Mostrar mensagens com a etiqueta entrevista. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta entrevista. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, fevereiro 07, 2011

Europa e os seus muros

Europa 2011. Programa de TVE internacional que trata a propósito do muro que vai levantarse entre Grecia e Turquía para impedir a entrada de ilegais. O programa fai un resumo dos 15 muros existentes na actualidade no mundo. Como podemos ver, os contertulios, un español e dous gregos, fan unha defensa da lexitimidade da construcción do muro grego con argumentos que curiosamente néganselle logo a Israel no seu valado antiterrorista defensivo. Aparece tamén o director de Amnistía Internacional español recordando que o valado entre Israel e Cisxordania está condenado polo Tribunal da Haia. 15 muros no mundo e só un considerado ilegal polo Tribunal da Haia? E os outros?

Europa e os seus muros from galicia israel on Vimeo.

quarta-feira, junho 16, 2010

Jorge Semprún e a Memoria de Europa


No programa emitido o pasado domingo 13 de xuño na 2 de TVE "En Portada" acompañan a Jorge Semprún nunha viaxe excepcional pola Memoria de Europa.
Aquí podes descargar en pdf o guión orixinal da reportaxe:
http://www.rtve.es/contenidos/enportada/semprun-memoria-de-europa-guion.pdf
E aquí podes descargar o video completo:
http://www.megaupload.com/?d=2XCI3WCI

terça-feira, julho 07, 2009

quarta-feira, abril 29, 2009

sexta-feira, agosto 15, 2008



"A guerra no Cáucaso" Un programa de Masha Gabriel con Jorge Aspizua (ESCOITA AQUÍ)

domingo, março 09, 2008

Francisco Veiga (foto de Enric Tomas)


"Europa pagará os pratos rotos de Kósovo"
Unha interesante entrevista publicada no xornal La Vanguardia de Enric Tomas a Francisco Veiga, profesor de Historia da Europa Oriental na UAB e especialista en Turquía e nos Balcáns.

Hoxe hai tres semanas que Kósovo declarou a súa independencia de forma unilateral, nunha decisión que contou co beneplácito dos grandes países da comunidade internacional. España, quizais pensando en clave interna polo 9-M, rexeitou, de momento, a proclamación.

O asunto de Kósovo ten moito de instrumental para Madrid, polo que refire a política interna e a súa relación cos nacionalismos, e para Wáshington, que o utiliza para manter a hexemonía e a solvencia dunha organización como a OTAN. Así o entende Francisco Veiga, profesor de Historia da Europa Oriental na UAB e un dos maiores especialistas en Turquía e nos Balcáns.

Veiga considera que a pregunta clave no asunto Kósovo non é por que se lle concedeu a independencia, senón por que agora. Este experto en historia balcánica recoñece que a independencia desta antiga provincia serbia non podería terse levado ao Consello de Seguridade de Nacións Unidas, debido ao veto asegurado de Rusia e China. O que non entende é por que non se propuxo levalo o tema de Kósovo á Asemblea Xeral da ONU.

Por que?
Non busques porque non atoparás a resposta. É máis, o problema sería que na Asemblea Xeral, americanos e ingleses non o terían tan fácil para aprobar a independencia de Kósovo, porque nela interveñen todos os países e non hai dereito a veto. Alí hai unha serie de países que non recoñeceron a independencia de Kósovo, e outros que dubidan.
Que países hai nun lado ou outro?
Practicamente toda América Latina non recoñeceu a independencia. África, polo estilo. En Asia, creo que só Taiwan aceptou a emancipación de Kósovo. E as potencias emerxentes, que son as que cortarán o bacallau en pouco tempo senón estano xa facendo, dixeron tamén que non. Falamos dos BRIC, Brasil, Rusia, India e China. Outra zona, como os Balcáns, tamén dixo que non ou que non o ven claro. A conclusión disto é que unha medida que se nos vendeu como estabilizadora dos Balcáns recolleu oposicións de países que ata agora eran membros fieis e entusiastas da OTAN.
Entón?
Estes países ven que entraron na OTAN e a Unión Europea para ter unha garantía ante o veciño, pero se toparon que estes organismos, no canto de defendelos, cortan, fan e desfán ao seu gusto. A independencia de Kósovo chegou nun momento en que a entrada destes países na UE era o camiño para a superación dos conflitos seculares nos Balcáns.
Pero se a cousa era tan aventurada, por que se fixo?
Por unha banda, a intervención da OTAN en 1999 en Kósovo ten dúas explicacións, unha real e outra máis ou menos ficticia. A ficticia é que se interveu para derrocar a Milosevic, algo que non se logrou porque o presidente serbio seguiu no cargo ate dous anos despois. A máis real, ten relación co panorama internacional dos 90, que foron os anos do New World Order proclamado por Bush pai. Esta nova orde internacional era o resultado natural do final da Guerra Fría, onde se falou da vitoria "do ben sobre o mal". Se isto era certo, o mundo da posguerra fría era equilibrado, pacífico, etc.
E foi así?
Non. Ao longo dos 90 temos un rosario de conflitos, como Ruanda, Alxeria ou Iugoslavia. Este último foi un gran problema porque, durante a Guerra Fría, Europa salvouse das guerras. Pero ao final desta, empezaron de forma consecutiva os cinco conflitos armados nos Balcáns, o que demostra que o New Order non triunfou, que os bos non triunfaran sobre os malos. Tras algunhas dificultades, cando se logrou arranxar a última guerra, a de Bosnia en 1995, empezou o levantamento da UCK en Kósovo. En 1998, esta insurrección converteríase en guerra e a potencias mundiais, con EE.UU. á cabeza, xa non podían mirar facía outro lado. Tiñan que arranxar outra vez a situación, tres anos logo de facer o propio en Bosnia.
Que significou para EE.UU. este reinicio das hostilidades?
A guerra de Kósovo supuxo un novo desafio ao New Order que Wáshington dicía que estaban impondo e dentro desta nova orde hai cousas moi importantes, por exemplo, a solvencia e a viabilidade da organización militar máis grande do mundo, a OTAN. Ademais, a súa xustificación ao termo da Guerra Fría non estaba moi clara. Penso que aos americanos interésalles moito que haxa unha OTAN porque son eles quen a controlan. Ademais, mentres esta organización exista, a UE non terá exército propio nin política exterior propia. Aquí hai unha loita moi importante dos americanos para pór todos os paus posibles á roda da UE.
Por que fai isto EE.UU.?
Porque saben que se a UE crece e acumula poder será un adversario importante, como mínimo no terreo económico. Ademais, se Bruxelas, ademais, chega a un entendemento cos rusos, sobre todo agora que Moscova converteuse no gran subministrador de gas a escala mundial, podes imaxinarche o que pode pasar. É por iso que é moi importante para EE.UU. inventarse unha nova Guerra Fría para preservar a solvencia da OTAN, nun momento, ademais, en que esta organización está fracasando en Afganistán. Por iso era tan importante pechar o tema Kósovo e poder dicir misión cumprida. Cabe salientar, así mesmo, que a OTAN move miles de millóns de dólares en contratos militares.
E isto afectará a Europa?
Europa pagará os pratos rotos de Kósovo. A independencia da ex provincia é un intento máis de EE.UU. de ter atados aos europeos.
Que supón o recoñecemento de Kósovo?
Ao recoñecer a independencia de Kósovo e de que esta non pertenceu a Serbia cargáronse as bases xurídicas de [os acordos de] Dayton. Por iso os serbios de Bosnia poden pedir trazar de novo as súas fronteiras. Os croatas tamén poden reclamar o mesmo, aínda que de momento non din nada porque están esperando entrar na UE. É dicir, mudáronse demasiado rápido as regras do xogo.
Teríase que agardar uns anos para recoñecer a Kósovo?
Non necesariamente. Poderíase tirar por outros camiños que non se consideraron: por exemplo crear un estado federal en Kósovo, con albaneses ao sur e serbios ao norte. Ou tamén, pospor calquera independencia ou soberanía ata que todos os implicados ingresasen na Unión Europea. Deste xeito poderíase potenciar unha cooperación rexional que, de feito, xa se está facendo. Entón por que non se optou por esta vía posibilista?
Pois polo que comentaba antes. Necesitábase un acto de forza para demostrar quen manda, a saber, Wáshington e un grupo de países hexemónicos da UE.

KÓSOVO EN CLAVE INTERNA

Como ve o tema Kósovo e España?
Non sabemos o que pasará despois do 9-M en España respecto de Kósovo. Non se pode desbotar que se o PSOE gaña sen maioría suficiente e ten que negociar con PNV, CIU ou ERC, o tema de Kósovo sexa un dos que estea encol da mesa, algo que a Zapatero iríalle moi ben porque podería quedar ben recoñecendo a Kósovo a cambio de apoio en forma de escanos. Para un Goberno, o tema de Kósovo pode ser moi instrumental. O goberno español pode negarse a recoñecer a antiga provincia serbia porque está en pleno proceso electoral, pero despois pódese utilizar o recoñecemento como moeda de cambio. Refírome a política interior. E matarían dous paxaros dun tiro: queda ben ante europeos e americanos e ante os nacionalistas. E non descarto que Rajoy puidese facer algo parecido, en caso de necesidade.
E que poden tirar os nacionalistas ou independentistas de que o Goberno español recoñeza Kósovo?
Pois poder dicir algo así como que "logramos que a España opresora recoñeza Kósovo", ou "¡Irmáns kosovares, fixemos algo por vós!". Lograr que Madrid reconsidere a súa posición sería un éxito, porque se o fan por eles mesmos non sería o mesmo. Sería unha baza ben xogada.
E o seguinte paso, cal sería?
Vai ti saber cal sería o próximo paso. Desde o punto de vista do nacionalismo catalán isto é unha estupidez porque levamos desde 1990 cos ditosos modelos báltico, croata, montenegrino? E serviron de algo? Non. Catalunya está onde estaba. Se houbo algunha oportunidade histórica de montar unha andrómena independentista aquí foi estes últimos anos 90, e non serviron de nada. E é que unha vez os pobos sen estado logran o status de estado, pasan a tratar con estados soberanos, e non con pobos sen estado.
Cre que España perdeu unha oportunidade de porse á altura dos grandes de Europa?
Penso que a está perdendo. Porque parece que a decisión de non recoñecer a Kósovo non estivo acompañado dun plan B, nin sabemos se a negativa responde a política interior ou a outro plan que non coñecemos.

LA VANGUARDIA - 09.03.08

domingo, dezembro 02, 2007


ENTREVISTA TIMOTHY GARTON ASH

"A UE é vítima do seu propio éxito"

Timothy Garton Ash é un dos intelectuais máis influintes do mundo. Catedrático de Estudos Europeos na Universidade de Oxford e investigador da Hoover Institution da Universidade de Stanford, esta semana visitou Barcelona para participar no ciclo Pensar Europa, organizado polo Centre de Cultura Contemporània de Barcelona. Antes de impartir a súa conferencia, Ash dedicou uns minutos a La Vanguardia.é para analizar a situación da UE e os problemas que, como ente global, afronta nos próximos anos 8
Unha entrevista (e fotografía) de Enric Tomas

Cre que a UE cumpriu as expectativas pola que foi creada?
Se os pais fundadores visen como é hoxe a UE, sentirían que un soño se fixo realidade e máis. Non creo que previsen que algúns países do centro e do leste de Europa ou os países que vivían baixo o fascismo, como España, estivesen nunha comunidade de democracias liberais vivindo en paz e liberdade. Así que, si, o soño foi máis que realizado.

Chegados a este punto, 2007, cre que podemos esperar máis da UE, máis que este longo período de paz e estabilidade?
O primeiro que quero dicir é que a UE é vítima do seu propio éxito porque a xente toma estes logros como garantidos e cre que volver á guerra en Europa é imposible, o que non é certo, como se podería ver nas próximas semanas nos Balcáns. Hai aínda moito por facer na UE. Necesita manter a paz entre os nosos veciños; necesita continuar co proceso de ampliación; e necesita axudar aos pobos a facer fronte aos grandes retos como o cambio climático, as desigualdades ou o auxe de China que non se poden facer por si sós. Todos estes problemas necesitan á UE. Creo que na próxima década os grandes tarefas para a Bruxelas estarán máis aló das nosas fronteiras.

Así, Europa debe preocuparse sobre o que sucede fóra das súas fronteiras?
Si. Europa debe preocuparse sobre o que pasa máis aló das súas fronteiras, como o conflito de Oriente Medio ou o Magreb, que xera ondas de inmigración cara a Europa, que provocan á súa vez terrorismo.

Cre que o papel de Europa volverase máis importante agora que parece que volvemos de novo a unha orde multilateral?
Creo que si, que hai unha oportunidade co próximo presidente de EE.UU., xa que tenderá cara a nós. Estou activamente implicado nunha nova iniciativa chamada Consello Europeo de Relacións Exteriores, que deseña políticas europeas. O que nos gustaría é que cando o novo presidente de EE.UU. saia elixido en novembro, el ou ela teña encol da mesa un papel que diga: estes son os principais problemas do mundo e isto é o que Europa pode facer para solucionalos.

Vostede espera do próximo presidente de EE.UU. que teña unha actitude máis cooperativa?
Penso que é bastante probable que a próxima Administración tenda a dicir: "Ti, Europa, dixeches que isto son os temas importantes, así que di que vas facer respecto diso", en vez dicir de forma unilateral que hai que facer. Estamos ante unha oportunidade que pide algo de Europa.

E que pode dar Europa?
No meu último libro "Mundo Libre" falo de como as relacións transatlánticas teñen que ser reinventadas sobre unha nova base. O sistema da Guerra Fría está morto, así que necesitamos novas relacións. Naturalmente, isto foi moito máis difícil co unilateralismo de George W. Bush. Creo que o punto de arranque non consiste en dicir que europeos e norteamericanos sexamos amigos, senón en fixarse que hai grandes retos no mundo, como o crecemento de China. Para iso, necesitámonos mutuamente porque temos uns intereses comúns que habemos de definir. Non hai problema no mundo que poida ser solucionado se Europa e EE.UU. non traballan xuntas.

E non opina que Europa necesitaría ter un exército común para facer fronte a estes problemas?
Creo que se necesita unha forza de intervención rápida, é dicir, un poder militar para intervir. Con todo, nunca teremos o poderío militar de EE.UU. Por iso é importante utilizar o poder económico, porque así si somos como EE.UU. Por exemplo, respecto de Irán e o seu problema nuclear dicimos que non deberiamos bombardear Irán. Pero precisamos ter unha alternativa, e esta é o poder económico, que non é un "soft-power". A xente di que Estados Unidos é o poder duro e Europa o brando, pero isto non é así.

Refírese a sancións económicas?
Sancións e incentivos. Europa ten unha gran relación comercial con Irán. Hai que ameazar con sancións ao comercio pero á vez dar a perspectiva de ter fortes relacións comerciais.

Pensa que Javier Solana pode ter éxito como negociador europeo no asunto nuclear iraniano?
Non en por si. Solana é un gran activo da UE, pero as negociacións sen a presión nin os incentivos adecuados non poden resultar exitosas. Necesita máis respaldo para obter un resultado. Neste obxectivo de traballar xuntos, non hai que esquecer o papel de Rusia. Non. Isto ilustra que estamos nun mundo multilateral e non podemos dirixir unha política respecto de Irán sen implicar a Rusia e a China. Naturalmente, agora hai unha resolución do Consello de Seguridade de Nacións Unidas, pero involucrar a estes dous países non se pode facer máis.

Que cre que debería pasar con Turquía? Turquía si ou Turquía non na UE?
En teoría, non; na práctica, si. Se agora partísemos de cero, a solución ideal sería unha asociación especial. Pero prometemos desde hai máis de corenta anos que Turquía ten dereito a ser membro da UE e abrimos as negociacións para iso. Creo que deberiamos ser serios respecto diso. Nuns 10 ó 15 anos gustaríame ver a Turquía como membro de pleno dereito da UE.

Pero só porque Bruxelas prometeuno debe Turquía ser membro da UE? Ou a súa entrada comporta algunhas vantaxes?
Penso que hai un maior interese en demostrar ao mundo islámico que Europa non é un club antimusulmán. Ate se os partidos islamistas como o de Erdogan aceptan tanto as regras básicas da democracia liberal como á esfera pública secular, entón poden ser membros de pleno dereito da UE, o que tería unha gran importancia simbólica. Tamén sería moi importante para a geoestrategia ter un aliado estable dado a posición que ocupa. Este é un gran reto para Europa. Outro tema sobre a ampliación da UE é o dos Balcáns.

Cal seria a principal vantaxe de ter a estes países na UE?
Xa nos preocupamos dos Balcáns. A metade desa zona é, dun xeito ou outra, un protectorado da UE. A longo prazo, a única solución boa é que estes países da antiga Iugoslavia estean máis cerca uns doutros, formando parte da UE. É difícil facelo, porque para estar na UE necesita países estables e funcionais, algo que non pasa en Kósovo ou en Bosnia. Isto é o que deberiamos perseguir.

Cre que se se adhire aos países dos Balcáns poderíase evitar unha nova guerra?
Nunhas semanas, probablemente Kósovo declare a independencia e entón veremos que sucede. Vai ser un momento perigoso, o que demostra que non podemos dar as costas á rexión e ignorala. Non nolo permitirían.

Entón, que pode pasar nas próximas semanas en Kósovo?
Parte do territorio de Kósovo está controlado polos serbios. Veremos como reaccionan tanto nesta provincia como en Bosnia, onde poderían preguntarse por que eles non poden tamén pedir a independencia. As consecuencias serían considerables. Son da opinión de dar a Kósovo unha independencia supervisada e condicionada, como preparación para ser membro da UE. É a solución menos mala, xa que por agora non é nin unha colonia nin un país. Habemos de facer unha cousa ou a outra.

Pensa que no caso de Serbia, a UE non cumpriu o seu requisito de entregar a [os criminais de guerra fuxidos] Ratko Mladic e Radovan Karadzic como paso previo a empezar as negociacións?
Estou a favor de capturar a Mladic e a Karadzic. Hai momentos en que as autoridades serbias claramente non fixeron todo o posible para facelo. Penso que fracasamos ao demostrar de forma clara que queremos aos serbios na UE. Croacia está ultimando a súa adhesión, e por iso os serbios pensan que son os grandes perdedores, algo que, en parte, é certo. O que fose presidente de Croacia, Franco Tudjman foi tamén corresponsable da disolución da antiga Iugoslavia, pero a pesar diso hai a idea que os croatas eran anxos e os serbios demos. É un gran erro.

Falemos doutros veciños. Pensa que Ucraína ou Bielorrusia, países moi próximos, terían que entrar na UE? O tratado da UE di que para ser membro tes que ser un país europeo, así como ser unha democracia liberal, ter respecto á lei, etc. Pode alguén dubidar que Ucraína é un país europeo?
Por suposto que o é. A miña opinión é que estratexicamente Ucraína ten que estar na UE. O problema é que deixa ao carón a Bielorrusia, que ten un camiño moi moi longo para chegar a ser membro, ate despois que Turquía.

Entendo, pois, que vostede prefire unha UE máis ampla?
Si, e tamén máis profunda e forte. Creo que é erróneo facer unha contradición entre amplo e profundo. Ser amplo faiche ser forte, se o fas ben. Somos un bloque de 600 millóns de persoas, cun PIB superior ao de EE.UU., o que supón un poder crecente. Temos que traballar xuntos. Este é o gran reto. Pero, sendo claro, a lóxica da ampliación está chegando ao seu fin. Os casos de Turquía, Ucraína, Bielorrusia e os Balcáns xa son os últimos.

Cambiando de tema. Que opinión merécelle o que está pasando en Bélxica?
Cúmprense máis de 170 días sen goberno. É moi interesante, porque hai dúas grandes tendencias en Europa nos últimos 50 anos: integración e desintegración. No continente hai cada vez estados máis pequenos, algo que en Catalunya loxicamente se fala moito. O asunto crucial é como o fas, non que fixeches. Noutras palabras, mira os casos de Iugoslavia e Checoslovaquia. Ambas eran federacións comunistas artificiais, pero unha se desintegrou con guerra e a outra de forma pacífica, mediante a revolución de veludo. Se, en última instancia, Valóns e Flamencos deciden ser máis autónomos, lamentaríao porque me gustan os países multinacionais. Eu son, á vez, inglés e británico. España, por exemplo, é unha nación composta de nacións. Gústame o feito de ter múltiples identidades. Se en Bélxica poden continuar así, estou moi a favor, pero senón, que a separación se faga de forma pacífica.

Que lle parece o que sucedeu en Polonia cos xemelgos Kaczynski. Puido Polonia ser o primeiro país en ser expulsado da UE?
Non, non o creo. Ao contrario. Penso que a ironía é que unha vez dentro da UE, é difícil que haxa membros disciplinados e que salgan con cousas que non poden ser porque xa están dentro.

Como ten a UE que tratar o auxe de China?
Este auxe, xunto ao de India, é o que está transformando o noso mundo máis que en ningún outro momento. Nos últimos 500 anos, Occidente estivo na cabeza, marcando a axenda política. Isto está cambiando rapidamente. Por iso sospeito que o gran triangulo para os próximos anos na política internacional será EE.UU., a UE e China, e logo haberá outros poderes importantes como India, Rusia, Brasil ou Sudáfrica.

E que se debe facer respecto diso?
Debemos de manexar isto con sabedoría. Primeiro, non podemos permitir que China enfronte a Europa con EE.UU., a Alemaña con Francia ou a Italia con España. Debemos de manter a unión. Segundo, habemos de aceptar que China ten un papel importante en dirixir o mundo. Por exemplo, podemos expandir o G-8, incluíndo a India, Brasil ou China, para que sexan parte da solución, non do problema. E xa para acabar.

Podería haber unha terceira guerra mundial?
Sempre é posible. A Historia está chea de sorpresas. Con todo, é moito máis probable unha serie de pequenas guerras causadas pola proliferación das armas de destrución masiva ou, como xa vimos, por conflitos étnicos, a fame negra ou o cambio climático. O risco dunha guerra nuclear é maior agora na década dos 80, aínda que non sería tan destrutiva. Así pois, como historiador vexo improbable ver unha gran terceira guerra mundial, pero máis probable ver pequenas guerras.
Tirado do xornal La Vanguardia

domingo, novembro 25, 2007


"Dubido de que Marx gañase o Nobel"
Unha entrevista de Lola Galán

Assar Lindbeck (Lulea, Suecia, 1930) é un dos gurús do Estado de benestar, un tema sobre o que escribiu decenas de libros e centos de artigos. Lindbeck, membro do comité Nobel durante 25 anos, aproveitou ao máximo, con visitas ao Prado e ao Thyssen, a súa estadía en Madrid, convidado pola Fundación Carolina, para dar unha lección maxistral sobre as perspectivas do modelo social europeo. "O modelo sueco axuda moito ás familias con fillos. Iso favorece a emancipación das mulleres"."A picaresca nas baixas por enfermidade e noutros subsidios está destruíndo o noso Estado de benestar".


Pregunta. En realidade, os Nobel de Economía non son Nobel de verdade. Creounos o Banco Central sueco en 1969. Alfred Nobel non pensou nunca en premiar a economistas, a pesar de que no seu tempo houbo grandes figuras nesta disciplina.

Resposta. Si. Persoas moi intelixentes, con grandes dotes de observación, pero en realidade o desenvolvemento da economía, a súa conversión nunha ferramenta rigorosa, é cousa da segunda metade do século XX.

P. Cre vostede que Karl Marx mereceu o Nobel?

R. É unha pregunta moi difícil. Non sei. Dubídoo. Tivo intuicións brillantes. Foi capaz de entender ate que punto a innovación tecnolóxica estaba cambiando de forma drástica a estrutura económica. Pero foi inxenuo, porque pensou que, unha vez introducidas as innovacións e cando a masa de capital se consolida, só queda administralo. Non viu a necesidade constante de innovación e de investimento.

P. Tamén se equivocou respecto das contradicións internas do capitalismo, que segue vivo e con boa saúde.

R. Si, o capitalismo non deixou de estenderse polo mundo. Pero cada vez ten máis problemas. Un deles é a falta de disciplina nos mercados financeiros. Moitos actores, nestes mercados, asumen demasiados riscos, e iso afecta á economía. Vímolo coa crise do mercado inmobiliario en Estados Unidos. Unha e outra vez, os mercados crean problemas ao conxunto da economía.

P. Entón, necesítase máis regulación?

R. Hai que facer algo. Creo que sería necesaria unha inspección financeira máis cualificada para ver os riscos e poder intervir a tempo. Hai moita xente lista inventando instrumentos financeiros cada vez máis sofisticados. O malo é que non son o bastante listos como para previr os seus riscos.

P. Á xente normal preocúpalle máis o mantemento e desenvolvemento do Estado de benestar. Un tema no que vostedes, os suecos, foron pioneiros, seguen indo por diante?

R. Non. O modelo sueco non é moi diferente do dos países do norte de Europa. España, igual que Grecia e Portugal, está por detrás. No único que difire o sistema sueco é na súa xenerosidade na protección ás familias con fillos. O permiso de maternidade [remunerado coa paga total] é de 14 meses, e hai moitas axudas para pais con nenos pequenos. Pero hai países, como Francia, que teñen axudas parecidas.

P. España deu pasos adiante ultimamente, pero queda moito por facer. Poder coidar con máis tranquilidade aos fillos, supoño que ten un impacto nesta sociedade.

R. Si. É o que propiciou, nas sociedades nórdicas, que a presenza das mulleres no mercado laboral chegue case ao 80%. houbo outro elemento que o fixo posible, a protección que outorga o Estado aos anciáns. Porque estiveron tradicionalmente ao coidado das mulleres. É dicir, o noso modelo favoreceu a emancipación feminina.

P. Todo o mundo se mira no espello sueco e considera ese modelo un gran éxito social.

R. Ate certo punto. Nestes momentos temos un problema: a utilización indebida dos subsidios. Fíxese que en tres países europeos que alardean de ofrecer unha excelente cobertura sanitaria aos seus cidadáns, Holanda, Noruega e Suecia, danse os índices máis elevados de baixas por enfermidade. A xente está sa, pero pide a baixa médica. Hai unha picaresca tremenda. En Suecia, a xente falta ao traballo unha media de 22 días ao ano, cando en Xapón a media é só de tres. Ambos casos son extremos. Pero non é só a baixa por enfermidade. No meu país, os pais poden faltar ao traballo cando os fillos están enfermos. O cal está moi ben. Pero na práctica, a xente queda en casa aínda que o neno se recupere completamente. Toda esta picaresca está destruíndo o Estado de benestar. A xente xubílase moi pronto en moitos países europeos, vanse a casa con 55 anos, ou menos; outros acóllense ao paro aínda que poidan obter un traballo. E a xente o ve tan normal. Fixemos unha enquisa non hai moito para saber se aos cidadáns parecíalles ben coller a baixa por enfermidade sen estar enfermos, e o 60% dos enquisados dixo que si.

P. O que significa que o sistema non funciona cando non hai un compromiso real da xente por defendelo. Un compromiso que existía ao principio.

R. Sabemos por que ocorre isto. Cando se creou o Estado de benestar, após a II Guerra Mundial, a xente estaba afeita traballar para manterse. Só se recorría ás axudas en caso de necesidade, porque as leis sociais así o ditaban. Co tempo, esas leis fóronse relaxando. A xente empezou a ver ben o vivir dos subsidios. E de aí pasaron a enganar ao Estado de benestar. É o que ocorreu nos últimos 10 ou 15 anos en Suecia.

P. Por que cre vostede que ocorre? Ten algo que ver nisto a inmigración?

R. Non ten nada que ver, en absoluto. O que ocorre é que os subsidios son moi altos en relación cos salarios. En moitos casos, a diferenza entre cobrar o desemprego e cobrar o soldo é só do 10%. Ás veces, non hai diferenza algunha. P. Entón, que se pode facer?

R. Hai solucións. Unha é reducir os subsidios; outra, aumentar os controis. Pero iso é bastante difícil, porque a maioría dos enfermos teñen síntomas que ningún médico pode comprobar. O 60% das baixas son por dores de costas e por depresión. Unha solución que están utilizando británicos e estadounidenses é pagar subsidios ao que traballa, é dicir, incentivar ao que traballa.

P. E a xente que realmente o necesita?

R. Xa. Algo hai que facer, porque estamos nunha situación verdadeiramente crítica. En Suecia fixemos estudos e hai zonas nas que a xente falta a traballar unha media de tres días ao ano, e outras zonas, cos mesmos niveis de atención sanitaria, nos que faltan unha media de 54 días. Sen que haxa ningunha diferenza en saúde da xente.

P. Suecia optou por quedar fose do euro. Que tal lle foi?

R. Tarde ou cedo entraremos na UME, pero non me parece catastrófico estar fóra. Seremos admitidos en canto queiramos. O maior problema é que as nosas exportacións non aumentaron tanto como a media europea nos últimos cinco anos, pero as exportacións son o 40% do PIB.

P. Aos 77 anos segue vostede sendo profesor na Universidade de Estocolmo. Que opina da xubilación aos 65 anos?

R. Paréceme unha tolemia. A esperanza de vida aumentou moitísimo. E a xente nova, polo menos en Suecia, non se incorpora ao mercado laboral aos 16 anos como antes. Agora, os estudantes non traballan ate os 27. A vida produtiva é demasiado curta e iso resulta carísimo. Ademais, como eu digo, necesítase chegar aos 75 para empezar a entender algo.

sexta-feira, novembro 23, 2007


"A UE significou a derrota do Estado xacobino"
Unha entrevista de Daniel Salgado
EL PAÍS - 23.11.07

"Madrid e o Goberno galego ignoraron os nosos problemas na produción agraria ou naval ao entrar en Europa", di Nogueira. Mais o histórico nacionalista afirma que "a sociedade rematou por exceder aquelas condicións negativas"

Hai tres anos que Camilo Nogueira (Vigo, 1936) deixou a primeira liña da política convencional. Pasaran 40 tempadas do seu bautismo militante, nas fileiras da organización Galicia Socialista: "Soubemos ver que o proxecto da Unión Europea ía alén dun sistema económico determinado e se situaba a prol da paz e de recoñecer a diversidade cultural do continente, contra o que pensaba a outra póla do nacionalismo [a UPG]". Europeísta de vocación e lusista de convición, Camilo Nogueira reivindica a xínea pro UE do galeguismo histórico, "Castelao apoiou os movementos federalistas europeos após a II Guerra Mundial", e fala do libro Unha certa idea de Europa, de George Steiner, como central no seu pensamento último. A comezos de 2008 publicará en Galaxia os volumes Europa, o continente pensado e Galiza na Unión Europea. Erguida vontade.
Pregunta. Pódese ofrecer un balance da entrada de Galiza na Unión Europea?
Resposta. Dende 1986 en Galiza produciuse unha transformación económica extraordinaria. Houbo unha brutal conversión dos sectores económicos que levou canda si un gran sufrimento demográfico. En 1986, o 40% da poboación activa era agraria e hoxe en día non excede o 7%. Esa brutalidade da transformación foi responsabilidade, fundamentalmente, do Goberno do Estado español e do propio Goberno galego. Mais a sociedade galega tivo unha resposta magnífica a esas circunstancias negativas e, logo dun acelerado proceso de urbanizacíón, a industria galega é líder no automóbil, na confección, no granito, no leite ou na pesca. Todo o que Galiza tiña que sufrir xa o sufriu e arestora, se houbese un bo Goberno, que aínda non o hai, a pespectiva de crecemento é enorme.
P. As relacións con Portugal estreitáronse...
R. Estase a producir unha ósmose histórica entre as economías galega e portuguesa, que medrará no futuro. Galiza é o primeiro importador de produtos portugueses e o terceiro exportador a Portugal. E isto realizouse malia á ideoloxía do Estado español, á súa autoconciencia, que é de Estado mediterráneo. España negociou a entrada na UE como Estado mediterráneo e desprezou a faixa atlántica da Península, que suma 14 millóns de habitantes. Mais a entrada na UE eliminou as fronteiras e a realidade emerxeu dende a economía e eu agardo que cada vez máis tamén o faga dende o punto de vista cultural e lingüístico.
P. Pero como reciben Madrid esta realidade?
R. O normal sería que o Estado español considerase que no seu territorio se falan catro linguas e que dúas son universais. Pero estamos lonxe desa realidade. Amais, niso os galegos somos independentes. Se admitimos que falamos a mesma lingua que en Brasil, cousa evidente, iso é un factor de independencia política e cultural extraordinaria e sería un enriquecemento do propio Estado español.
P. A UE está a construír realmente unha alternativa a Estados Unidos?
R. Que países que saían dunha guerra mundial se puxesen de acordo e eliminanse barreiras políticas é unha revolución histórica, a derrota do Estado xacobino e un modelo de funcionamento interno. E a UE debe constituírse en factor de equilibrio e de paz, non en potencia hexemónica militar e ultraliberal e, nun mundo multipolar, ten que se apoiar na ONU. O que pasa é que dentro de Europa hai estados que privilexian a relación cos Estados Unidos e mudan en protagonistas e en antagonistas do proceso europeo ao mesmo tempo. E falta recoñcer as nacións sen Estado, claro.
P. Existen posibilidades de novos estados independentes na UE?
R. Dende o punto de vista da legalidade europea, totalmente. O problema é político, porque no Tratado Reformador de Lisboa asegúrase que a integridade territorial dos estados é responsabilidade dos estados. O mesmo acontece coas linguas: se o galego, o catalán e o vasco non son hoxe linguas oficiais na UE non é porque a UE o impida, senón porque o Estado español non as presenta como tal. No caso do galego, amais, se queremos xa somos oficiais, polo portugués.
P. Vostede sempre se adiantou a posicións que o nacionalismo tardou en aceptar...
R. No Partido Obreiro Galego aceptamos a autonomía non porque fósemos autonomistas, senón porque ese era o lugar onde crear un marco nacional galego naquela circunstancia histórica. Mesmo eramos máis avanzados nas solucións finais para a soberanía galega que outros que rexeitaban este marco democrático. O curioso é que a xente que se situaba contra a UE ou contra as institucións autonómicas, posibelmente carentes de ideoloxía coherente, deron en se acomodar máis a este sistema que outros que o asumimos pero queriamos mudalo. Aínda hoxe hai persoas que se integran totalmente no sistema político sen prescindir de posicións contraditorias con esa acomodación.
P. Existe espazo político na Galiza para un nacionalismo de dereitas?
R. O día que este sexa un país soberano poderá haber a variedade de partidos que hai noutra nación calquera. Outra cousa é que hoxe se dean as condicións para que iso ocorra. En todo caso, penso que o BNG debe desenvolver a súa acción e procurar a súa hexemonía dende posturas de esquerda democrática e que a esquerda, como a dereita, debe presentar un proxecto para toda a sociedade. Para ampliar o espazo político propio, o BNG non ten que se facer de centro, unha postura meliflua que non se sabe qué quere dicir. Dicir que o BNG debe facerse de centro é unha mostra da incultura política dominante e quen o fai non coñece como discorre o mundo.
P. Mais a relación co PSdeG resulta complexa de xestionar...
R. O BNG debe loitar por ser hexemónico na esquerda, como xa foi entre 1997 e 2005, durante oito anos. Pero se os resultados electorais obrigan a unha alianza, hai que facela, e o que non pode ser é que o BNG se desentenda do que se fai na educación, na sanidade, nas obras públicas, na lingua ou no medio ambiente. Se se goberna co PSOE hai que ter en conta que as consellerías socialistas resultan tan importantes para o proxecto nacional galego como as propias. Crer que o proxecto nacional galego son os departamentos do BNG non ten ningún sentido.
P. Cales son os obxectivos irrenunciábeis do nacionalismo galego?
R. Galiza é unha nación. É unha nación en si mesma, non unha nación no Estado español, que se desenvolve nun mundo globalizado e que está na UE como proxecto. E ten que deixar de ser, na ideoloxía, unha provincia do Estado español, como aínda a ven mesmo algúns nacionalistas. Neste intre o nacionalismo galego cre plenamente nun Estado plurinacional, pero non debe nin ten que prescindir, e moito menos ideoloxicamente, doutras maneiras de soberanía máis avanzada.

terça-feira, abril 10, 2007


Jürgen Habermas fala da Europa.


Uma Europa mais forte

No fim de semana passado foi festejado em Berlim o qüinquagésimo aniversário da assinatura do Tratado de Roma, que assinala o nascimento da União Européia. Nesta entrevista, Jürgen Habermas efetua um balanço do desenvolvimento e projeta perspectivas. Eis a sua proposta: nas eleições européias de 2009, os cidadãos deverão votar num referendo sobre se a União Européia deverá ter, futuramente, um presidente eleito pelo voto direto, um ministro das Relações Exteriores e uma base financeira própria (Matthias Hoenig).

-Parece inimaginável que os Estados-membros da União Européia ainda possam guerrear entre si. E o mercado comum, surgido organicamente, trouxe o bem-estar para muitas pessoas. Pode-se festejar como acontecimento histórico a mudança de paradigma na política européia, o abandono do pensamento centrado no Estado nacional e o retorno a uma perspectiva européia?
-Decerto essa é uma razão para festejar, embora a mudança de paradigma ainda não tenha sido levada plenamente a termo. Mas existe ainda outro resultado inteiramente diferente, do qual hoje poderíamos extrair benefícios, desde que com um pouco de consciência do nosso valor. A unificação européia permite desempenhar um papel no mundo contemporâneo, marcado por tensões multipolares. Há 50 anos, no início do conflito entre Leste e Oeste, ninguém podia prever esse papel.

De início, a "Europa" foi uma resposta a problemas que se colocavam no interior do continente. Quando pensamos hoje no futuro da Europa, o nosso olhar se dirige sobretudo aos desafiadores problemas de fora; afinal de contas, a dinâmica da unificação além do patamar atingido no Tratado de Nice não é impulsionada apenas pela ampliação para o Leste. Mas, no momento, ainda não estamos à altura de tais expectativas dirigidas a uma potência capaz de efetuar políticas compensatórias por via diplomática.
-O sr. poderia mencionar um desafio geopolítico?
-Tomemos como exemplo o último conflito entre Israel e o Hizbollah [2006], decidido em solo libanês. Como a política unilateral do governo Bush transformou os EUA há muito tempo em parte interessada no conflito do Oriente Médio, muitos direcionaram suas expectativas para a Europa, tida como mais neutra.

Por um lado, a União Européia enviou Javier Solana, seu alto representante de Política Externa e Segurança Comum, a Beirute e Jerusalém. Por outro, seu coro de vozes dissonantes transmitiu uma imagem ridícula, pois simultaneamente alguns países como a França, o Reino Unido, a Alemanha, a Itália e a Espanha buscam ganhar visibilidade como Estados nacionais e anular-se reciprocamente com iniciativas de fabricação caseira.
-Que prioridades o sr. colocaria na agenda política da União Européia? A Constituição da UE, até agora fracassada, uma política externa comum da Europa, as Forças Armadas conjuntas, a domesticação do neoliberalismo internacional por meio da criação de padrões sociais ou um papel de liderança na proteção internacional do clima?
-O sr. enumera os desafios mais prementes que uma Europa unificada deveria enfrentar no século XXI. Mas uma política externa comum, a criação de Forças Armadas comuns ou uma harmonização das políticas tributárias e econômicas para assegurar a manutenção dos nossos padrões sociais e culturais, hoje ameaçados, são objetivos políticos situados num plano distinto do da fracassada Constituição da União Européia.

Uma União Européia ampliada primeiro precisa arrumar a própria casa, para permanecer governável e obter a necessária capacidade de ação política, antes de se fixar objetivos tão ambiciosos. Não deveríamos cultivar ilusões acerca do que hoje conduz ao fracasso efetivo de um aprofundamento das instituições...
-Qual o significado das votações fracassadas na França e na Holanda?
-Os referendos fracassados apenas trouxeram à luz do dia que os governos estão num beco sem saída e não podem avançar nem recuar. Até então, ainda podiam confiar no "Método Monnet" [atitude como a do diplomata francês Jean Monnet, que considerava mais fortes para a integração tratados concretos do que declarações gerais de princípios], obedecendo aos imperativos forçosamente resultantes da integração econômica.

O mercado comum não foi um jogo de soma zero, mas trouxe vantagens a cada Estado-membro. Diante disso, um marco constitucional para políticas conjuntas exige uma vontade política comum que transcenda a percepção de dividendos a serem embolsados pelos Estados nacionais. Tudo indica que os governos não conseguem chegar a um consenso sobre a finalidade e o sentido do projeto europeu.
-É possível apontar o responsável por isso?
-Abstraindo os Estados-membros recém-incluídos, o Reino Unido e um ou outro país escandinavo caminham numa direção, mas os Estados-fundadores e a Espanha na direção contrária.

[A chanceler alemã] Angela Merkel festejou como êxito o consenso acerca de objetivos fundamentais de proteção ao clima em Bruxelas, ainda carentes de operacionalização. Mas isso realmente foi mais do que uma mera manobra para fugir ao conflito propriamente dito?
-Quem haveria de impulsionar o desenvolvimento da Europa senão os governos?
-Vejo como única saída possível um referendo em toda a Europa. Como donos do procedimento, os governos deveriam reconhecer a sua impotência de fato e "arriscar a democracia", ao menos por uma única vez [alusão ao lema do premiê alemão (1969-74) Willy Brandt, "Vamos arriscar mais democracia"].

Deveriam saltar por cima da sua própria sombra e colocar a si mesmos - na forma dos partidos políticos, dos quais eles se compõem - diante da alternativa de lutar com a viseira aberta por cada voto a favor ou contra uma ampliação da União Européia, num referendo realizado em toda a Europa.
-Como o senhor já esclareceu várias vezes, o desenvolvimento geopolítico exige uma Europa forte. Ela poderia ser um exemplo para associações correspondentes em outros continentes, a fim de formar potências supranacionais. Sem tais global players não poderia surgir um regime mais justo na economia mundial, e os problemas da segurança internacional ou a catástrofe climática não podem ser solucionados em escala nacional. Em duas palavras: será que o Estado nacional não se tornou um modelo que deveria sair de linha, diante de problemas que ele por si só não mais consegue solucionar?
-Não, os Estados nacionais continuam sendo os atores mais importantes no cenário internacional. São também os componentes insubstituíveis das organizações internacionais. Afinal de contas, a comunidade internacional organiza-se na forma das "Nações Unidas".

Quem alimenta a ONU e envia tropas para intervenções com fins humanitários, senão os Estados nacionais? Quem assegura os mesmos direitos para todos os cidadãos, senão os Estados nacionais? O que deve mudar - e já mudou fortemente na Europa - é a autocompreensão dos Estados nacionais. Eles devem aprender a se ver menos como atores independentes e mais como membros, que se sentem obrigados a respeitar normas comunitárias.

Precisam aprender a defender seus interesses mais no âmbito de redes internacionais, por meio de uma diplomacia prudente, do que mediante a ameaça do uso de força militar em iniciativas isoladas.
-O sr. condenou asperamente a rude política de poder dos EUA sob a administração Bush, e, no seu entendimento, predomina atualmente uma "política mundial inteiramente descontrolada, tributária do darwinismo social". Uma Europa forte poderia fortalecer as Nações Unidas e pavimentar o caminho rumo a uma política mundial interna justa? Como imagina isso concretamente?
-Nessa versão abreviada do problema, duas coisas são tratadas de forma excessivamente abreviada. Por um lado, a minha crítica ao governo Bush não tem a menor conotação de sentimentos antiamericanos. Na Alemanha o antiamericanismo sempre foi um componente dos movimentos mais reacionários imagináveis.

Mas a circunstância de que justamente a minha geração admira a cultura política dos EUA, enraizada no século 18, não me obriga a uma fidelidade incondicional. Ela me obriga muito mais a me ater ao sentido normativo da orientação ocidental da República Federal da Alemanha - mesmo contra um governo dos EUA que pode ser destituído nas próximas eleições e contra a sua política suicida.

Por outro lado não sou tão ingênuo a ponto de acreditar que mesmo uma Europa que aprendeu a falar em uníssono possa impulsionar a partir das suas próprias forças a reforma da ONU, com data vencida há muito tempo. Se os EUA não encabeçarem o movimento reformista, como já aconteceu duas vezes no transcurso do século 20, praticamente não teremos perspectivas de êxito. Na melhor das hipóteses, podemos cultivar a débil esperança de que uma Europa mais forte poderia influir nesse sentido em seu aliado.
-O sr. cultiva a visão dos "Estados Unidos da Europa" com governo, nacionalidade e Exército comuns?
O que nos faz avançar agora não é uma visão temerária, projetada para os próximos 50 anos. Contento-me com uma visão até as próximas eleições européias, em 2009. Deveríamos vincular a essa eleição um referendo a ser realizado em toda a Europa, sobre três questões: se a União Européia deveria, além de procedimentos decisórios efetivos, ter um presidente eleito pelo voto direito, um ministro das Relações Exteriores e uma base financeira própria.

Isso corresponde às idéias de Guy Verhofstadt, primeiro-ministro da Bélgica. O projeto seria considerado aceito se contasse com a "maioria dupla" dos Estados-membro e dos votos dos cidadãos. Ao mesmo tempo, o referendo vincularia apenas os Estados-membro nos quais uma maioria de cidadãos teria decidido pela reforma. Caso ele fosse bem-sucedido, a Europa despedir-se-ia do modelo do comboio, no qual o mais lento define a velocidade. Evidentemente, mesmo em uma Europa de centro e periferia, os países que por enquanto preferem permanecer à margem teriam a opção de se associar ao centro quando bem entendessem.
(*) Publicado originalmente na Folha de S. Paulo, de Brasil.

domingo, julho 03, 2005



ENTREVISTA CON CAMILO NOGUEIRA:
"Europa é unha experiencia histórica revolucionaria".


O triunfo do non nos referendos pola ratificación do Tratado Constitucional Europeo en Francia e Holanda e o cumio de hai dúas fins de semana en Bruxelas para estudar perspectivas financeiras da Europa dos 25 de 2007 a 2013, cunha dura crítica de Blair ao actual modelo presupostario, sumen a Europa nunha das súas maiores crises, que analizamos co ex-eurodeputado polo BNG Camilo Nogueira. O que fora eurodeputado polo Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Bruxelas dende 1999 ata o 2004 analiza a crise na que está sumida a Unión Europea tras o triunfo do non nos referendos pola ratificación do Tratado Constitucional Europeo en Francia e Holanda e o fracasado cumio europeo de hai quince días en Bruxelas
Está en crise o proceso de construción europea?

Existe unha crise evidente. Agora ben, outra cuestión é analizar as súas causas reais e cales poderían ser as solucións. Está claro que a crise está provocada polo resultado negativo en Francia e en Holanda dos referendos respectivos para a ratificación do Tratado constitucional. Pero estes resultados revelaron unha situación que viña de antes, de feito o resultado negativo de Francia foi unha conxunción de posicións de esquerda e da extrema esquerda e máis da dereita monárquica e da extrema dereita xenófoba de Le Pen. Sen esta aportación da extrema dereita, a esquerda que mantiña posicións contra este tratado querendo unha Europa máis social pero ao mesmo tempo unha Europa fortaleza contra a entrada de traballadores de países do Leste que xa forman parte da Unión, non tería triunfado. Así que a mensaxe que saíu de Francia é, nese sentido, confusa. Deu como resultado que, en vez de coller forza expresa as posicións defendidas pola esquerda francesa, colleran forza as posturas neoliberais que pretendían combater. Mais é curioso . Esta crise está provocada por estes dous referendos cando dez estados xa ratificaron o tratado constitucional pasando isto desapercibido. Penso que a crise, realmente, comezou co Tratado de Niza. A Conferencia Intergobernamental de Niza en 2000 reuniuse para crear as condicións institucionais para a entrada de 12 novos estados e, dun xeito moi evidente, todos os estados demostraron a súa incapacidade para se poñeren de acordo. Máis que analizar , por exemplo, as condicións para axudar a estes países a achegarse ao nível de vida dos outros, o que fixeron foi defender o seu egoísmo e o seu poder de veto no Consello Europeo, en particular Aznar, que chegou triunfante por conseguir un poder de veto semellante ao de Alemaña, Francia ou Inglaterra a costa de reducir drasticamente o número de deputados. Portugal, por exemplo, só baixou de 25 a 24, tendo un cuarto da poboación do Estado español ten case a metade de deputados.

E esta crise afectará ao proceso de ampliación?
A decisión da entrada dos países do leste tomouse de xeito apresurado, sen crear as condicións
políticas para que a Unión política progresara e dende logo nunhas condicións económicas...
porque todos os fondos destinados á política de cohesión para os países do Leste quítanselles
aos países da Europa dos 15 que, en moitos casos os necesitaban, sen incrementar practicamente nada o orzamento europeo. Seguiuse dalgún xeito a política de Estados Unidos e Inglaterra de aproximar a Unión Europea ás fronteiras de Rusia, como se fixo na OTAN, pero sen poñer as condicións presupostarias adecuadas. Esa posición, dalgunha maneira, creou unha división interna que continúa na actualidade e á que hai que engadirlle a división creada pola guerra de Iraq. Nese momento, houbo estados como Gran Bretaña ou o español que consideraron que o seu aliado eran os Estados Unidos e non países cos que comparten institucións lexislativas. É absurdo pensar que dentro da Unión, o estado español considerara que o seu aliado era Estados Unidos e non Italia, Francia ou Alemaña, por exemplo. É como se Andalucía considera que o seu aliado é o norte de Marrocos e non Castela a Mancha. Unha cousa é que teñas simpatías por un país externo, pero o teu aliado principal é aquel que convive contigo incluso nas mesmas institucións. Todas estas circunstancias deixaron unha semente de división que non dependían do Tratado Constitucional, que é un progreso respecto aos anteriores, pero que pagou as consecuencias, xerando a sensación de crise na que estamos na actualidade. Pero, en fin, supoño que como pasa moitas veces, as crises provocan movementos cara a adiante, así que a ver que ocorre. A crise existe pero non pasa en absoluto por rexeitar o tratado Constitucional, aínda que mellor será canto maís se mellore, senón por asumir que debemos seguir avanzando cara a unha Europa política. Hai que modificar o orzamento comunitario e a principal modificación debería pasar por ser, en vez do 1% do PIB europeo, o 3% por exemplo. Eu defendín isto no Parlamento Europeo e non se me fixo caso, nin sequera na sociedade galega houbo unha preocupación forte neste sentido, cando manter o presupost do 1% supón que Galiza vai recibir como máximo a metade dos fondos estruturais que recibía antes e practicamente nada dos fondos de cohesión.
No último cumio europeo, o primeiro ministro británico, Tony Blair, propuxo unha modificación substancial dos presupostos da Unión contra o criterio dunha Francia e unha Alemaña cuxos líderes políticos están nunha situación de certa febleza, Chirac tras a derrota do referendo e Schroeder practicamente consciente de que terá que abandonar a Presidencia en poucos meses.
Sen Francia e Alemaña non hai Unión Europea. Todos os países teñen importancia pero estes
son os países centrais pola súa experiencia histórica: a Revolución Francesa, a Reforma... Dicir
que Francia e Alemaña non son os motores da Unión Europea, como di Blair, é unha trapallada.
Quen goberne en Francia ou Alemaña decidirano os franceses e os alemáns, pero as eleccións
internas nestes países non van condicionar o proceso de Europa a longo prazo. Hai que ter en
conta de que Blair é un triunfador con só o 36% dos votos no seu país e, en cambio, o candidato
derrotado tivo que demitir co 33%, ou sexa que falamos só de coxunturas históricas que son
utilizadas ideoloxicamente. Pero en Francia poden gobernar dentro de pouco os socialistas e
seguro que estarán unidos de novo e en Alemaña a democracia cristiá , que gobernou durante
moito tempo, sempre foi europeísta. A súa candidata (Angela Merkel), que é da Alemaña do
Leste, non vexo porque razón vai ser menos europeísta que Schroeder. Non podemos pensar
Europa en función da coxuntura, senón pensando a longo prazo. Terá que haber un debate
profundo pero supoño que sairemos desta porque a Unión Europea é, en primeiro lugar, unha
experiencia histórica revolucionaria e, segundo, porque é o espazo necesario para que os europeos e europeas manteñan as súas conquistas históricas, sociais e humanas que houbo en
Europa. E é tamén un espazo para a diversidade. Para unha nación como Galiza é mellor estar
nun espazo que recoñece a diversidade que nun espazo xacobino que non a recoñecía ata hai
ben pouco.

Entón que lectura facemos da proposta de Tony Blair?
Se Blair quere realmente modificar a economía europea, que propoña que o orzamento pase a un
2% do PIB. Como dixo o intelixentísimo primeiro ministro de Luxemburgo e presidente saínte do Consello, Jean Claude Juncker, Blair utilizou en Bruxelas un argumento falaz. Dixo: "A quen se lle ocorre que do orzamento europeo o 45% se dedique á política agrícola común?". Pero é que a PAC procede de tempos anteriores e é das poucas políticas comúns con aplicación presupostaria. El di: "Non hai que gastar na PAC senón en investigación e desenvolvemento", pero é que non podes comparar as dúas cousas porque investigación e desenvolvemento practicamente non ten presuposto comunitario . O presuposto agrícola é da UE, o de investigación e desenvolvemento está nos estados, e para comparar tería que sumar o conxunto de presupostsos dos estados e non as migallas do orzamento comunitario. Que conste que claro que a PAC hai que modificala, pero aínda acaba de aprobarse estando eu no Parlamento. Eu non estaba de acordo, entre outras cousas, porque Galiza non recibe practicamente nada. Pense que do que chega da PAC ao estado español cada ano, que é sobre un billón de pesetas, Galiza recibe unicamente o 1% e Andalucía o 30% e Castela a Mancha o 14% e Castela León o 14%, e beneficia en España sobre todo os grandes latifundistas, á Duquesa de Alba por exemplo, e no conxunto de Europa aos seis máis ricos. Hai que refromar, estou de acordo, pero sobre todo hai que facer unha política común, unha política social, armonizar fiscalidade, cousa que Blair nunca quixo. El dixo no Parlamento europeo que é un apaixonado europeísta e que quería unha Europa política e non simplemente un gran mercado, e eu creo que ese é o debate que deberiamos establecer neste semestre porque xa dixen, incluso un gran mercado non pode existir sen unha Europa política e retornar da Europa política actual insuficiente á do Gran mercado é simple mais absolutamente imposible. Desfaríase a Europa política, e ademáis sería algo rexeitado por toda a sociedade europea.
E, despois de todo isto, que futuro lle espera agora ao Tratado constitucional europeo?
Os partidarios de votar non a este tratado fan ben se así o pensan, eu mesmo podo ter elementos de crítica semellantes aos deles. Pero se desaparece este tratado, a situación que vai quedar será peor. A consecuencia do non fai que quede o que se critica e que desapareza o que ten de bo. Por outro lado, pensar que se volvan reunir os 25 estados e que por unanimidade fagan un tratado mellor é crer nos milagres pero non hai por que crer nos milagres nestas circunstancias. Para mellorar todo o que se critica dende o non, o mellor é que se aprobe este tratado, pois o Tratado incorpora a posibilidade de cambialo, como calquera outro. E sería bo que no futuro as ratificacións dos tratados non dependese da unanimidade e que puidera participar a sociedade europea no seu conxunto. Sería bo pasar do consenso a un sistema maioritario pois supón unha mudanza da mentalidade e dos hábitos políticos realmente histórica e extraordinaria, malia que moitos non a aceptarían.
Converxencia galega na UE E mentres, Galicia xógase seguir como rexión obxectivo número 1...
O ideal para Galiza sería que agora estivese cun 85% da media comunitaria e non no 74,9. Non ten perdón. Só hai que comparar co que pasou en Irlanda. E non só foi culpa do Goberno galego, tamén do español que xestionou máis da metade das axudas destinadas a Galiza. Incluso co que nos correspondía favoreceu a Madrid. Non hai máis que ir a Barajas e ver todas as autoestradas que hai, que parece que se fixeron para evitarse as unhas as outras. Pero xa que non temos o 85%, mellor ter o 74,9 que o 75,1. É o mesmo pero polo menos te aproveitas. De todos os xeitos, aínda estando no 74,9 non imos recibir, en absoluto, o que recibiamos ata agora porque os fondos van ter o mesmo nivel absoluto pero vanse repartir entre o dobre de persoas. Aínda sendo obxectivo nº1 levaremos a metade e se pasamos do 75% moito menos da metade. O novo goberno vai ter que repensar o país.
GALICIA HOXE - 03.07.05
ESQUERDA NACIONALISTA
www.esquerdanacionalista.com