras e compañeiros no BNG, e con muita xente da nación, ideas diferentes ás da maioría actual na direción da organización. Ainda así, teño a intención de renunciar a acta de deputado no Parlamento Europeu.”
1.-“Demitido o deputado Ignasi Guardáns (depois de serlle negada por CIU a posibilidade de apresentarse de novo nas eleicións europeas e como consecuencia de incorporarse a un cargo no Ministerio de Cultura do Governo do Estado) correspóndeme legalmente substituilo por ocupar a terceira posición como candidato do BNG, logo do deputado do PNV Josu Ortuondo. A pasada semana o Parlamento Europeu debe principiar o proceso de substituición para ser trasladado á Xunta Eleitoral Central do Estado Español, organismo que comprobada a lista apresentada debe dar resposta á Camara europea.
2.-A ocupación do escano non sería debida a ningunha ilexítima pretensión pola miña parte, como deu a entender a Comisión Executiva, nen sería un simples produto da miña vontade, senón a consecuencia legal da posición mantida na lista conxunta. Sería en todo o caso coerente co Pacto de Coalición Eleitoral de Galeusca, que asinamos os candidatos.
4.- Teño a convición de que a entrada do BNG ao final da lexislatura tería un carácter simbólico beneficioso para o nacionalismo na campaña eleitoral que se aviciña.
5.-Mais, depois de receber unha Carta de Convergencia i Unió na que demandaba a miña renuncia, dirixentes do BNG aceitaron decontado as posicións da mesma organización catalá que acababa de romper o pacto Galeusca no que BNG ocupaba o terceiro lugar nas listas eleitorais.
6.-A Carta de CiU non foi posta en coñecimento dos membros da Comisión Executiva que, celebrada o 22 de abril, tomou estrañamente unha decisión favorábel a esa organización e contraria aos intereses do BNG. A maioría dos membros da Comisión Executiva, e todos no sentido formal, ignoraban o contido concreto da Carta. Afectado directamente, eu tamén o descoñecía. Pasaron dous días até que o 24 de Abril me fixeron chegar a nota que enviaran aos medios de comunicación e os documentos que pretendían xustificar a renuncia pedida por CiU.
7.-A Carta tampouco foi apresentada como tal ante o Consello Nacional do sábado 25 de Abril, cuxo contido foi dado a coñecer por min nese acto. Membros da Comisión Executiva tiveron noticia por esta vía do contido exacto da mesma.
8-Depois de manter o silencio posíbel, defendin a miña postura perante o Consello Nacional, o orgao ao que lle corresponden as decisións políticas depois da dimisión da Comisión Executiva a consecuencia do fracaso nas eleicións galegas. Dixen que os termos e os argumentos da Carta refletían moi discutíbeis intereses de CiU, que non respeitaban o sentido do Pacto de Coalición e eran contraditorios cos intereses do BNG.
9.-Depois de facer apelación ao Pacto da Coalición Eleitoral, e en particular a Norma Oitava do mesmo, a Carta de CiU reclamaba que “o candidato Camilo Nogueira, do BNG, presente a súa renuncia a tomar posesión da súa acta de eurodeputado”. Non a pedían, surpreendentemente en favor do cuarto candidato, de Unió Democrática, que parece estar separado de CiU, senón do quinto militante de Convergencia, o outro partido da federación CiU. Agregaban que reclamaban a renuncia “tamén para evitar alteracións laborais na equipa de asesores a cargo de CiU”, engadindo: “trátase tan solo de manter a continuidade da equipa até o mes de xullo, data en que tomarán posesión os novos deputados”, asunto que podía arregrarse sen renunciar aos intereses galegos e do BNG outorgándolle a CiU o direito a receber a asignación para secretariado proporcionado polo Parlamento.
10.-En todo o caso, a cuestión central reférese á interpretación daquela Norma oitava do Pacto de Coalición, referente á substitución no caso de “falecimento, incapacidade ou renuncia de un deputado”. A Norma di que nese caso “os partidos integrantes da Coalición se comprometen a posibilitar o acceso á condición de Deputado a outro candidato pertencente á mesma formación política que o que causa baixa, para respeitar a proporcionalidade que saia das urnas”, rematando con unha frase referente a que os partidos se comprometen a por esta circunstancia en coñecimento de todos os integrantes da candidatura, chamamento este que pertencente ao Protocolo global da Coalición que asinamos os candidatos e debemos respeitar.
11.- Contra a decisión tomada pola Comisión Executiva do BNG, tan prexudical para Galiza e o nacionalismo galego, defendín no Consello Nacional que esa “proporcionalidade saida das urnas” está máis que respeitada tendo en conta que CiU tivo o escano cinco anos, entanto que o BNG non o ocuparía máis que un mes até o momento das eleicións e outro máis até a toma de posesión dos novos deputados. Non se trataría, pois, de no cumprir os acordos con CiU e o PNV, ou de non respeitar a literalidade dos acordos, como pretendeu a Comisión Executiva, senón de consideralos desde o ponto de vista galego, utilizando unha argumentación máis correcta, racional e xusta.
12.-Débese lembrar que, contra os argumentos difundidos pola Comisión Executiva en funcións esa cláusula non se refere para nada a acordo de non rotación contemplado no Pacto de Coalición, senón a unha situación sobrevinda que, obviamente, se pode dar tanto se existe o acordo de rotación como se non.
13.-Non está en demais recordar de novo que foi a organización catalá a que, negándolle a última hora ao BNG o terceiro posto nunha coalición posíbel para a próxima lexislatura europea, obrigouno a procurar outra alianza.
14.-Por estes motivos, ante o Consello Nacional reclamei a reconsideración da posición da Comisión Executiva en funcións para evitar os prexuizos na próxima campaña eleitoral que se orixinarían tanto no caso da renuncia, contraria á presenza simbólica do nacionalismo galego no Parlamento Europeu no final desta lexislatura, como no caso de ser mantida por min a decisión persoal de ocupar o escano que me corresponde legal e politicamente.
15.-Sigo considerando que a Comisión Executiva tomou unha decisión moi prexudicial para o nacionalismo galego e para o que representa en Galiza. Estou en total desacordo con esa decisión. Penso tamén, e teño abondas razóns obxectivas para facelo así, que na decisión tomada e na forma de facelo influi determinantemente o feito de que o candidato son eu, que defendo e partillo con compañeiras e compañeiros no BNG e muita xente na nación ideas diferentes e contraditorias coas da maioría actual na direción da organización.
16.-Ainda así, teño a intención de renunciar a acta de deputado que me corresponde no Parlamento Europeu.
17.-Non lle teño medo aos xustos conflitos mais, desexando uns bós resultados nas próximas eleicións , non quero que a miña presenza no Parlamento Europeu se relacione con nada do que suceda. Abonda co que xa pasou sen eu ter nada a ver. Depois de defender en 1999 a idea de o BNG apresentarse en solitario, en 2003 non pensaba repetir como candidato e así o anunciei na Comisión Executiva do BNG á que pertencía. Acabei aceitándoo. Faltaron 160 votos e fallaron muitos máis. Con todo, tiven o privilexio de ser deputado do BNG por Galiza na lexislatura 1999-2004 e teño tamén a experiencia excepcional de ter sido deputado eleito por unha semana no principio da lexislatura 2004-2009 e deputado virtual por uns días ao final da mesma. Debo agradecer o voto das mulleres e dos homes que o posibilitaron. Fica moito por facer.
Camilo Nogueira
Compostela, 27 de Abril de 2009
.
Adxunto a Carta de CiU (cuxos termos foron feitos públicos pola organización catalá o pasado sábado precisamente nas horas en que o 25 de Abril se reunía o Consello Nacional do BNG) e a norma oitava que forma parte do Protocolo global da Coalición que os dirixentes e candidatos asinamos no seu momento.

sábado, abril 25, 2009

Parabéns Camilo




Parabéns Camilo

Camilo Nogueira, premio Antón Losada polo seu ensaio "Europa, o continente pensado" .

O Antón Losada Diéguez de Ensaio e Investigación tivo como xurado a Fernández Rei, Xusto Beramendi, Xosé Luís Valladares, Cipriano Xosé Caamaño, Ramón Lorenzo, X. Henrique Costas e Carlos Paulo Martínez Pereiro, representantes da Real Academia Galega, do Museo do Pobo Galego, da Deputación de Ourense, universidades de Santiago, d´A Coruña e Vigo e dos Concellos do Carballiño e Boborás, coorganizadores deste premio desde hai xa 24 anos. Coa obra galardoada, o xurado tivo en conta "ou seu rigor documental e profundidade de análise, sobre ou novo marco económico e político supra-estatal que condiciona a orixe e ou tratamento de problemas decisivos para ou presente e ou futuro de Galicia", segundo a acta do xurado. A reunión para este fallo celebrouse non Concello ourensán do Carballiño. A entrega do premio realizarase nun acto literario previsto, como cada ano, na casa natal de Losada Diéguez no pobo de Moldes, non concello ourensán de Boborás.

quarta-feira, abril 22, 2009

Unha penosa contradición


Unha penosa contradición
Por Camilo Nogueira


De acordo cos resultados do Eurobarómetro do Parlamento Europeu feito público este día, a visión dos cidadáns sobre as próximas eleicións europeas está moi condicionada pola crise económica. Así se interpreta o facto de a preocupación da xente estar centrada nos “problemas de cada día”, desde o emprego á sanidade pública, e que se demande unha proteción máis forte desde as instituicións europeas, exixindo con ese obxectivo unha mellor coordenación da política económica, orzamentaria e fiscal da Unión. A sondaxe reférese, por outra parte, á confianza nas instituicións comunitarias, de maneira que en relación con un Eurobarómetro anterior esa confianza diminuíu a respeito do Parlamento Europeu, pasando de 51% a 45%, a concernente á Comisión Europea, baixando desde 51% a 42% e a referente ao Banco Central Europeu, antes 48% e agora 39%. O inquérito trata finalmente das eleicións europeas, revelando que 43% dos cidadáns están interesado nelas, entanto que non é así para 53%, tendo decidido definitivamente que van votar 34% e que non o farán en ningún caso 15%.

.

En resume, ante a crise os cidadáns desexan unha acción decidida das instituicións europeas, mais non confian nelas, prevéndose unha moi baixa participación nos comicios de xuño. A interpretación mediática da sondaxe pode resumirse con dous titulares de imprensa: “As eleicións europeas ameazadas dunha abstención record”, como rezaba un xornal de Paris, e “A crise afunde a confianza nas instituicións da Unión Europea”, como anunciaba outro de Madrid. Coñecendo a marcha dos asuntos da UE nada disto resulta supreendente. A eiva do Eurobarómetro é que non se interesara sobre todo polo papel do Consello Europeu, a instituición que formada polos xefes de Estado e de Governo dos 27 Estados membros dispón do maior poder na UE, en muitos asuntos praticamente en exclusiva, nen sobre a responsabilidade dos Estados membros. Formando a primeira potencia económica mundial e a terceira entidade demográfica do planeta, contando con un espazo económico e monetario común e posuindo, con todas as críticas que merece, o mellor modelo de relación e proteción social do planeta, en lugar de actuaren colectivamente os Estados fano en orde dispersa, recuperando actitudes chovinistas que podían parecer superadas, aceitando formulacións neoliberais que negan conquistas sociais que enchen a historia do continente e considerando aliados preferentes a Estados alleos e distantes da UE.

.

Son os mesmos Estados que (integrando nesta apreciación os poderes políticos, ideolóxicos, económicos, culturais ou mediáticos) en lugar de salientaren que a súa economía forma un todo coa europea (non hai maís que matinar en como as medidas tomadas en Franza e en Alemaña condicional, por exemplo, a produción de Citröen e da industria auxiliar en Galiza) minimizan o poder comunitario, ocultando mesmo que as instituicions estatais dedican a maior parte da súa actividade lexislativa a transferir ás normas legais da UE. Unha actitude que pode explicar a penosa contradición entre a demanda de acción das instituicións da UE frente aos problemas causados pola crise e o perigosa desinterese que expresan os cidadáns a respeito das eleicións europeas.

terça-feira, abril 07, 2009

O patrón de Europa


O patrón de Europa


Por Camilo Nogueira


En Londres, Estrasburgo e Kehl no Rin e en Praga, a ultima semana foi especialmente abundante en encontros internacionais en territorio da Unión Europea. A reunión do G20, na que participaron os Estados máis relevantes do planeta (de China, India e Brasil a Turquía, Indonesia e Sudáfrica) na procura de solucións á crise financeira e económica, tivo como anfitrión ao primeiro ministro Gordon Brown. A xuntanza da OTAN celebraba en territorio de Nicolas Sarkozy e Angela Merkel o sesenta aniversario da súa fundación. En Praga os donos da casa eran Vaclav Klaus e Mirek Topolánek, Presidente e Primeiro Ministro da República Checa, que preside neste semestre o Consello Europeo.

Tomando parte en todos eles, Barack Obama representaba a un dos Estados convocados, sen lle corresponder a presidencia. Non obstante, ao tempo que se abaixaba a importancia e nalgúns casos se facía risa dos anfitrións europeus, nos medios de comunicación investían a Obama como o presidente de todo, como o monarca taumaturgo. O primeiro ministro británico definíao como o lider mundial. Nos medios europeus a ollada sobre os problemas tratados favoreceu ás posicións dos EEUU e desmereceu ás dos paises da UE. A propósito de Londres, onde participaron sete Estados comunitarios mais non a instituición europea representando aos vintesete, EEUU foi de novo calificado como a primeira potencia económica mundial, cando este título lle corresponde á Unión Europea. Arrimóuselle a EEUU o direito a indicar o que debían facer os europeus a respeito da crise, cando desde as hipotecas subprime, aos activos podres de Lehman Brothers, pasando por estafas como a de Bernard Madoff, a principal orixe dos problemas está no Estado norteamericano.

Pretendendo impor o tipo de decisións tomadas polo Governo dos EEUU, ao compararen os investimentos públicos destinados a superar a recesión tendéuse a non facer caso do efecto anticrise do modelo público de proteción social dos paises da UE, que non existe no tan idolatrado sistema estadounidense. Quitóuselle importancia á urxencia da regulación do sistema financeiro mundial que reclamaban determinados Estados europeus e que finalmente foi aprobado na capital inglesa. Con motivo da reunión da OTAN en Estrasburgo, onde a UE non estivo como tal nen tiña porque estar, aproveitóuse o feito de o Rin pasar por alí para culpabilizar aos paises europeus reticentes a enviar máis tropas da Afganistán, aducindo que están obrigados a comprometerse de cheo na guerra xa que, caído George Bush, non ten un carácter unilateral senón multilateral. Esquecen que, decididas por EEUU, as invasións praticadas alí e en Iraque xa tiveran unha presenza múltiple.

Na República Checa o Presidente dos EEUU encontróuse co Consello Europeu e a Presidencia de turno, non pudendo facelo ainda cun Presidente permanente da UE, ao non estar ratificado o Tratado que así o determina. Para alén da acollida debida a todos os hóspedes, sexan de México e Sudáfrica ou foren de Australia e a Federación Rusa, unha boa parte dos dirixentes europeus, nun exercicio de penoso papanatismo, rendíronse ante o recén elexido Presidente do Estado norteamericano. Entretanto, facendo uso dunha falsa modestia, Barack Obama afirmaba que non tiña intención de liderar o mundo, nen de ser o patrón de Europa, como lle era ofrecido. Mais de catro que foxen como do demo da idea de ter un Presidente da Unión Europea estarían dispostos a aceitalo de ser oriundo de de New York.