Europa perplexa
Por Gonzalo Parente
Por Gonzalo Parente
La Voz de Galicia
Cando ocorren sucesos que están a configurar unha nova orde mundial, parece que os europeos non inflúen, nin sequera naquilo que lles pode afectar. En Asia emerxe con forza o poder chinés, que acaba de declarar unilateralmente unha enorme zona marítima de control aéreo, que interfere cos intereses de nacións veciñas, como Xapón e Corea do Sur, sen esquecer á EE. UU. Aí pode saltar unha crise en calquera momento.
Tamén en Oriente Medio, o acordo con Irán rompeu o precario equilibrio entre as nacións árabes e Israel, quedando algúns descolocados, especialmente Arabia Saudita. Por iso EE. UU. terá que tecer un novo armazón estratéxico no cal caiba tamén Irán. Todo iso supondo que funcionen os acordos de Xenebra, onde tamén ten que entrar Siria para pór fin ao masacre coa poboación civil.
Rusia, pola súa banda, aproveita a situación para situarse en posición de gran potencia, sen cuxo acordo non se pode conseguir nada.
E podemos preguntarnos: Que fai Europa? A uns meses de eleccións parlamentarias, máis preocupados dos votos, mentres que o mundo está a reorganizarse sen que os europeos teñan outra influencia que a dos países máis poderosos que actúan defendendo os seus intereses primeiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário