quarta-feira, abril 04, 2007


THIS IS THE END

Por Josep Carles Laínez

Na edición dixital de El País do venres 30 de marzo de 2007, dúas novas finais levaron á doada síntese do meu título: unha fotografía do sempiterno e seductor Jim Morrison, e unha información verdadeiramente arrepiante: “un 67 % [dos españois] está á favor de que os musulmáns residentes en España poidan votar nas eleccións”. Parece que o líder de The Doors puxera letra e música a esa tendencia dos españois (e dos europeos) a deixar de decidir, a meter a cabeza na corda da súa forca. Esta é a impresión e a incomprensión. O dato pode lerse tamén como que un 67 % xa non pensa por el mesmo, só repite consignas sobre os efectos das cales non se pregunta. Se os países de Europa non existen ou son pactables, se meramente son “Constitución”, é revisable todo canto os concerne: a historia, as manifestacións relixiosas, a lingua, a forma política baixo a cal rexirse… Por tal motivo non xulgo necesario ser apocalíptico para concluír coa afirmación do meu título; basta con ser pesimista. E en Europa, dende hai alguns lustros, ser pesimista é sinónimo de ser realista, de recoñecer por onde nos conducen os rumbos captavotos dos partidos sen ideais: manterse no poder pese á quen pese, anque nese camiño deban dinamitar os chanzos por onde ascenderon.

A paradoxa destas tendencias alimentadas dende os gobernos, en prol de consegui-lo en teoría descrito por palabras fermosas, e, en alguns casos, por desgracia, ocas, do estilo de “convivencia”, “solidariedade”, “igualdade de dereitos”… é que os Estados-nación (sen conseguiren enganar ós pequenos nacionalismos) se converteron no que eran dende o comezo: en Estados, pois non hai ninguna coherencia nacional nos seus supostos, non pretenden defender ninguna nación porque nunca a sentiron como tal, e tratan o seu territorio en calidade de empresa con débedas e beneficios, aumento de persoal e deberes laborais, proveito económico e accións rendibles, en lugar de unidade histórica cunha serie de características peculiares. No mundo non hai nacións (ou case non hai) convertidas en Estados, senón Estados que quixeron disfrazarse de nacións.

A cesión do voto, e, por conseguinte, a entrega do país, a quen son estranxeiros e ademáis individuos inseridos nunha forma de vida socio-relixiosa imposible de compatibilizar coa práctica da democracia e dun Estado de dereito, é unha proba clara de que os Estados-nación en Europa son simples estructuras económicas sen un ápice de espírito nacional (tamén Italia, co líder de Forza Italia-Fiamma Tricolore, Gianfranco Fini, a visitar mesquitas e a favor do voto dos estranxeiros). Están caducas as grandes ideas que poderían facer, a quen se atopa no seu tecido histórico e vivencial, experimentar o gozo de inscribirse nunha tradición construída polos seus antepasados. A esperanza, por tanto, se encontra nas pequenas nacións. Elas pugnan pola obtención dun Estado e un recoñecemento internacional, defenden os seus signos identitarios, critican os perigos dunha inmigración que va en perxuízo do desenvolvemento dos países do terceiro mundo, temen romper a transmisión dunha lingua e dunha cultura intrínsecamente propia, e son celosas gardianas da súa idiosincrasia malia os intentos de xenocidio cultural exercidos dende a metrópole.

Se permitimos a quen non é europeo, nin quer selo, elixir quen debe gobernar ós europeos, Europa xa non va ser nunca Europa, senón una entidade en transición: europeos que ceden os seus dereitos en beneficio dunha minoría plutócrata e sen raigames, sen reciprocidades, coa esixencia de deixar de ser pronto aquilo polo que tanto loitaron os seus antecesores e devenir o derradeiro obxectivo do liberalismo: o reinado do baleiro, a exaltación da nada.

Sem comentários: