sexta-feira, abril 20, 2007


A Francia de todos os medos

Por José A. Sorolla.

Despois de case seis meses de esgotadora campaña electoral, aínda que oficialmente son 15 días, os franceses elixirán o domingo aos dous finalistas que o 6 de maio competirán pola presidencia da República. Malia que todas as sondaxes –publícanse oito á semana– dan como favoritos a Nicolas Sarkozy e a Ségolène Royal, non hai que desbotar sorpresas. O comportamento electoral dos franceses é bastante imprevisíbel e máis nunha elección á que se chega cun grao de insatisfacción e de temor nunca vistos. Insatisfacción dos electores co seu sistema político e cos seus dirixentes. Entre todos os principais países democráticos, os franceses son os máis críticos e os que máis desconfían dos seus cargos electos, e os máis rabiosos contra as súas elites.

Non en van desde 1981 ningunha maioría gobernante logrou revalidar o seu mandato nunhas eleccións. Non en van o ultradereitista Jean-Marie Le Pen pasou á segunda volta no 2002, deixando na gabia ao socialista e primeiro ministro saínte, Lionel Jospin, e ridiculizando de paso a todas as sondaxes, xa que ningunha previra o terremoto político que se aveciñaba. Non en van os franceses revolcaron a Constitución europea no 2005 nun voto de castigo probablemente por razóns internas, pero que paralizou Europa e, o que é peor, deixou un pouso de euroescepticismo non só no electorado, senón entre os mesmos dirixentes dos partidos que, a excepción da extrema dereita e da esquerda extrema, apoiaron o si.

Este caldo de cultivo do euroescepticismo, cando non abertamente do antieuropeísmo, expresa un dos múltiples medos que percorren Francia. Os franceses, e os seus dirixentes políticos en primeiro lugar, teñen medo a Europa, que se utiliza como chibo expiatorio de moitos males. Abonda ver, por exemplo, o discurso de Sarkozy sobre o euro forte, ao que responzabiliza da debilidade da economía francesa, cando, como escribe François Bayrou, o único realmente europeísta, no seu libro Projet d'espoir, “se a débeda é soportable para os franceses despois de que supere a cota de alerta, é unicamente ao euro a quen llo debemos. Grazas a el, puidemos, en efecto, salvagardar tipos de interese extremadamente baixos”. A débeda francesa acada nada máis e nada menos que 1,2 billóns de euros. Abonda oír as proclamas de Ségolène Royal contra o Banco Central Europeo, dirixido ademais por un francés, coma se a autonomía e independencia da institución fosen as responsables do paro en Francia.

Se Europa é agora un factor de medo en Francia, ocorre o mesmo coa inmigración ou coa mundialización. En lugar de recoñecer o fracaso da política de integración, cuxos principios seguen sendo válidos, e rectificar os erros de aplicación, o partido de Sarkozy liga inmigración e identidade nacional e identifica inmigración e delincuencia. A mundialización, en lugar de ser vista como unha ocasión para que as empresas francesas abran mercados, é percibida como un perigo que trae deslocalizacións, paro e crise económica. China e a India están máis presentes no debate polo temor que espertan que pola oportunidade que ofrecen. Finalmente, hai medo ao cambio e ás reformas. Seguramente, a sociedade francesa é máis consciente que os seus políticos de que as reformas son necesarias, pero son os propios dirixentes os que non se atreven a afrontalas refuxiándose nos temores e desconfianzas dos seus votantes.

A esta contradición non son alleos os vaivéns de Ségolène Royal entre a súa fidelidade a un partido que non acaba de asumir os cambios e o seu desexo de distanciarse do aparello e propor novas políticas. A Sarkozy ocórrelle algo cuspido: o seu neoliberalismo brutal e a súa “ruptura tranquila” foron corrixidos para alongar a base electoral e para non provocar un medo excesivo aos cambios. Só un dato: ao campión do liberalismo escríbelle os discursos Henri Guaino, próximo no pasado a Philippe Séguin, máximo representante do chamado gaullismo social.

Así son os paradoxos desta cita electoral, pero é que ademais Francia ten as súas peculiaridades. Ten na Fronte Nacional (FN) o maior partido de extrema dereita de Europa –outro signo do medo– e ao tempo segue habendo en cada elección seis ou sete candidatos de extrema esquerda, tres deles trotskistas. O escritor Alain Soral, exmilitante comunista, que apoiou no 2002 ao xacobino Jean-Pierre Chevènement, apoia agora ao FN e se permite declarar: “Se Marx vivise hoxe, chamaría a votar a Le Pen”. “É o partido do pobo”, di, e o que representa o “espírito da Comuna”. Raros os hai en todas partes, pero en Francia, nas últimas presidenciais, o representante dos cazadores superou en votos ao comunista. Á parte da vertente esotérica destes candidatos menores, ocorre que, en realidade, son tamén un reflexo do desconcerto, da perplexidade e do medo que atenazan á sociedade francesa.

3 comentários:

Anónimo disse...

[b]All of these girls are online now! just click on your favourite to go to their cam![/b]

[url=http://adf.ly/1DUJ][img]http://www.hourlynetnews.com/mtree/1.jpg[/img][/url] [url=http://adf.ly/1DUJ][img]http://www.hourlynetnews.com/mtree/2.jpg[/img][/url]
[url=http://adf.ly/1DUJ][img]http://www.hourlynetnews.com/mtree/3.jpg[/img][/url] [url=http://adf.ly/1DUJ][img]http://www.hourlynetnews.com/mtree/4.jpg[/img][/url]
[url=http://adf.ly/1DUJ][img]http://www.hourlynetnews.com/mtree/5.jpg[/img][/url] [url=http://adf.ly/1DUJ][img]http://www.hourlynetnews.com/mtree/6.jpg[/img][/url]
[url=http://adf.ly/1DUJ][img]http://www.hourlynetnews.com/mtree/7.jpg[/img][/url] [url=http://adf.ly/1DUJ][img]http://www.hourlynetnews.com/mtree/8.jpg[/img][/url]
[url=http://adf.ly/1DUJ][img]http://www.hourlynetnews.com/mtree/9.jpg[/img][/url] [url=http://adf.ly/1DUJ][img]http://www.hourlynetnews.com/mtree/10.jpg[/img][/url]

this will keep updating with the latest girls!

Anónimo disse...

hi

can anyone help me
i have tried for over a week now to get a loan,i have very bad credit history mainly due to a failed marrage ,i have had all the usual ,wh loans,advantage loans ,yes loans ,get in touch and promise a [url=http://www.usainstantpayday.com]bad credit loans[/url] on paying the brokerage fee,i am reluctant due to reviews on the net and i have been stung before by a company called wentorth finance ,and never got the loan of the 50 pound fee back,
i have had an offer from flm but need a gaurantor which isnt really an option either .
i wondered if anyone had any loan companys that considered bad credit ,but loaned direct without these numerous sites with different alias but mainly did same thing pay us and we will get u loan (maybe)senario
has anyone also heard of a company called fresh loans they have they sent me details out but the may be a charge but not always ,i suspect she didnt want to tell me there was a charge

thanks
Mavetheat

Anónimo disse...

loved las vegas? hazard the all firsthand [url=http://www.casinolasvegass.com]casino[/url] las vegas at www.casinolasvegass.com with to 75 up to girlfriend unstinting [url=http://www.casinolasvegass.com]online casino[/url] games like slots, roulette, baccarat, craps and more and vanquish licit coins with our $400 released of subdue bonus.
we be steadfast unvaried well-thought-out games then the crumbling online [url=http://www.place-a-bet.net/]casino[/url] www.place-a-bet.net!