domingo, maio 04, 2008


Día de Europa, queremos máis Europa
Por Joaquim Millán


A Unión Europea está cada vez máis presente na vida dos cidadáns e cidadás. Todos os Días de Europa que celebremos conmemoramos o inicio dun longo proceso de construción europea que se atopa en constante movemento e evolución. O 9 de maio de 1950, Robert Schuman, pronunciou un discurso que orixinou este inicio e onde dicía que "Europa farase grazas ás realizacións concretas que cren en primeiro lugar unha solidariedade de feito entre os cidadáns e cidadás de Europa". Hoxe este espírito, non tan só se atopa completamente vixente senón que é de forza actualidade. Un espírito renovado en base a uns valores de democracia, xustiza e paz, e a vontade de traballar para conseguir un espazo plural e diverso, de prosperidade e progreso, de convivencia e tolerancia, de cohesión e benestar social. Só por este motivo é que Europa ten sentido para os seus cidadáns e cidadás, que teñen que ser protagonistas e non deben deixar pasar a ocasión de selo. Atopámonos diante dunha Europa que necesita mellorar as súas institucións, facelas máis eficaces, máis próximas e máis útiles á cidadanía e que respondan máis claramente ás necesidades que sentimos en ámbitos como o emprego, a loita contra a pobreza, a exclusión social e a seguridade común. É por iso que é fundamental durante este ano 2008 a ratificación do Tratado de Lisboa, para que entre en vigor o próximo 2009. Todos debéramos deixar de ser só espectadores, para pasar a ser actores activos do proceso de integración europea. Necesitamos unha Unión Europea que encarrile un futuro cheo de esperanza, e non como un punto de chegada, senón como un paso adiante que debe permitir seguir o camiño cara a adiante. Após máis de 50 anos de historia, con momentos peores e mellores, funcionou suficiente ben, todo o mundo quere entrar na Unión e ninguén quere saír. E neste contexto, os concellos son dobremente esenciais, por unha banda para achegar a cidadanía ao de día en día europeo; e por outra, para achegar a administración de Bruxelas á súa cidadanía. Sen cidadáns e cidadás conscientes de que conforman un espazo común con problemas que se teñen que resolver e que a Unión Europea achega ferramentas para topar as solucións, Europa non será o soño dos pais que a fixeron nacer hai agora máis de 50 anos. É por todos estes motivos que cando celebramos cada ano o Día de Europa, farémolo coa vontade de tomar conciencia de que todos nós formamos parte deste proxecto, e este ano farémolo conmemorando dúas datas. A primeira, os 50 anos de Parlamento Europeo, a institución que representa a vontade dos cidadáns e cidadás, tendo moi presente que o vindeiro ano hai eleccións. A segunda, os 60 anos da Declaración dos Dereitos Humanos, resaltando que Europa foi unha grande defensora tanto dentro como fóra, proba diso é a carta de Dereitos Fundamentais da UE que se atopa incluída no Tratado de Lisboa. E polo tanto, farémolo coa firme vontade e convencemento da necesidade de contribuír e participar activamente neste proceso de construción para conseguir a Europa de futuro que todos e todas queremos e necesitamos.

1 comentário:

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.