quinta-feira, agosto 16, 2007


Son europeísta desde antes de nacer

Por Lino Braxe
(poeta, narrador e escritor, actor e director de teatro).

Unha vez lin un grafitti que dicía: "Lino Braxe, bandeira da mestizaxe". Tamén souben que algunhas persoas doutras culturas e razas me teñen definido así sen estar eu presente, e que incluso na revista "Tempos" apareceu unha entrevista comigo con título semellante ao grafitti. Todo isto fixome reflexionar moito. O primeiro que pensei é que eu non quero ser bandeira de nada e de ninguén. O segundo foi que as xentes do noso tempo andan a procurar clichés e "ches guevaras" por todas as esquinas, deben ser unha especie en extinción e, en canto un adopta unha actitude rebelde fronte ao botín do mundo que reparten os xerarcas do neoliberalismo, xa che ponen unha boina cunha estrela e, vena, xa naceu un icono para tomarmos copas e xogar aos revolucionarios de café, eos que, por certo, xa se meterá Lenin hai un século. O terceiro foi que me ratifi­que! no meu odio a toda clase de ismos de corte político. E o cuarto que pensei foi no pouco que me coñece o público que le a miña poe­sía e na curiosa interpretación que fan da mesma. É evidente que un señor que segué a colaborar coa OLP, que está considerado polo Fronte Polisario como "un amigo histórico do pobo saharaui" e que ten publicado dous libros como "O sangue dos árabes" e "A cor do ceo", arriscase a ser branco de todo tipo de interpretacións, desde o oportunismo da súa literatura ate o politicamente correcto do seu discurso; claro que o meu sempre foi arriscar. Así me vai. Loxicamente nin renegó das causas que apoio nin da miña literatura, mais a miña opinión sobre o fenómeno da inmigración é ben distinta do que se poida pensar. Son europeista desde antes de nacer. Quero dicir, o meu mestre José Luis Sampedro era europeísta cando na España autárquica de Franco ¡so da Europa estaba mal visto. Eu son dése tipo de europeístas, deses que cren na Europa dos pequeños pobos, das diversas culturas e do servizo ao cidadán. Queiramos ou non, somos europeos e europeas, e pertencemos a un continente que ten dado ao mundo as civilizacións celta, grega e romana; un territorio onde se escribiu o Ulíses, naceu Mozart, pintaron Rubens e Seoane, inventaron Leonar­do e Einstein e amou Casanova; un lugar onde as súas xentes viviron guerras relixiosas, holocaustos, revolucións e matanzas para ir construíndo unha idea, unha idea de vida. E tantos sacrificios non poden ser ignorados. Europa fixo posíbel a revolución francesa, a Declaración dos Dereitos Humanos, a revolución de 1917 e os movementos sindicais. Feitos históricos bañados en sangue pero que serviron para acabar co despotismo e a servidume. Temos prestacións sociais, horarios razonables e un certo benestar grazas aos nosos mortos. Non digo que vivamos no mellor dos mundos posibles, pero si é posible que sexa mellor o noso mundo que o de Chad, Malasia ou Bolivia. A vida no noso continente aínda vale algo. Aqui non temos un índice tan alto de psicópatas como en EEUU, aínda que se segui­mos ollando de esguello a Europa e seguimos educando aos nosos rapaces á americana, calquera día teremos un susto. Está claro que non me vale nin o modelo norteamericano nin as alternativas de repúblicas socialistas que ate o momento se levaron adiante, nin o tribalismo cruel do terceiro mundo que so conduce á violencia. Estarei sempre a favor da chegada de novas razas e culturas a Europa, sempre que as nosas culturas e as nosas razas non sexan extermina­das. A ablación en Europa é un delicto e non unha tradición. Cremos nos convenios colectivos e non na man de obra barata. Lemos desde cativos a Kayyan e a Basho, pero tamén queremos que os demais lean a Quevedo ou a Cunqueiro. Somos quen de escoitar música con raíces que procedan de calquera lugar do planeta, pero moléstanos o desprezo que á música de Wagner ou de Os Diplomáticos de Monte Alto se lle ten por outras latitudes. Amamos os templos budistas e os totems indios, sen embargo non entedemos por que se ignora a beleza dos nosos templos ou dos nosos teatros. Si, está claro que é un asunto de cultura, pero tamén de integración. E, que entendemos por integración?

No Estado Español, por poñer un caso, conviven dúas maneiras de entender a integración. Dous xeitos opostos e igualmente inútiles. Dunha banda están os que entenden o problema da inmigración desde unha óptica policial (Lei de Extranxeiría, expulsións, detencións, persecucións, etc); da outra están os que o entenden dun xeito solidario (ONGs, somos todos "chachi-guais", non importa que non aprendan os nosos idiomas, hai que conseguirlles choio ainda que llelo quiten aos nosos labregos e labregas ou traballen por salarios ínfimos). O primeiro paréceme pechar os ollos a unha realidade moito máis complexa que non se soluciona pechando fronteiras; o segundo resúltame simplemente hipócrita. A escravitude volve a existir. Pensen nalgús invernadoiros das costa mediterránea. A cantidade de horas que traballan e as condicións hixiénicas ñas que viven os/as inmigrantes neses ¡nvernadoiros son delirantes. As xentes que veñen en pateiras ou nos camións frigorífi­cos lémbranme os barcos que traficaban con escravos no XVIII ou XIX. Pero tamén é certo que a clase traballadora de nacionalidade española que quixo ir á fresa ou á vendima nos últimos tres anos non puido facelo porque había quen o facía máis barato. Tampouco é totalmente certo que as xentes de aquí non queiran facer determina­dos traballos. En Galicia, por exemplo, a nosa mocidade emigra masivamente a Lon­dres e a Canarias para traballar na hostele­ría, e sen embargo a hostelería galega está cada vez máis invadida por xente latinoa­mericana. O da inmigración é difícil e pre­cisa dunha reflexión sensata e lenta, senón seguiremos parcheando e ao final o racis­mo, esa brutal lacra do noso tempo, xurdirá tamén na Galicia e nos pillará a todos bailando un merengue e bebendo un daikiri. Por certo, non están un pouco fartos de tanto ritmo latino? Hai quince anos que nas discotecas deste país non se pincha outra cousa. Outra constatación máis da pobreza da sociedade que estamos crian­do. Repetímonos ate para divertirmonos. Uniformamos ate o lecer. O único xeito de poder convivir sanamente é o esforzó: o esforzó da poboación europea por se adaptar ao que vén de fóra, e o esforzó do que chega por asimilar o espazo novo no que habita. Nos non queremos ghettos, queremos un inmigrante que se esforcé en aprender os nosos idiomas, as nosas culturas, que res­pecte as nosas leis e as nosas maneiras de relacionármenos, a nosa gastronomía e a nosa música. Nunha palabra, que se integre no códi­go civilizado que o sangue europeo construiu para beneficio de todos, principalmente para eles que deixan atrás o horror e desem­barcan nunha nova estación, a estación da esperanza. Eu, ao igual que son europeista, estou a favor da globalización total. Estou a favor do reparto de riquezas e das vacinas contra as doenzas. Non creo nun mundo que quere rematar coa clase media e que ve as culturas e as razas como materia museística e non como unha realidade cotián que nos pode disparar a imaxinación e as sensibilidades. Canto máis saibamos dos demais, máis saberemos de nós mesmos, pero para iso é necesario que haxa reciprocidade. A educación e o compromiso non son cuestión de cultura ou de razas, e as culturas e as razas que descoñezan o significado do respecto á diferenza terán de seren multadas polos tribunais internacionais, e obrigadas a aprenderen o código da convivencia. Unha nai ou un pai do Cáucaso ou de Tanza­nia saben que a un fillo ou a unha filla hai que ensinarlle a devoción polas xentes maiores, polos animáis e pola natureza. Todos sabemos que amar a vida é darlle un valor altísimo ao noso paso por este val de bágoas. E quen non o entende así, non é de cultura e de raza dife­rente. É, sinxelamente, un mal nacido.
Artigo publicado na revista ENCLAVE (nº10)

Sem comentários: