«Debemos recordar que "Europa" tivo ao longo dos séculos a ser depositaria de enormes esperanzas morais (e, en realidade, tamén relixiosas)», asegura Jan-Werner Müller, profesor de Teoría Política e de Historia das Ideas na Universidade de Princeton, no número 178 da revista Claves de la Razón Práctica.
Este ensaista, autor de "Patriotismo constitucional", salienta que o Discurso á nación europea publicado por Julien Benda en 1920 representaba un manual completo para a construción dun sistema político supranacional e ofrecía unha das visións máis rigorosas e intransixentes dos prerrequisitos morais e psicolóxicos para a unidade europea. Jan Werner Müller remata o seu ensaio con esta conclusión: «Europa é -e quizais non poida ser doutro xeito- un espazo de proxecións múltiples, superpostas e a muído inconscientes».
[Documento completo en PDF]
[Documento completo en PDF]
Sem comentários:
Enviar um comentário