quinta-feira, janeiro 24, 2008


"As medidas de presión están plenamente xustificadas"

Franco Frattini, vicepresidente da Comisión Europea e Comisario Europeo para Asuntos de Liberdade, Seguridade e Xustiza, xustificou hoxe a decisión do Goberno israelí de impor un bloqueo sobre Gaza para impedir os constantes lanzamentos de fogetes Qassam contra a poboación civil. “Os pasos que levaron aos cortes de luz en Gaza non constituen ningún crime de guerra,” sinalou Frattini nunha conferencia de prensa. Franco Frattini refiriuse asimesmo ás xélidas relacións entre Israel e a Unión Europea durante os primeiros anos da segunda Intifada e fixo un mea culpa. “Europa equivocouse ao lle botar a culpa constantemente a Israel e responsabilizalo pola situación. As veces, tratábase de críticas xustificadas, pero non poucas veces fumos indiferentes aos perigos e as ameazas con que se enfrentaba Israel e incluso, exiximolle que asumiran perigros sen garantirzarlle que non ia ficar só na loita.”, apuntou. Segundo Franco Fratini, Europa aprendeu das leccións do pasado e hoxe en día é máis conciente dos intereses e dos medos de Israel. Frattini tamén fixo referencia ao fenómeno secundario que contribuiu a fomentar a tensión entre Israel e Europa, o antisemitismo, e condenou con firmeza esta postura. “Non é posíbel xustificar o antisemitismo. Tratáse dun odio racial da peor calaña. Non é preciso recordar aos europeos onde conduce o antisemitismo. É un fenómeno que se debe tomar en serio, xa que supón unha ameaza ao noso tecido social democrático”, afirmou.