Bilateralidade e statu quo ábrense camiño
Ramón Lugrís
A Nosa Terra 08/07/2010
.
Poderíase pensar cando William Hague, o Ministro do Exterior, antieuropeo de sempre, prometeu, como prometera Tony Blair no seu tempo, “situar á Gran Bretaña no corazón de Europa”, que a coalición gobernante tiña mentes de mudar a tradicional política británica de dificultar o proxecto europeísta. Mais non era esa a intención do Ministro: o que propuxo no seu primeiro discurso político como Secretario do Foreign Office foi, por unha banda, incrementar o número de altos funcionarios británicos nas institucións europeas para poder exercer unha maior influencia cara a levar adiante a política do Goberno e, por outra, desenvolver unha política de contactos e alianzas bilaterais cos países da Unión, como camiño diferente da consolidación das relacións a nivel paneuropeo. Fundamentalmente, trátase de recuar na construcción de Europa, de deixar de lado o que supón o Tratado de Lisboa e voltar ao concepto da “Europa das patrias”, entendendo por patrias as nacións actualmente constituidas en Estados.
.
Nunha entrevista pubricada en El País en xaneiro pasado, a senadora italiana Emma Bonino dicía que a esencia de Europa é a que defendían os fundadores da Unión: o Estado-nación e o nacionalismo non só son inadecuados para se enfrentaren aos retos presentes, senon que son un perigo. O nacionalismo é sempre portador de guerras – afirmaba – e o presente escaso sentimento de pertenencia a Europa pode desembocar novamente nos nacionalismos, nos localismos, que debilitan a idea de Europa. Mais a opinión de Emma Bonino, que é a opinión de todo europeísta, apunta só a unha das dimensións do europeísmo : a dimensión de sentirse europeo como algo superior ao sentimento nacional. A ausencia dese sentimento – deixando aparte algúns grupos moi minoritarios, fudamentalmente intelectuais – é consecuencia de que nunca, desde que se puxeron os alicerces da Unión, se ensinou nas escolas dos nosos países a historia desde unha perspectiva europea. A Historia continuou e continua sendo a historia das nacións que compoñen o mosaico europeo. E nen mesmo a xeografía se interpreta como a xeografía dunha comunidade (non houbo moitos mestres como Otero Pedrayo que, por exemplo, daba en Compostela un curso sobre o Danubio como nexo xeográfico, histórico e cultural de Europa que xustificaba o proxecto da unión).

Mais a idea de Europa que tiñan os fundadores da Comunidade do Carbón e do Aceiro tiña outra dimensión: a de integrar, nun sistema federal, non só as vellas nacións europeas, senon tamén ás entidades subestatais componentes daquelas nacións. Entidades que poderían desenvolver, por exemplo, unha acción internacional como a que, aplicada ao caso de Galicia, estuda exhaustivamente Xulio Ríos no seu recente librosobre a paradiplomacia. Tamén esa dimensión do europeísmo está sendo atacada polos partidarios do statu quo “nacionalista”. Un síntoma preocupante é, por exemplo, a reacción do Presidente do Goberno español á sentencia do Constitucional sobre o Estatuto de Catalunya, cando dixo que a sentencia representa o final do proceso “de ampliación da descentralización política”. Quer dicir que o presente “Estado das autonomías” é o modelo definitivo. Qué lonxe están os días nos que se falaba de federalismo e ata de federalismo asimétrico.

Salvador de Madariaga deixara dito que Europa existiría cando ésta estivera presente na conciencia dos europeos e que Europa tiña que nascer, e nascería, cando os españois dixeran noso Chartres, os ingleses, nosa Cracovia ou os italianos, nosa Copenhague. Vista a situación actual da Unión Europea, non só é que aquel momento nunca chegou, senon que a conciencia europea está en retroceso. Sempre foi raro, mais hoxe é pouco menos que inconcebible que alguén diga, como lle ouvín dicir hai anos a un célebre presentador da TV británica, “eu son un europeo veciño de Londres”.

* Ramón Lugrís, é membro do Consello Reitor do IGADI
Sem comentários:
Enviar um comentário