Política de inmigración ou de outmigración na Unión Europea?
Por Ana Miranda
No marco europeo, as grandes declaracións diplomáticas marcan a axenda política en materia de inmigración. E nada máis. O resultado é a carencia de política migratoria europea, coordinada e que permita evitar os acontecimentos destes dias últimos, como a negativa de Malta acoller a 27 inmigrantes africanos e a pseudo excusa pedindo axuda a outros Estados membros, ou que mariñeioros galegos actúen por forza maior como suplentes dos Estados, dos busques gardacostas e da asistencia civil nunhas situacións moi duras e que merecen todo o respeito. Asi como existe unha política de coesión en materia territorial para evitar as disparidades, os gobernantes europeos, deben aplicar en vísperas dun importante Consello que mete a folla de ruta do texto constitucional europeo-, unha nova fórmula para abordar a política migratoria baseada na xestión solidaria cos paises receitores de inmigración ilegal. O que é evidente é que as persoas que arriscan vidas no mar deixando fame, conflictos armados,... non vai mudar porque non hai fronteiras contra a desesperación. O que a Unión Europea debe definir xa é se en situacións de crise como esas, xa tan frecuentes, pode seguir falando de política cara a in-migración ou máis ben descubrir seus erros na actual política de out-migración. E como sociedade galega, tamén temos que ter posición ao respecto.
Sem comentários:
Enviar um comentário