sexta-feira, novembro 16, 2007


Escocia será independente no ano 2017

Segundo anunciou o primeiro ministro, en dez anos, a nación celta poderá fixar os seus impostos e reclamar a maior parte das reservas petrolíferas do mar do Norte. Alba (Escocia) será un Estado independente do Reino Unido nun prazo de dez anos. Este martes, o primeiro ministro, Alex Salmond, facía o anuncio, e afirmaba que só cando se consiga este obxectivo, converteranse nun "león celta" e poderanse equiparar ás economías doutras nacións europeas pequenas, mais moi exitosas, como Irlanda ou Noruega. Segundo o líder nacionalista, lograr a independencia para Escocia permitiralle a Edimburgo recortar unha serie de impostos, como os que gravan ás empresas e que actualmente fixa o goberno de Londres.Os escoceses reclaman un 90% do petróleo do mar do Norte, calculado en función da débeda nacional, e a supresión da base de submarinos nucleares de Faslane. Estas dúas cuestións son as que maior conflito poderían causar con Londres. Voces críticasEntre as voces críticas, a do Partido Laborista Escocés. "Cada vez que Alex Salmond predixo unha data para a independencia escocesa, equivocouse totalmente; semella que a historia se repite", dixo Cathy Jamieson, líder adxunta da formación. Porén, as medidas adoptadas por Salmond nos súas seis primeiros meses de goberno tiveron unha moi boa acollida entre os escoceses, e contribuíron a aumentar a popularidade do primeiro ministro, segundo reflicten as enquisas.

Sem comentários: