sábado, agosto 29, 2009

Europa en 35mm

" Romeo, Julieta y las tinieblas"
DIRECTOR: Jirí Weiss
REPARTO: Ivan Mistrík, Daniela Smutná, Jirina Sejbalová.
Inclué un libreto de 16 páxinas con fotos, comentarios da rodaxe, etc.. SINOPSE: Jirí Weiss dirixe esta conmovedora versión da mítica historia de "Romeo e Julieta" coa que gañou a Concha de Ouro no Festival Internacional de San Sebastián en 1960. En tempos da II Guerra Mundial, mentres a cidade checoslovaca de Praga atópase ocupada polos nazis, un novo estudante checo atópase accidentalmente cunha fugitiva xudía á a que decide esconder de forma clandestina pondo en perigo a súa vida e a de todos os que lle rodean.
Este titulo atópase dentro da colección "Europa en 35mm" un proxecto videográfico que editará algúns pequenos tesouros do cinema europeo do século XX.
PREMIOS
- Concha de Ouro Festival Internacional Cinematográfico de San Sebastián
- Mellor director, Jirí Weiss, Festival Internacional Cinematográfico de San Sebastiám.
- Mellor guión Festival Internacional Cinematográfico de San Francisco (USA)
- Mellor película Festival Internacional Cinematográfico de Porreta-Terme (Italia)
Ano produción: 1960
B/N 93 mins
***


"La Tierra tiembla"

DIRECTOR: Luchino Visconti

REPARTO: Antonio Acidiacono, Giuseppe Arcidiacono, Giovanni Greco, Nellucia Giammona e Agnese Giammona.

SINOPSE: Unha das obras cumes do neorrealismo italiano que nos transporta durante a época de Mussolini a Acitrezza, un pequeno pobo costeiro siciliano no que vive un pequeno grupo de pescadores que traballan en exclusiva para uns almacenistas. Un día un deles, farto dos abusos aos que son sometidos, rebélase e decide plantar cara aos comerciantes.

Película galardoada co GRAN PREMIO INTERNACIONAL NO IX FESTIVAL DE VENECIA.

Italia. 1948

B/N 160 mins

Sem comentários: