segunda-feira, março 26, 2007


A EUROPA DO VÓMITO

Por Josep Carles Laínez

Había tempo, e xa é difícil, dada a altura intelectual dos nosos días, que non lía tanta imbecilidade xunta en tan poucas liñas. Tivo a xentileza Álvaro Vasconcelos, director do Instituto de Estudos Estratégicos e Internacionais de Portugal, de quen reproducía o pasado 25 de marzo de 2007 o rotativo El País un artigo, “Una Europa mundo”, onde non cabe maior autoodio, desexo de xenocidio cultural e errónea mala conciencia; de habelos, o periódico estoupa.
Celebracións da desintegración dun pobo adoitan ter lugar tódolos días; pero é máis complicado que tais textos, ademais tan insidiosos e mesquiños, saian a plena páxina nun gran medio. Sen embargo aí témolo, toda a inquina de Álvaro Vasconcelos, contra si mesmo e contra a súa nación, excretada en forma de escrito onde pide que Europa se desintegre, desapareza, dexe de ser, confundindo dereitos humanos con dereitos dun pobo, terxiversando respecto cara o diferente con disolución dunha cultura, vendo nos nacionalismos europeos o principio de tódolos males (debería lembrar cómo naceu Portugal…), desexando que Europa sexa un simple mercado (perdón, “azougue”), onde só se respecte a cultura dos forasteiros (os únicos que, valla o paradoxo, demostran verdadeiro interese e conciencia en protexer a súa; si fosemos coma eles…).

Hai dous puntos onde o artigo do noso “analista” da o dó de peito. Son afirmacións tallantes: “o islam é unha gran relixión europea”, é a primeira; a segunda é aínda máis incrible: “a Unión [Europea] debe estender a lóxica de inclusión [ós países do Mediterráneo]”. Estes intentos de empezoñar a vida dos europeos, de realizar un lavado completo de cerebro do que xeracións tras xeracións fomos, deben ser atalladas con negativas radicais: o islam non é, nin será nunca, unha relixión europea, e a Unión Europea xamás debe ampliarse á Estados non europeos. Así de sinxelo. Quen estea en contra destas dúas afirmacións será un risco para a supervivencia de Europa, pois estará a avogar por un xenocidio cultural, social, ideolóxico e relixioso: o noso.

Evidentemente, Álvaro Vasconcelos non fica aí, tamén azurra as pantasmas inexistentes da extrema dereita (¿que extrema dereita hai perigosa en Europa?, ¿quen ameaza a seguridade dos europeos: os nazis ou os islamistas?, ¿quen demanda a recuperación de España co mal nome de al-Ándalus: os secuaces de Adolf Hitler ou os de Bin Laden?, ¿quen matou en España últimamente: partidos fascistas organizados ou os marxista-leninistas e os islamistas?), solicita a aprobación dunha carta europea contra a xenofobia e o racismo (na cal quererá, moi posiblemente, que a crítica de certos comportamentos islámicos sexa considerada delicto, que todo canto non festexe o desprezo da tradición europea sexa sospeitoso, como están conseguindo xa), avoga pola adhesión de Turquía á Unión Europea de maneira inmediata (para demostrar que non somos un club de civilizacións, senón “mundo”) e encerellando, ó incauto que crea no seu discurso, cun “só sendo mundo poderá a Unión seguir sendo Europa”: a cadratura do círculo, a plasmación máis exacta do seu descoñecemento.

Por que hai tanto interese por parte dos europeos en destruírse? Por que defenden alguns políticos, e con tanto celo, aquelas culturas a implantación e extensión das cais van levar a nos converter en minorías nas nosas terras ancestrais? ¿Receben algun “soldo” ou é conxénita a súa necidade? Moitas preguntas sen resposta. Pero trala lectura do panfleto de Vasconcelos só queda unha cousa clara: a Europa mundo que abandeira será o mundo sen Europa.

1 comentário:

Se Moncho disse...

Certamente há poblemas com o islam na Europa, veja-se por exemplo:
http://www.nisnews.nl/public/240307_2.htm


Mas também é certo que é um tema muito querido pola extrema direita. Veja-se por exemplo
http://gladio.blogspot.com/