terça-feira, outubro 24, 2006


EUROPEÍSMO CRECENTE ENTRE A MOCIDADE EUROPEA

As labazadas que os referendos recentes significaron para o proxecto europeo impulsado polos líderes políticos foron interpretadas ás veces como freo á construción dunha identidade europea. Porén, investigadores austríacos botaron man da estatísticas e analizaron a evolución nos últimos dez anos do sentimento identitario dos cidadáns a nivel estatal e en relación á Unión Europea. Ao respecto concluíron que desde o punto de vista identitario os eurocidadáns séntense progresivamente máis "europeos", nunha porcentaxe media na UE de ata o 58%, media que sobe ao 78% en Luxemburgo, é mínima entre os británicos, cun 40%, e queda no Estado español nun 64%. "As xeracións máis novas están máis próximas a unha certa identidade europea que se suma á súa propia identidade nacional", expoñen no estudo (.pdf), prognosticando que esa porcentaxe chegará ao 68.5% en 2030, de seguir a tendencia actual.

O especial de Vieiros: A Europa que queremos

Sem comentários: